1.1 Os catro tipos de formas binarias
Introducción
A forma binaria pódese presentar, fundamentalmente, de dous xeitos:
- Como unha composición dividida en dúas seccións contrastantes.

- Unha obra con dúas seccións que se repiten, sexa cal sexa o material temático que as conforma. É dicir, que estas seccións poden estar formadas por elementos contrastantes ou similares. Xeralmente, estas dúas seccións están delimitadas por unha dobre barra de repetición.


Dependendo de se a primeira sección remata ou non en tónica, podemos distinguir dous tipos:
- Forma seccional (termina en tónica da tonalidade principal) ou
- Forma binaria continua (termina na tonalidade da dominante ou noutra tonalidade que non sexa a principal).
As letras T e t indican a tonalidade principal maior e menor, respectivamente. A letra D indica a tonalidade da dominante, mentres que a letra d indica a tonalidade menor do V grado. O III indica a tonalidade do relativo maior.

No caso da continua, no canto da modulación á tonalidade da dominante que culmina nunha cadencia auténtica perfecta ao final da primeira sección, o compositor pode substituir este movemento tonal de tónica a dominante por unha semicadencia o (semi) cadencia frixia da tonalidade principal. Esto ocorre normalmente naqueles casos nos que a primera sección é de duración breve.
Durante o Barroco, as formas binarias máis habituais son as que inclúen repeticións 

Estas formas aparecen como movementos de danza na suite instrumental e nas sonatas da camera.
A evolución da forma binaria no Preclasicismo
A forma binaria con repeticións de finais do Barroco experimenta una transformación progresiva ao longo do período preclásico. As catro fases de esta evolución converxen na forma sonata clásica.
- Fase 1) Binaria simétrica
Aínda que todo o material poida estar baseado no mesmo elemento motívico do tema principal (letra a), na forma binaria simétrica non soe haber reexposición literal durante a segunda parte, pero si existe relación no material conclusivo, que reaparece ao final da segunda sección na tonalidade da tónica. A lonxitude de ambas partes é similar.
A Sonata K1 presenta unha particularidade con respecto ao esquema da imaxe 1_1_4, xa que o material conclusivo non modula á tonalidade secundaria na primeira sección, senón que permanece na tonalidade principal.
partitura 1: Sonata K1 / Esserciso 1 de Domenico Scarlatti - Fase 2) Binaria asimétrica
Ten o mesmo esquema tonal que a simétrica, pero extende a primeira mitade da segunda parte (desenvolvemento) antes de retomar a tónica, agrandando a segunda sección con respecto á binaria simétrica.
Esta danza inglesa ten unha peculiaridade con respecto ao esquema da imaxe 1_1_5, xa que no c. 22 da segunda sección prodúcese unha falsa recapitulación do material a.
partitura 2: Suite francesa en si menor BWV 814: Angloise de J. S. Bach - Fase 3) Binaria desenvolvida (ou desenvolta)
Caracterízase porque tanto a tónica como a área secundaria (no tono da dominante, do relativo maior, etc.) son retomadas na segunda metade. Se ben o elemento “a” o fai nun tono secundario e en tratamento secuencial mentres o “b” o fai no tono principal.
A sonata K 119 tamén presenta algunhas características adicionais ao esquema da imaxe 1_1_6. O mais salientable é a súa estrutura tonal, xa que, na primeira sección, ao alcanzar a dominante menor (d), no canto de permanecer nela, cambia a modo maior co material conclusivo (D). E na segunda sección, de maneira paralela, o xesto harmónico prodúcese no área da tónica (de t a T). Os seis primeiros compases despregan un arpexio ascendente sobre o acorde de tónica a modo de introdución (i). Por outra banda, tanto o tema A como o B preséntanse como grupos de ideas, indicados con subíndices (a1, a2, b1 e b2). Na primeira sección, o desenvolvemento ou transición incorpora unha idea tématica (t), que logo se reutiliza no desenvolvemento da segunda sección (c. 113). Ademais, o material conclusivo en ámbalas seccións, emprega a segunda das ideas temáticas de A (a2), proporcionando coherencia ao conxunto.
partitura 3: Sonata en Re mayor K 119 / L 41 de Domenico Scarlatti - Fase 4) Sonata binaria
Na volta á tónica na segunda parte, reintrodúcese o tema inicial (a), e a parte b da primeira metade tamén se reexpón ao final da segunda. Ao contrario que na binaria desenvolvida, agora ámbolos elementos atópanse na tonalidade principal.
A Sonata en fa menor Wq 62/6 / H 40 é un exemplo atípico de forma sonata binaria, xa que en lugar dun tema b contrastante, reutilízase o tema a na tonalidade secundaria. Este tipo de formas coñécense como monotemáticas.
partitura 4: Sonata en fa menor Wq 62/6 / H 40 de C. P. E. Bach
Esta clasificación está baseada nos libros La música clásica e La música barroca da editorial AKAL.
Actividade 1
Actividade 1. Escoita a seguinte sonata preclásica e indica a que forma binaria corresponde das catro fases anteriormente explicadas.
Actividade 2. Elabora un esquema formal de liñas, zigzags e letras que corresponda coa peza.
Solución

Como se observa no esquema esta forma presenta unha particulariedade respecto á forma binaria desenvolvida xa que o tema b está dentro dun zigzag no canto dunha zona estable (tonalidade estable).
Este zigzag corresponde a dúas progresións harmónicas sucesivas.
Forma binaria desenvolvida
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0