"O cuco é o auténtico pícaro da natureza, un estratega sen escrúpulos que, lonxe de construír o seu propio fogar, adícase a infiltrar os niños alleos coa súa descendencia, un verdadeiro cabalo de Troia emplumado. Gaña o xogo quen sexa máis cuco e poida colocar os seus ovos noutros niños."
Instrucións do Xogo
Benvido ao "O cuco - Mitoloxía". O obxectivo deste xogo é quedar sen ovos no teu niño demostrando os teus coñecementos sobre os grandes mitos da humanidade e de Galicia.
Como os cucos de verdade, terás que poñer os teus ovos nos niños dos demais!
Cada xogador comeza con 10 ovos no seu niño.
Na túa quenda, debes elixir a un opoñente co que queres competir.
Elixe entón un tema do listado de opcións.
Se acertas a pregunta, ¡mándaslle un dos teus ovos ao seu niño! (-1 para ti, +1 para el).
Se fallas, o teu rival mándache un dos seus ovos a ti (+1 para ti, -1 para el).
Se retas a un xogador ao que só lhe queda un ovo no seu niño podes cambiar de tema nesa xogada por un no que te sintas máis cómodo/a.
O primeiro xogador en quedar con 0 ovos gaña a partida.
Configuración da Partida
Quenda de:
Con quen queres competir?
⚠️ Alerta de Cuco!
A este xogador quédalle só 1 ovo para gañar a partida. Tes a oportunidade de cambiar de estratexia.
Selecciona a categoría coa que te sintas máis seguro para esta pregunta (unha vez confirmes, sairá a pregunta e non poderás cambiala):