Glosario
Deputado/a
-
Definición:
-
Cada un dos membros do parlamento, elixidos/as de xeito democrático en representación da poboación dun territorio ou rexión.
-
Exemplo:
-
Os deputados e deputadas acoden ao parlamento a votar as leis.
Dispensa
-
Definición:
-
Permiso para non cumprir cunha obriga ou non someterse a determinada norma.
-
Exemplo:
-
A nobreza tiña dispensa para non pagar impostos.
Execución sumaria
-
Definición:
-
Condena a morte sen xuízo ou sen garantías legais, xudiciais ou de defensa.
-
Exemplo:
-
As execucións sumarias son comúns en períodos de revolución ou en países con gobernos autoritarios.
Lexislatura
-
Definición:
-
Período de funcionamento dun goberno, cunha duración determinada.
-
Exemplo:
-
Rematou a lexislatura e o goberno convocou eleccións para elixir un novo parlamento.
República

-
Definición:
-
Forma de estado oposta á monarquía: non hai un rei, senón que a xefatura do estado recae nun presidente elixido de xeito democrático.
-
Exemplo:
-
Coa decapitación de Carlos I, Inglaterra foi brevemente unha república.










