Revolución! Noticias dun novo mundo
5. Editorial: presentando o novo mundo
Pasatempos: liña de tempo interactiva
Posta en común: voces da revolución
Chega o momento de compartir o traballo realizado. Para iso, poderedes organizar un debate político no que os editores e editoras dos distintos medios de comunicación defendan as súas posturas e analicen os acontecementos estudados.
- Presentación de cada medio e da súa liña editorial.
- Lectura das novas redactadas seguindo unha tendencia política propia do século XVIII.
- Refutacións das posturas políticas dos contrarios baseadas nos contidos da unidade.
Audio
Que tal o fixeron o resto dos equipos?
| Excelente | Ben | Abonda | Poderían facelo mellor | |
|---|---|---|---|---|
| Claridade, organización e rigor histórico | Información moi clara, ben estruturada e con gran rigor histórico. (2.5) | Información comprensible e bastante ben organizada, con bo rigor xeral. (2) | Información algo desordenada ou con erros. (1.25) | Información confusa, pouco organizada ou con erros importantes. (0.5) |
| Calidade do produto (xornal, radio, pódcast…) | Produto moi coidado, completo e axeitado ao formato elixido. (2.5) | Produto correcto e ben presentado. (2) | Produto sinxelo sen nada que destaque. (1.25) | Produto pobre, incompleto ou pouco adecuado ao formato. (0.5) |
| Creatividade e enfoque xornalístico | Moi creativo, con enfoque xornalístico claro (titulares, entrevistas, reportaxes…). Moi atractivo. (2.5) | Ten elementos creativos e enfoque xornalístico adecuado. (2) | Pouca creatividade, predicible. (1.25) | Nada creativo, resulta o mesmo de sempre. (0.5) |
| Participación do grupo | Participación equilibrada, todos interveñen de forma activa e coordinada. (2.5) | Participa a maioría do grupo, con boa implicación. (2) | Participación desigual; algunhas persoas interveñen pouco. (1.25) | Participación moi limitada ou desorganizada. (0.5) |
- Actividade
- Nome
- Data
- Puntuación
- Notas
- Reiniciar
- Imprimir
- Aplicar
- Nova xanela
Peche da redacción

Pechado o traballo, só queda completar o diario. Avalía o teu traballo e comparte a túa reflexión co grupo, cubrindo o apartado final do diario de aprendizaxe.
Audio
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0
