Glosario
Dinástico
-
Definición:
-
Relativo ou pertencente a unha dinastía.
-
Exemplo:
-
Fernando VII é anterior a Alfonso XIII na orde dinástica.
Definición:
Relativo ou pertencente a unha dinastía.
Exemplo:
Fernando VII é anterior a Alfonso XIII na orde dinástica.
Despois da guerra de Sucesión española, en Europa implantouse un sistema baseado no equilibrio de poder entre os diferentes Estados. Gran Bretaña consolidou o seu dominio marítimo e, a través do dominio dos mares e a súa potente armada, enfrontouse ás frotas de Francia, España e Países Baixos co obxectivo de asegurar o control das principais rutas comerciais.
Con todo, ese equilibrio non conseguiu impedir as rivalidades nin os enfrontamentos no continente, especialmente co ascenso de novas potencias como Rusia e Prusia. Mentres, outras potencias, como o Imperio otomán, iniciaban un período de decadencia.

A nivel político:
A comezos do século XVIII, o modelo político predominante en Europa era a monarquía absoluta. Porén, malia seren minoritarios, tamén había réximes que non seguían ese sistema, como a república das Provincias Unidas ou a monarquía parlamentaria e constitucional de Gran Bretaña, coa unificación de Inglaterra e Escocia en 1707. A dinastía dos Estuardo rematou en 1714.
Os monarcas británicos, pertencentes á nova dinastía da Casa de Hannover, foron cedendo progresivamente poder lexislativo ao Parlamento e poder executivo a unha figura cada vez máis relevante: o primeiro ministro.
Fóronse formando dúas grandes correntes políticas no seo do Parlamento:
Se Gran Bretaña era a grande potencia marítima, Francia era a grande potencia continental.
O equilibrio en Europa
Despois da guerra de Sucesión española, os países europeos intentaron manter un equilibrio de poder para que ningún fose máis forte que os demais.
Gran Bretaña converteuse na gran potencia marítima. Grazas á súa armada dominaba os mares e loitou contra Francia, España e Países Baixos para controlar as rutas comerciais.
Pero este equilibrio non evitou guerras. Novos países fixéronse máis fortes, como Rusia e Prusia. Outros, como o Imperio otomán, perderon poder.
A situación política
No século XVIII (dezaoito), a maioría dos países tiñan monarquía absoluta. O rei tiña todo o poder.
Pero había excepcións:
En Gran Bretaña, o rei foi perdendo poder. O Parlamento gañou máis importancia e apareceu unha figura clave: o primeiro ministro.
No Parlamento había dous grupos:
Se Gran Bretaña dominaba o mar,
Francia era a gran potencia en terra.
En Francia, os monarcas fundamentaban a súa autoridade na idea de que foran designados por Deus para gobernar o seu pobo. Con ese argumento xustificaban a acumulación dos poderes executivo, lexislativo e xudicial, así como o control da economía, da facenda e do exército. Neste réxime, a intervención política dos súbditos reducíase practicamente a dar o seu consentimento aos impostos que o rei solicitaba por medio das Cortes.
O caso máis representativo foi o da Francia borbónica, onde Luís XIV e os seus sucesores, Luís XV e Luís XVI, nin sequera chegaron a convocar os Estados Xerais, é dicir, o parlamento estamental, un parlamento non representativo de orixe medieval.
Tamén ao longo do século XVIII fóronse consolidando as condicións que darían paso á Revolución Industrial, un proceso que impulsou a transición do sistema feudal cara a un modelo capitalista.
A agricultura continuaba a ser a principal fonte de riqueza, pero o avance do capitalismo comercial introduciu grandes cambios nas actividades económicas:
O campo aumentou a súa produtividade e os seus rendementos, sobre todo no norte de Europa, como as Provincias Unidas, Gran Bretaña e partes de Alemaña. Isto foi posible pola incorporación de novos cultivos, como o millo e a pataca, pola substitución do barbeito pola rotación continua e pola introdución de melloras técnicas.
O comercio interior viuse favorecido pola modernización das vías de comunicación, tanto fluviais —mediante a construción de canles— como terrestres, coa apertura de novos camiños. Pola súa banda, o comercio exterior expandiuse grazas ao progreso do transporte marítimo e á apertura de mercados coloniais.
A produción artesanal tamén medrou debido ao incremento da demanda e ao impulso das monarquías absolutas, que fundaron manufacturas reais co obxectivo de fortalecer a produción e reducir as importacións.
A finais do século XVIII, en Gran Bretaña comezou a empregarse a máquina de vapor nas manufacturas téxtiles. Este feito marcou o inicio da Revolución Industrial, que se foi difundindo por Europa e por zonas de América do Norte, aínda que con notable atraso en países como España e outros países do sur de Europa.
En Francia había monarquía absoluta.
O rei dicía que o seu poder viña de Deus.
O rei tiña control sobre as leis, o goberno, a economía e o exército.
Os reis máis importantes foron Luís XIV (catorce), Luís XV (quince) e Luís XVI (dezaseis).
Non convocaron os Estados Xerais, que era un parlamento antigo de orixe medieval.
A agricultura seguía sendo a actividade principal. Pero houbo melloras:
Isto fixo que o norte de Europa (Provincias Unidas, Gran Bretaña e partes de Alemaña) producise máis.
O comercio tamén creceu:
A finais do século XVIII (dezaoito), empezouse a usar a máquina de vapor nas fábricas téxtiles en Gran Bretaña.
Isto marcou o inicio da Revolución Industrial.
Este é un mapa de Europa entre os anos 1748 e 1766. Fíxate en que hai acontecementos moi importantes que están a pasar ao mesmo tempo en lugares moi distantes e que están, con todo, relacionados. Ás veces cometemos o erro de pensar que, o que vemos nunha unidade anterior, vai antes cronoloxicamente, e non sempre é certo. Fíxate todo o que está a pasar na Europa occidental entre eses anos!

A mediados do século XVIII (dezaoito), comeza a Industrialización no Reino Unido. Unha nova clase social, a burguesía, e o pulo das universidades do norte de Gran Bretaña, cambian o xeito de fabricar.
En América do Norte, naquel tempo territorio británico, francés e español, está a xestarse a Guerra dos Sete Anos, (1756-1763) entre Francia e Gran Bretaña, que será o antecedente da Revolución e independencia dos Estado Unidos en 1766, con bases ideolóxicas da Ilustración francesa.
En Francia, a Ilustración, crea as bases ideolóxicas para rematar co Antigo Réxime. Dereitos naturais, soberanía nacional, sufraxio... comezan a tomar forma.
Durante do Reinado de Carlos III, os grupos reaccionarios ás reformas, despotismo ilustrado, forzan a caída do primeiro ministro do rei.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0