Glosario
Burguesía
-
Definición:
-
Grupo social de clase media acomodada, que apareceu na Idade Media e consolidouse no século XIX. Eran habitantes libres das cidades (burgos), fóra do control señorial, dedicados ao comercio e á artesanía. Eran os donos das fábricas, dos medios de produción e das terras. Capitanearon revolucións liberais, como a francesa de 1789, para destruír o Antigo Réxime e establecer réximes políticos liberais, a propiedade privada e o sistema capitalista.
-
Exemplo:
-
A burguesía francesa participou activamente na Revolución Francesa.
Proletariado
-
Definición:
-
Grupo social formado pola clase traballadora asalariada, que xorde coa Revolución Industrial, cando campesiños e artesáns empobrecidos ofreceron a súa forza de traballo a cambio dun salario mísero para sobrevivir.
-
Exemplo:
-
A palabra proletariado deriva do termo latino "proletarius" que significa "cidadán pobre".
Revolución liberal
-
Definición:
-
Proceso de cambios políticos, sociais, económicos e culturais, impulsados pola burguesía dende finais do século XVIII e o XIX, que puxo fin ao Antigo Réxime e ao sistema absolutista para instaurar Estados democráticos, constitucionais, con igualdade xurídica e liberdades individuais.
-
Exemplo:
-
As revolucións liberais ou revolucións burguesas producíronse nos anos 1789, 1820, 1830 e 1848 con desiguais resultados para o pobo.

