Saltar navegación

As mulleres no Século das Luces

As mulleres no Século das Luces

Mulleres de diferentes idades


A Ilustración proclamaba principios como a razón, a liberdade e a igualdade entre os seres humanos. Porén, na práctica estes ideais non se aplicaron do mesmo xeito ás mulleres. O século XVIII foi un período de grandes cambios intelectuais, mais tamén estivo marcado por importantes contradicións: mentres se falaba de dereitos universais, a maior parte das mulleres seguía excluída da vida política, da educación superior e da produción intelectual recoñecida.

Lectura facilitada

A Ilustración defendía a razón, a liberdade e a igualdade entre as persoas.

Estes ideais non se aplicaron ás mulleres.

As mulleres estaban excluídas da política, da educación superior e da vida intelectual recoñecida.

Como era a vida das mulleres?

Mulleres privilexiadas

Muller aristocrática sentada con papeis

As mulleres pertencentes ás familias nobres ou burguesas tiñan acceso a unha certa educación, aínda que esta estaba orientada principalmente á formación cultural e social: aprender idiomas, música, lectura, debuxo ou normas de comportamento. O seu papel principal seguía sendo o matrimonio e a xestión do fogar, pero podían participar indirectamente na vida cultural.

En cidades como París ou Londres, algunhas mulleres organizaron os chamados salóns ilustrados, reunións celebradas en casas privadas onde filósofos, científicos e escritores debatían sobre política, literatura ou ciencia. Nestes espazos as anfitrioas actuaban como mediadoras culturais e contribuían á difusión das ideas ilustradas.

Aínda así, mesmo nos estamentos privilexiados as mulleres non podían acceder ás universidades nin ás academias científicas na mesma medida ca os homes, e non participaban nas institucións políticas.

Mulleres non privilexiadas

Retrato dunha familia campesiña

A realidade era moi diferente para a maioría das mulleres, pertencentes aos estamentos populares. As campesiñas traballaban nas tarefas agrícolas xunto coa familia: cultivo, coidado do gando ou produción de alimentos. Nas cidades, moitas mulleres traballadoras dedicábanse a oficios artesanais, ao pequeno comercio ou ao servizo doméstico nas casas das familias acomodadas.

A súa vida estaba marcada por longas xornadas de traballo, poucos recursos económicos e unha educación moi limitada. Ademais, tiñan que asumir tamén o coidado dos fillos e das tarefas domésticas. En moitos casos contribuían de maneira esencial á economía familiar, aínda que o seu traballo non sempre era recoñecido socialmente.

Esta diferenza entre mulleres de distintos grupos sociais mostra que, no século XVIII, as condicións de vida estaban profundamente condicionadas tanto polo xénero como pola posición social.

Lectura facilitada

Mulleres privilexiadas


As mulleres de familias nobres ou burguesas podían recibir educación.
Aprendían idiomas, música, lectura, debuxo e normas de comportamento.

O seu papel principal era o matrimonio e o coidado do fogar.
Aínda así, podían participar na vida cultural.

Algunhas organizaban salóns ilustrados en cidades como París ou Londres.
Neses lugares, persoas importantes falaban de política, literatura ou ciencia.
Estas mulleres axudaban a difundir as ideas da Ilustración.

Porén, non podían estudar nas universidades nin participar na política como os homes.

Mulleres non privilexiadas: campesiñas e traballadoras

A realidade era diferente para a maioría das mulleres que pertencían aos estamentos populares.

As campesiñas traballaban no campo: cultivaban a terra, coidaban o gando e producían alimentos.
Nas cidades, moitas mulleres traballadoras ocupábanse en oficios, no comercio ou como servizo doméstico.

A súa vida era dura: traballaban moitas horas e tiñan poucos recursos.
Tamén se encargaban dos fillos e da casa.

O seu traballo era moi importante para a familia, pero non sempre se recoñecía.

Isto mostra que no século XVIII (dezaoito) a vida das mulleres dependía do seu grupo social e do seu xénero.

Grandes pensadoras e ideólogas

A pesar das limitacións existentes, algunhas mulleres lograron participar activamente na vida intelectual do seu tempo e cuestionar a desigualdade.

Olympe de Gouges

Retrato de Olympe de Gouges


Un dos exemplos máis coñecidos é Olympe de Gouges, quen durante a Revolución Francesa escribiu a Declaración dos Dereitos da Muller e da Cidadá (1791). Neste texto criticaba que os dereitos proclamados pola revolución non incluísen ás mulleres e reclamaba igualdade política e xurídica. As súas ideas resultaron moi polémicas e acabou sendo executada durante o período do Terror.

Mary Wollstonecraft

Retrato de Mary Wollstonecrfat


Outra figura fundamental foi Mary Wollstonecraft, autora de Vindicación dos dereitos da muller (1792). Nesta obra defendía que as mulleres non eran inferiores por natureza, senón que a súa aparente inferioridade se debía á falta de educación. Por iso reclamaba unha educación similar para homes e mulleres.

Tamén existiron mulleres destacadas no ámbito científico. Un exemplo é Laura Bassi, profesora da Universidade de Boloña e unha das primeiras mulleres en ocupar unha cátedra universitaria en Europa. Bassi contribuíu á difusión das teorías de Newton e participou activamente nos círculos científicos do seu tempo.

Lectura facilitada

A pesar das dificultades, algunhas mulleres participaron na vida intelectual.
Tamén cuestionaron a desigualdade entre homes e mulleres.

Olympe de Gouges
Durante a Revolución Francesa, Olympe de Gouges escribiu un texto importante: a Declaración dos Dereitos da Muller e da Cidadá (1791 mil setecentos noventa e un).
Criticou que os dereitos non incluían as mulleres.
Defendeu a igualdade política e xurídica.
As súas ideas foron polémicas e foi executada.

Mary Wollstonecraft
Foi outra pensadora importante.
Escribiu Vindicación dos dereitos da muller (1792 mil setecentos noventa e dous).
Defendía que as mulleres non eran inferiores por natureza.
Pensaba que a desigualdade se debía á falta de educación.
Reclamaba a mesma educación para homes e mulleres.

Laura Bassi
Tamén houbo mulleres na ciencia.
Laura Bassi foi profesora na Universidade de Boloña.
Foi unha das primeiras mulleres en ocupar unha cátedra en Europa.
Traballou coa ciencia e coas ideas de Newton.

Algo sobre o que pensar...

Mulleres sufraxistas

O caso das mulleres revela unha das grandes contradicións da Ilustración. Mentres os filósofos ilustrados defendían a razón, a liberdade e a igualdade, a maior parte das mulleres continuaba excluída da educación superior, da vida política e das institucións de poder.

Porén, as reivindicacións das pensadoras do século XVIII abriron un debate novo sobre a igualdade entre homes e mulleres. As súas ideas sentaron as bases dos movementos feministas que se desenvolverían nos séculos posteriores e que seguirían loitando pola igualdade de dereitos.

Deste modo, o Século das Luces non só transformou a maneira de entender a política ou o coñecemento, senón que tamén iniciou unha reflexión fundamental sobre quen podía participar plenamente na sociedade.

Lectura facilitada

O caso das mulleres mostra unha contradición da Ilustración.
Defendíanse a razón, a liberdade e a igualdade.
Pero a maioría das mulleres continuaba excluída de moitos ámbitos.
Entre eles a educación superior, a política e o poder

Porén, algunhas pensadoras do século XVIII (dezaoito) defenderon a igualdade.
As súas ideas abriron un debate novo sobre os dereitos das mulleres.

Estas ideas foron a base dos movementos feministas posteriores.
Estes movementos seguiron loitando pola igualdade de dereitos.

Así, o Século das Luces cambiou a forma de entender a política e o coñecemento.
Tamén fixo reflexionar sobre quen pode participar na sociedade.

Verdade ou mentira?

Le atentamente as seguintes oracións e pensa se son verdadeiras ou falsas.

Pregunta 1

A Ilustración defendía a igualdade, pero as mulleres non gozaban dos mesmos dereitos.

Pregunta 2

Todas as mulleres podían acceder á universidade na Ilustración.

Pregunta 3

As mulleres das clases altas podían recibir educación cultural como idiomas ou música.

Pregunta 4

As mulleres non podían participar en ningún tipo de actividade cultural.

Pregunta 5

Os salóns ilustrados eran lugares onde se debatía sobre ideas novas.

Pregunta 6

Moitas mulleres traballaban no campo ou en oficios urbanos. 

Pregunta 7

As mulleres das clases populares tiñan unha vida sinxela e con poucos traballos.

Pregunta 8

O traballo das mulleres sempre estaba recoñecido socialmente.

Pregunta 9

Algunhas mulleres defenderon a igualdade e cuestionaron a súa situación.

Pregunta 10

Mary Wollstonecraft defendía que homes e mulleres debían ter a mesma educación.

Pregunta 11

Olympe de Gouges defendía a igualdade das mulleres durante a Revolución Francesa.

Pregunta 12

A Ilustración non influíu nas ideas posteriores sobre a igualdade de xénero.

Palabras á deriva nun mar de letras

2

Fíxate moi ben nas pistas e atopa as palabras ocultas.

%E9%B0%E6%EB%E2%F7%D5%F3%FF%F7%B0%A8%B0%C1%FD%E2%F3%B0%BE%B0%FB%FC%E1%E6%E0%E7%F1%E6%FB%FD%FC%E1%B0%A8%B0%AE%E2%AC%D4%7F%EA%F3%E6%F7%B2%FF%FD%FB%B2%F0%F7%FC%B2%FC%F3%E1%B2%E2%FB%E1%E6%F3%E1%B2%F7%B2%F3%E6%FD%E2%F3%B2%F3%E1%B2%E2%F3%FE%F3%F0%E0%F3%E1%B2%FD%F1%E7%FE%E6%F3%E1%BC%AE%BD%E2%AC%B0%BE%B0%E1%FA%FD%E5%DF%FB%FC%FB%FF%FB%E8%F7%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%BE%B0%FB%E6%FB%FC%F7%E0%F3%E0%EB%B0%A8%E9%B0%E1%FA%FD%E5%D1%FE%E7%F7%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%BE%B0%F1%FE%E7%F7%D5%F3%FF%F7%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E2%F7%E0%F1%F7%FC%E6%F3%F5%F7%D1%FE%E7%F7%B0%A8%A6%A2%BE%B0%E1%FA%FD%E5%D1%FD%F6%F7%D3%F1%F1%F7%E1%E1%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%BE%B0%F1%FD%F6%F7%D3%F1%F1%F7%E1%E1%B0%A8%B0%B0%BE%B0%FF%F7%E1%E1%F3%F5%F7%D1%FD%F6%F7%D3%F1%F1%F7%E1%E1%B0%A8%B0%B0%EF%BE%B0%E5%FD%E0%F6%E1%D5%F3%FF%F7%B0%A8%C9%E9%B0%E5%FD%E0%F6%B0%A8%B0%DB%DE%C7%C1%C6%C0%D3%D1%DBA%DC%B0%BE%B0%F6%F7%F4%FB%FC%FB%E6%FB%FD%FC%B0%A8%B0%DF%FD%E4%F7%FF%F7%FC%E6%FD%B2%F6%FD%B2%E1%7B%F1%E7%FE%FD%B2%CA%C4%DB%DB%DB%B2%E3%E7%F7%B2%F6%F7%F4%F7%FC%F6%7F%F3%B2%F3%B2%E0%F3%E8a%FC%BE%B2%F3%B2%FE%FB%F0%F7%E0%F6%F3%F6%F7%B2%F7%B2%F3%B2%FB%F5%E7%F3%FE%F6%F3%F6%F7%BC%B0%BE%B0%EA%B0%A8%A2%BE%B0%EB%B0%A8%A2%BE%B0%F3%E7%E6%FA%FD%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%FE%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E7%E0%FE%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%E7%F6%FB%FD%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E2%F7%E0%F1%F7%FC%E6%F3%F5%F7%C1%FA%FD%E5%B0%A8%FC%E7%FE%FE%EF%BE%E9%B0%E5%FD%E0%F6%B0%A8%B0%DB%D5%C7%D3%DE%D6%D3%D6%D7%B0%BE%B0%F6%F7%F4%FB%FC%FB%E6%FB%FD%FC%B0%A8%B0%D6%F7%E0%F7%FB%E6%FD%B2%F6%F7%B2%E6%FD%F6%F3%E1%B2%F3%E1%B2%E2%F7%E0%E1%FD%F3%E1%B2%F3%B2%E6%F7%E0%B2%F3%E1%B2%FF%F7%E1%FF%F3%E1%B2%FD%E2%FD%E0%E6%E7%FC%FB%F6%F3%F6%F7%E1%BC%B0%BE%B0%EA%B0%A8%A2%BE%B0%EB%B0%A8%A2%BE%B0%F3%E7%E6%FA%FD%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%FE%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E7%E0%FE%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%E7%F6%FB%FD%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E2%F7%E0%F1%F7%FC%E6%F3%F5%F7%C1%FA%FD%E5%B0%A8%FC%E7%FE%FE%EF%BE%E9%B0%E5%FD%E0%F6%B0%A8%B0%D7%CA%D1%DE%C7%C1%DBA%DC%B0%BE%B0%F6%F7%F4%FB%FC%FB%E6%FB%FD%FC%B0%A8%B0%C1%FB%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B2%FC%F3%B2%E3%E7%F7%B2%E7%FC%B2%F5%E0%E7%E2%FD%B2%E3%E7%F7%F6%F3%B2%F4a%E0%F3%B2%F6%F7%B2%F6%F7%E0%F7%FB%E6%FD%E1%B2%FD%E7%B2%E2%F3%E0%E6%FB%F1%FB%E2%F3%F1%FBa%FC%BC%B0%BE%B0%EA%B0%A8%A2%BE%B0%EB%B0%A8%A2%BE%B0%F3%E7%E6%FA%FD%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%FE%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E7%E0%FE%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%E7%F6%FB%FD%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E2%F7%E0%F1%F7%FC%E6%F3%F5%F7%C1%FA%FD%E5%B0%A8%FC%E7%FE%FE%EF%BE%E9%B0%E5%FD%E0%F6%B0%A8%B0%C1%D3%DEA%DC%C1%B0%BE%B0%F6%F7%F4%FB%FC%FB%E6%FB%FD%FC%B0%A8%B0%C0%F7%E7%FC%FBa%FC%E1%B2%F7%FC%B2%F1%F3%E1%F3%E1%B2%FD%FC%F6%F7%B2%E1%F7%B2%F4%F3%FE%F3%F0%F3%B2%F6%F7%B2%FB%F6%F7%F3%E1%BE%B2%F1%E7%FE%E6%E7%E0%F3%B2%F7%B2%E2%FD%FE%7F%E6%FB%F1%F3%BC%B0%BE%B0%EA%B0%A8%A2%BE%B0%EB%B0%A8%A2%BE%B0%F3%E7%E6%FA%FD%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%FE%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E7%E0%FE%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%E7%F6%FB%FD%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E2%F7%E0%F1%F7%FC%E6%F3%F5%F7%C1%FA%FD%E5%B0%A8%FC%E7%FE%FE%EF%BE%E9%B0%E5%FD%E0%F6%B0%A8%B0%D7%D6%C7%D1%D3%D1%DBA%DC%B0%BE%B0%F6%F7%F4%FB%FC%FB%E6%FB%FD%FC%B0%A8%B0%D3%F1%F1%F7%E1%FD%B2%F3%FD%B2%F1%FDc%F7%F1%F7%FF%F7%FC%E6%FD%B2%F7%B2s%B2%F4%FD%E0%FF%F3%F1%FBa%FC%B2%FB%FC%E6%F7%FE%F7%F1%E6%E7%F3%FE%BC%B0%BE%B0%EA%B0%A8%A2%BE%B0%EB%B0%A8%A2%BE%B0%F3%E7%E6%FA%FD%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%FE%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E7%E0%FE%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%E7%F6%FB%FD%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E2%F7%E0%F1%F7%FC%E6%F3%F5%F7%C1%FA%FD%E5%B0%A8%FC%E7%FE%FE%EF%BE%E9%B0%E5%FD%E0%F6%B0%A8%B0%D0%C7%C0%D5%C7%D7%C1_%D3%B0%BE%B0%F6%F7%F4%FB%FC%FB%E6%FB%FD%FC%B0%A8%B0%D5%E0%E7%E2%FD%B2%E1%FD%F1%FB%F3%FE%B2%F1%FD%FC%B2%E0%F7%F1%E7%E0%E1%FD%E1%B2%F7%F1%FD%FCa%FF%FB%F1%FD%E1%B2%E3%E7%F7%B2%E4%FB%E4%7F%F3%B2%FC%F3%E1%B2%F1%FB%F6%F3%F6%F7%E1%BC%B0%BE%B0%EA%B0%A8%A2%BE%B0%EB%B0%A8%A2%BE%B0%F3%E7%E6%FA%FD%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%FE%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E7%E0%FE%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%E7%F6%FB%FD%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E2%F7%E0%F1%F7%FC%E6%F3%F5%F7%C1%FA%FD%E5%B0%A8%FC%E7%FE%FE%EF%BE%E9%B0%E5%FD%E0%F6%B0%A8%B0%C1%C7%D4%C0%D3%CA%DB%DD%B0%BE%B0%F6%F7%F4%FB%FC%FB%E6%FB%FD%FC%B0%A8%B0%D6%F7%E0%F7%FB%E6%FD%B2%F3%B2%E4%FD%E6%F3%E0%B2%FC%F3%E1%B2%F7%FE%F7%F1%F1%FBa%FC%E1%BC%B0%BE%B0%EA%B0%A8%A2%BE%B0%EB%B0%A8%A2%BE%B0%F3%E7%E6%FA%FD%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%FE%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E7%E0%FE%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%E7%F6%FB%FD%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E2%F7%E0%F1%F7%FC%E6%F3%F5%F7%C1%FA%FD%E5%B0%A8%FC%E7%FE%FE%EF%BE%E9%B0%E5%FD%E0%F6%B0%A8%B0%D4%D7%DF%DB%DC%DB%C1%DF%DD%B0%BE%B0%F6%F7%F4%FB%FC%FB%E6%FB%FD%FC%B0%A8%B0%DF%FD%E4%F7%FF%F7%FC%E6%FD%B2%E3%E7%F7%B2%F6%F7%F4%F7%FC%F6%F7%B2%F3%B2%FB%F5%E7%F3%FE%F6%F3%F6%F7%B2%F7%FC%E6%E0%F7%B2%FA%FD%FF%F7%E1%B2%F7%B2%FF%E7%FE%FE%F7%E0%F7%E1%BC%B0%BE%B0%EA%B0%A8%A2%BE%B0%EB%B0%A8%A2%BE%B0%F3%E7%E6%FA%FD%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%FE%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E7%E0%FE%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%E7%F6%FB%FD%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E2%F7%E0%F1%F7%FC%E6%F3%F5%F7%C1%FA%FD%E5%B0%A8%FC%E7%FE%FE%EF%BE%E9%B0%E5%FD%E0%F6%B0%A8%B0%D6%D7%C0%D7%DB%C6%DD%C1%B0%BE%B0%F6%F7%F4%FB%FC%FB%E6%FB%FD%FC%B0%A8%B0%DC%FD%E0%FF%F3%E1%B2%E3%E7%F7%B2%E0%F7%F1%FDc%F7%F1%F7%FC%B2%FD%B2%E3%E7%F7%B2%F3%E1%B2%E2%F7%E0%E1%FD%F3%E1%B2%E2%FD%F6%F7%FC%B2%F4%F3%F1%F7%E0%B2%FD%E7%B2%E0%F7%F1%FE%F3%FF%F3%E0%BC%B0%BE%B0%EA%B0%A8%A2%BE%B0%EB%B0%A8%A2%BE%B0%F3%E7%E6%FA%FD%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%FE%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E7%E0%FE%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%E7%F6%FB%FD%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E2%F7%E0%F1%F7%FC%E6%F3%F5%F7%C1%FA%FD%E5%B0%A8%FC%E7%FE%FE%EF%CF%BE%B0%FB%E1%C1%F1%FD%E0%FF%B0%A8%A2%BE%B0%E6%F7%EA%E6%D0%E7%E6%E6%FD%FC%C1%F1%FD%E0%FF%B0%A8%B0%D5%F3%E0%F6%F3%E0%B2%F3%B2%E2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B0%BE%B0%E0%F7%E2%F7%F3%E6%D3%F1%E6%FB%E4%FB%E6%EB%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%BE%B0%E6%F7%EA%E6%D4%F7%F7%F6%D0%F3%F1%F9%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E6%F7%EA%E6%D3%F4%E6%F7%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F4%F7%F7%F6%D0%F3%F1%F9%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%BE%B0%E2%F7%E0%F1%F7%FC%E6%F3%F8%F7%D4%D0%B0%A8%A3%A2%A2%BE%B0%E4%F7%E0%E1%FB%FD%FC%B0%A8%A3%BE%B0%E2%F7%E0%F1%F7%FC%E6%F3%F8%F7%C3%E7%F7%E1%E6%FB%FD%FC%E1%B0%A8%A3%A2%A2%BE%B0%E6%FB%FF%F7%B0%A8%A2%BE%B0%F6%FB%F3%F5%FD%FC%F3%FE%E1%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%BE%B0%E0%F7%E4%F7%E0%E1%F7%E1%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%BE%B0%E1%FA%FD%E5%C0%F7%E1%FD%FE%E4%F7%B0%A8%E6%E0%E7%F7%BE%B0%F7%E4%F3%FE%E7%F3%E6%FB%FD%FC%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%BE%B0%F7%E4%F3%FE%E7%F3%E6%FB%FD%FC%DB%D6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%FB%F6%B0%A8%B0%A0%A2%A0%A4%A6%A7%A3%A5%A0%A1%A0%A7%BF%A3%A0%A2%B0%BE%B0%FF%E1%F5%E1%B0%A8%E9%B0%FF%E1%F5%C0%F7%E2%FE%EB%B0%A8%B0%C0%F7%E1%E2%FD%FC%F6%F7%E0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D7%FC%E6%F7%E0%D1%FD%F6%F7%B0%A8%B0%DB%FC%E6%E0%FD%F6%E7%E8%F3%B2%FD%B2%F1a%F6%FB%F5%FD%B2%F6%F7%B2%F3%F1%F1%F7%E1%FD%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D7%E0%E0%FD%E0%D1%FD%F6%F7%B0%A8%B0%DD%B2%F1a%F6%FB%F5%FD%B2%F6%F7%B2%F3%F1%F1%F7%E1%FD%B2%FC%FD%FC%B2%7B%B2%F1%FD%E0%E0%F7%F1%E6%FD%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D1%FE%E7%F7%B0%A8%B0%CA%F7%FC%FB%F3%FE%B3%B2%D3%B2%E2%FB%E1%E6%F3%B2%7B%A8%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D1%FD%F6%F7%D3%F1%F1%F7%E1%E1%B0%A8%B0%D1a%F6%FB%F5%FD%B2%F6%F7%B2%F3%F1%F1%F7%E1%FD%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C2%FE%F3%EB%C1%E6%F3%E0%E6%B0%A8%B0%C2%E0%F7%FF%F7%B2%F3%E3%E7%7F%B2%E2%F3%E0%F3%B2%EA%FD%F5%F3%E0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DA%FB%E6%E1%B0%A8%B0%D3%F1%F7%E0%E6%FD%E1%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C1%F1%FD%E0%F7%B0%A8%B0%C2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DF%FB%FC%FB%FF%FB%E8%F7%B0%A8%B0%DF%FB%FC%FB%FF%FB%E8%F3%E0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DF%F3%EA%FB%FF%FB%E8%F7%B0%A8%B0%DF%F3%EA%FB%FF%FB%E8%F3%E0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C6%FB%FF%F7%B0%A8%B0%DE%7F%FF%FB%E6%F7%B2%F6%F7%B2%E6%F7%FF%E2%FD%B2%BA%FF%FF%A8%E1%E1%BB%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D4%E7%FE%FE%C1%F1%E0%F7%F7%FC%B0%A8%B0%C2%F3%FC%E6%F3%FE%FE%F3%B2%D1%FD%FF%E2%FE%F7%E6%F3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D7%EA%FB%E6%D4%E7%FE%FE%C1%F1%E0%F7%F7%FC%B0%A8%B0%C1%F3%7F%E0%B2%F6%F7%B2%E2%F3%FC%E6%F3%FE%FE%F3%B2%F1%FD%FF%E2%FE%F7%E6%F3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DC%E7%FF%C3%E7%F7%E1%E6%FB%FD%FC%E1%B0%A8%B0%DCh%FF%F7%E0%FD%B2%F6%F7%B2%E2%E0%F7%F5%E7%FC%E6%F3%E1%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DC%FD%DB%FF%F3%F5%F7%B0%A8%B0%C2%E0%F7%F5%E7%FC%E6%F3%B2%E1%F7%FC%B2%FB%FF%F3%EA%F7%E1%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C1%E7%F1%F1%F7%E1%E1%F7%E1%B0%A8%B0%D1%FD%E0%E0%F7%F1%E6%FD%B3%B2%EE%B2%D7%EA%F1%F7%FE%F7%FC%E6%F7%B3%B2%EE%B2%CA%F7%FC%FB%F3%FE%B3%B2%EE%B2%DF%FD%FB%B2%F0%F7%FC%B3%B2%EE%B2%C2%F7%E0%F4%F7%F1%E6%FD%B3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D4%F3%FB%FE%E7%E0%F7%E1%B0%A8%B0%DC%FD%FC%B2%F7%E0%F3%B2%FB%E1%FD%B3%B2%EE%B2%DB%FC%F1%FD%E0%E0%F7%F1%E6%FD%B3%B2%EE%B2%DC%FD%FC%B2%7B%B2%F1%FD%E0%E0%F7%F1%E6%FD%B3%B2%EE%B2%C1%F7%FC%E6%7F%FF%FD%FE%FD%B3%B2%EE%B2%D7%E0%E0%FD%B3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C6%E0%EB%D3%F5%F3%FB%FC%B0%A8%B0%DC%F7%F1%F7%E1%FB%E6%F3%E1%B2%E2%FD%FE%FD%B2%FF%F7%FC%FD%E1%B2%E7%FC%B2%B7%E1%B7%B2%F6%F7%B2%E0%F7%E1%E2%FD%E1%E6%F3%E1%B2%F1%FD%E0%E0%F7%F1%E6%F3%E1%B2%E2%F3%E0%F3%B2%F1%FD%FC%E1%F7%F5%E7%FB%E0%B2%F3%B2%FB%FC%F4%FD%E0%FF%F3%F1%FBa%FC%BC%B2%C4%FD%FE%E4%F7%B2%E6%F7%FC%E6%F3%FE%FD%BC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C1%F1%FD%E0%F7%C1%F1%FD%E0%FF%B0%A8%B0%D3%B2%E2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B2%FC%FD%FC%B2%E1%F7%B2%E2%FD%F6%F7%B2%F5%F3%E0%F6%F3%E0%B2%E2%FD%E0%E3%E7%F7%B2%F7%E1%E6%F3%B2%E2s%EA%FB%FC%F3%B2%FC%FD%FC%B2%F4%FD%E0%FF%F3%B2%E2%F3%E0%E6%F7%B2%F6%E7%FC%B2%E2%F3%E3%E7%F7%E6%F7%B2%C1%D1%DD%C0%DF%BC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DD%FC%FE%EB%C1%F3%E4%F7%C1%F1%FD%E0%F7%B0%A8%B0%C1a%B2%E1%F7%B2%E2%FD%F6%F7%B2%F5%F3%E0%F6%F3%E0%B2%F3%B2%E2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B2%E7%FC%FA%F3%B2%E4%F7%E8%B3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DD%FC%FE%EB%C1%F3%E4%F7%B0%A8%B0%C1a%B2%E1%F7%B2%E2%FD%F6%F7%B2%F5%F3%E0%F6%F3%E0%B2%E7%FC%FA%F3%B2%E4%F7%E8%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DB%FC%F4%FD%E0%FF%F3%E6%FB%FD%FC%B0%A8%B0%DB%FC%F4%FD%E0%FF%F3%F1%FBa%FC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DD%FC%FE%EB%C1%F3%E4%F7%D3%E7%E6%FD%B0%A8%B0%D3%B2%E2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B2%F5%F3%E0%F6%F3%E0%F3%E1%F7%B2%F6%F7%E1%E2%FD%FB%E1%B2%F6%F7%B2%F1%F3%F6%F3%B2%E2%E0%F7%F5%E7%FC%E6%F3%BC%B2%C1a%B2%E1%F7%B2%E2%FD%F6%F7%B2%EA%FD%F5%F3%E0%B2%E7%FC%FA%F3%B2%E4%F7%E8%BC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C1%F3%E4%F7%D3%E7%E6%FD%B0%A8%B0%D3%B2%E2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B2%F5%F3%E0%F6%F3%E0%F3%E1%F7%B2%F3%E7%E6%FD%FF%F3%E6%FB%F1%F3%FF%F7%FC%E6%F7%B2%F6%F7%E1%E2%FD%FB%E1%B2%F6%F7%B2%F1%F3%F6%F3%B2%E2%E0%F7%F5%E7%FC%E6%F3%BC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C1%F7%E4%F7%E0%F3%FE%C1%F1%FD%E0%F7%B0%A8%B0%C2a%F6%F7%E1%F7%B2%F5%F3%E0%F6%F3%E0%B2%F3%B2%E2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B2%E6%F3%FC%E6%F3%E1%B2%E4%F7%F1%F7%E1%B2%F1%FD%FF%FD%B2%E1%F7%B2%E3%E7%F7%FB%E0%F3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%CB%FD%E7%DE%F3%E1%E6%C1%F1%FD%E0%F7%B0%A8%B0%D3%B2h%FE%E6%FB%FF%F3%B2%E2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B2%F5%F3%E0%F6%F3%F6%F3%B2%7B%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D3%F1%E6%FB%E6%EB%D1%FD%FF%E2%FE%EB%B0%A8%B0%CA%F3%B2%E0%F7%F3%FE%FB%E8%F3%F1%FA%F7%E1%B2%F7%E1%E6%F3%B2%F3%F1%E6%FB%E4%FB%F6%F3%F6%F7%BC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C2%FE%F3%EB%C1%F7%E4%F7%E0%F3%FE%C6%FB%FF%F7%E1%B0%A8%B0%C2a%F6%F7%E1%F7%B2%E0%F7%F3%FE%FB%E8%F3%E0%B2%F7%E1%E6%F3%B2%F3%F1%E6%FB%E4%FB%F6%F3%F6%F7%B2%E6%F3%FC%E6%F3%E1%B2%E4%F7%F1%F7%E1%B2%F1%FD%FF%FD%B2%E1%F7%B2%E3%E7%F7%FB%E0%F3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D1%FE%FD%E1%F7%B0%A8%B0%C2%F7%F1%FA%F3%E0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C2%FD%FB%FC%E6%E1%B0%A8%B0%E2%E7%FC%E6%FD%E1%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D3%E7%F6%FB%FD%B0%A8%B0%D3%E7%F6%FB%FD%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C5%FD%E0%F6%E1%D4%FB%FC%F6%B0%A8%B0%D3%E6%FD%E2%F3%F1%FA%F7%E1%B2%E6a%F6%F3%FE%F3%E1%B2%E2%F3%FE%F3%F0%E0%F3%E1%BC%B2%D3%B2%E6h%F3%B2%E2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B2%7B%B2%B7%E1%BC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D7%FC%F6%D5%F3%FF%F7%C1%F1%FD%E0%F7%B0%A8%B0%D1%FD%FF%F7%E8%F3%B2%FD%B2%EA%FD%F5%FD%BC%BC%BC%B0%BE%B0%FF%F5%E1%D5%F3%FF%F7%C1%E6%F3%E0%E6%B0%A8%B0%DD%B2%EA%FD%F5%FD%B2%EA%F3%B2%F1%FD%FF%F7%E8%FD%E7%BC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%CB%FD%E7%C1%F1%FD%E0%F7%B0%A8%B0%C2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D7%FC%F6%C6%FB%FF%F7%B0%A8%B0%C0%F7%FF%F3%E6%FD%E7%B2%FD%B2%E6%F7%FF%E2%FD%B2%F6%FD%B2%EA%FD%F5%FD%BC%B2%D3%B2%E6h%F3%B2%E2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B2%7B%B2%F6%F7%B2%B7%E1%BC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D7%FC%F6%B0%A8%B0%D4%FB%FC%F3%FE%FB%E8%F3%E0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D7%FC%F6%D5%F3%FF%F7%DF%B0%A8%B0%C0%F7%FF%F3%E6%F3%F1%FA%F7%E1%B2%FD%B2%EA%FD%F5%FD%BC%B2%D3%B2%E6h%F3%B2%E2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B2%7B%B2%B7%E1%BC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C7%FC%F1%FD%FF%E2%FE%F7%E6%F7%F6%D3%F1%E6%FB%E4%FB%E6%EB%B0%A8%B0%D3%F1%E6%FB%E4%FB%F6%F3%F6%F7%B2%FC%FD%FC%B2%F1%FD%FF%E2%FE%F7%E6%F3%F6%F3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C1%E7%F1%F1%F7%E1%E1%F4%E7%FE%D3%F1%E6%FB%E4%FB%E6%EB%B0%A8%B0%D3%F1%E6%FB%E4%FB%F6%F3%F6%F7%B2%E1%E7%E2%F7%E0%F3%F6%F3%BC%B2%C2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%A8%B2%B7%E1%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C7%FC%E1%E7%F1%F1%F7%E1%E1%F4%E7%FE%D3%F1%E6%FB%E4%FB%E6%EB%B0%A8%B0%D3%F1%E6%FB%E4%FB%F6%F3%F6%F7%B2%FC%FD%FC%B2%E1%E7%E2%F7%E0%F3%F6%F3%BC%B2%C2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%A8%B2%B7%E1%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C6%EB%E2%F7%D5%F3%FF%F7%B0%A8%B0%C1%FD%E2%F3%B2%F6%F7%B2%FE%F7%E6%E0%F3%E1%B0%EF%EF
012345678
O navegador non é compatible con esta ferramenta.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)