Glosario
Austera

-
Definición:
-
Sinxela e con pouca decoración ou adornos.
-
Exemplo:
-
A sala tiña unha decoración austera, con poucos mobles.
Exuberante

-
Definición:
-
Que é moi abundante, intenso ou cheo de elementos.
-
Exemplo:
-
Un xardín exuberante está cheo de plantas, flores e vexetación abundante.
Frivolidade

-
Definición:
-
Actitude ou estilo que dá máis importancia ao entretemento ou á aparencia ca á seriedade.
-
Exemplo:
-
A festa estaba chea de luxo e frivolidade.
Ornamentación
-
Definición:
-
Conxunto de elementos decorativos que se engaden a unha obra, obxecto ou edificio para embelecelo.
-
Exemplo:
-
O templo destaca pola súa ornamentación con relevos e motivos vexetais nas columnas.
Pastel
-
Definición:
-
En arte, dise da cor doce, suave e clara.
-
Exemplo:
-
Un cadro con rosa e azul pastel.
Pastoril
-
Definición:
-
Tema artístico que ten como protagonistas pastores ou pastoras de xeito idealizado.
-
Exemplo:
-
Os cadros de tema pastoril representan a vida no campo de maneira amable.
Sinuosas
-
Definición:
-
Que teñen curvas suaves ou forma ondulada.
-
Exemplo:
-
O río segue un camiño sinuoso polo val.
Voluta
-
Definición:
-
Elemento decorativo con forma de espiral.
-
Exemplo:
-
Unha fachada decorada con grandes volutas.




.jpg)



