Pensar, gobernar e crear: a Ilustración e o Século das Luces
4.2 Poñendo en común o aprendido
Obxectivo
Compartir o que aprendestes nos diferentes retos para reflexionar conxuntamente sobre distintos aspectos sobre a época da Ilustración, os seus cambios, contradicións e o seu reflexo na arte.
Lectura facilitada
Compartide o que aprendestes nos diferentes retos.
Reflexionade sobre a época da Ilustración.
Comentade os seus cambios e as súas contradicións.
Analizade como se reflicte esta época na arte.
Audio
Organización e preparación
Seguide estes pasos para realizar a actividade final de posta en común dos traballos realizados:
Paso 1. Formade grupos mesturados
Ides formar grupos de 4-5 persoas. Nos grupos haberá persoas que fixestes os diferentes retos:
Reto 1: Detrás das persoas, hai ideas.
Reto 2: O cadro como fonte histórica.
Reto 3: Se eu fose artista.
Paso 2. Posta en común no grupo
Dentro do grupo, cada persoa ten que contar brevemente o traballo que fixo:
Se fixeches o reto 1: Que personaxe escolliches? Que relación tivo coa Ilustración? Que reflexionaches sobre a súa experiencia?
Se fixeches o reto 2: Que cadro escolliches? Que representaba? Como o relacionas co tema do proxecto?
Se fixeches o reto 3: Como foi a obra que creaches? Que ideas sobre o proxecto representaba?
Logo, como grupo, reflexionade sobre estas preguntas:
Que ideas teñen en común os retos?
Que cousas novas ou sorprendentes aprendiches?
Que relacións podemos facer coa actualidade?
Paso 3. Posta en común coa clase
Escolleredes unha persoa do grupo para explicar á clase:
As ideas ou conclusións máis importantes que falastes no grupo.
Algún dato ou reflexión que vos chamou a atención.
Lectura facilitada
Seguide estes pasos para realizar a actividade final de posta en común dos traballos realizados:
Paso 1. Formade novos grupos
Formade grupos de 4 ou 5 persoas.
En cada grupo debe haber alumnado dos diferentes retos.
Paso 2. Compartide o voso traballo
Cada persoa explicará brevemente o seu reto:
Reto 1: Que persoa escolliches e que relación tiña coa Ilustración.
Reto 2: Que obra escolliches e que representa.
Reto 3: Como é a túa obra e que idea quixeches transmitir.
Despois, falade en grupo sobre:
As ideas que teñen en común os retos.
As cousas novas que aprendestes.
A relación entre a Ilustración e a actualidade.
Paso 3. Compartide coa clase
Escollede unha persoa portavoz.
Esa persoa explicará as principais conclusións do grupo.
Tamén poderá compartir algún dato ou reflexión interesante.
Audio
Escribindo con luz propia
Unha vez terminada esta fase, toca reflexionar sobre o teu traballo individual no proceso de elaboración do reto.