Que tedes que facer?
Debedes crear unha obra artística propia inspirada nun dos estilos e autor traballados:
- Rococó
- Neoclasicismo
- Romanticismo
- Goya
A obra debe representar un dos temas tratados:
- Antigo Réxime
- Despotismo ilustrado
- Razón e educación
- Papel das mulleres
- Crítica social
Ademais da obra, debedes escribir un texto explicativo no que xustifiquedes:
- Que estilo escollestes.
- Que características dese estilo aplicastes.
- Que idea histórica queredes transmitir.
Lectura facilitada
Debedes crear unha obra de arte propia.
A obra debe estar inspirada nun destes estilos ou artista:
- Rococó
- Neoclasicismo
- Romanticismo
- Goya
A obra debe representar un destes temas:
- O Antigo Réxime
- O Despotismo Ilustrado
- A razón e a educación
- O papel das mulleres
- A crítica social
Ademais, debedes escribir un pequeno texto.
No texto debedes explicar:
- o estilo escollido
- as características dese estilo que utilizastes
- a idea histórica que queredes transmitir

