Saltar navegación

4.1. Reto 1: detrás das ideas, hai persoas

Que tedes que facer?

Debedes elaborar un panel biográfico de gran formato sobre unha persoa relevante da época da Ilustración.

A persoa escollida debe axudar a comprender algún dos seguintes temas:

  • O Antigo Réxime
  • O despotismo ilustrado
  • A defensa da razón, da ciencia ou da educación
  • O papel das mulleres
  • A crítica social

O panel debe incluír:

  • Retrato do personaxe (debuxo propio ou imaxe)
  • Datos biográficos esenciais
  • Explicación clara da súa importancia histórica
  • Relación cos temas do proxecto
  • Pequena reflexión final: por que é importante coñecer esta persoa hoxe?

Algunhas recomendacións de personaxes:

Olympe de Gouges
Retrato de Olympe de Gouges
Mary Wollstonecraft
Retrato de Mary Wollstonecraft
Francisco de Goya
Retrato de Goya
Carlos III
Retrato de Carlos III
Voltaire
Retrato de Voltaire
Josefa Amar e Borbón
Primeira páxina do discurso sobre a educación física e moral das mulleres de Josefa Amar e Borbón

Obxectivos

Papel cunha man que escribe e o símbolo de correcto


Comprender que a Historia non son só ideas abstractas, senón tamén persoas concretas que pensaron, escribiron, gobernaron ou loitaron por cambiar a sociedade.

Debedes demostrar que sabedes:

  • Situar a persoa no seu contexto.
  • Explicar a súa relación coa Ilustración.
  • Identificar os límites ou contradicións da época (especialmente no caso das mulleres).

Lectura facilitada

Con esta actividade aprenderedes que a Historia tamén está feita por persoas.

Estas persoas pensaron, escribiron, gobernaron ou intentaron cambiar a sociedade.

Debedes demostrar que sabedes:

  • Situar a persoa na súa época.
  • Explicar a súa relación coa Ilustración.
  • Identificar os límites e as contradicións da época.
  • Reflexionar sobre a situación das mulleres nese momento histórico.

Organización e preparación

Persoas nunha mesa


Para realizar o reto, debedes ter en conta estes pasos para superalo de forma exitosa:

  1. Escoller o personaxe (previa posta en común na clase e aprobación).
  2. Buscar información en fontes fiables.
  3. Seleccionar a información máis relevante (non copiar todo).
  4. Redactar coas túas palabras.
  5. Deseñar o panel de maneira clara e visual.
  6. Revisar ortografía e coherencia histórica.

Lectura facilitada

Para realizar esta actividade, seguide estes pasos:

  • Escollede unha persoa da Ilustración.
  • Buscade información en fontes fiables.
  • Seleccionade a información máis importante.
  • Escribide a información coas vosas palabras.
  • Deseñade un panel claro e atractivo.
  • Revisade a ortografía e os datos históricos.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)