Saltar navegación

3.3. Unha arte, unha época

Unha arte, unha época

Como xa sabes, a arte ten moitas funcións, destacando a de ser testemuña da historia do ser humano. A través dela, podes ver como era a sociedade en cada período histórico. Nas seguintes páxinas verás as principais características da arte do rococó, do Neoclasicismo, do Romanticismo e, sobre todo, de Goya, artista que detallou nas súas obras a sociedade e os acontecementos más importantes da súa época e que influíu de forma determinante nas manifestacións artísticas dos séculos XIX e XX. 

Na actualidade, a arte segue a manter esa mesma función, entre outras, como podes observar na seguinte obra de arte, “Love is in the air” ou “O lanzador de flores”, pertencente a un artista chamado Banksy, do que se descoñece a súa identidade, e que se dedica a facer arte urbana a través de graffitis, nos que amosa a situación política e social do mundo.

Imaxe dunha persoa lanzando un ramo de flores


Que cres que representa?

Lectura facilitada

A arte ten moitas funcións.

Destaca a de ser testemuña da historia do ser humano.

A través da arte vese como era a sociedade de cada período histórico.

Verás as características da arte do:

  • Rococó
  • Neoclasicismo
  • Romanticismo

Verás a arte de Goya:

  • Detallou nas súas obras a sociedade e acontecementos da súa época
  • Influíu nas manifestacións artísticas dos séculos XIX (dezanove) e XX (vinte)

A arte segue a ter a mesma función.

Pódelo observar na obra "Love is in the air" ou "O lanzador de flores".

Pertence a un artista chamado Banksy.

Descoñécese a súa identidade.

Dedícase a facer arte urbana a través de graffitis.

Amosa a situación política e social do mundo.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)