Saltar navegación

2.1. O Estado son eu: a Monarquía Absoluta

 

Glosario

Estado

Imaxe dun territorio cunha bandeira

Definición:

País cun territorio e unha organización política propia.

Exemplo:

O mundo organízase en diferentes países.

Estamento

Imaxe dunha persoa e un sacho

Definición:

Grupo social que comparte unha serie de características comúns.

Exemplo:

O campesiñado formaba parte do terceiro estado na sociedade estamental.

Monarquía absoluta

imaxe dunha peza de xadrez

Definición:

Sistema político no que unha raíña ou un rei concentra todos os poderes nas súas mans.

Exemplo:

A monarquía absoluta máis poderosa foi a francesa.

O Estado son eu: a Monarquía Absoluta

Neste apartado veremos as características da monarquía absoluta, na que a persoa monarca concentraba nas súas mans os tres poderes: lexislativo, executivo e xudicial.

Retrato de Luís XIV de Francia co traxe da coroación (por Hyacinthe Rigaud)

Lectura facilitada

Verás as características da monarquía absoluta.

A persoa monarca concentraba os tres poderes:

  • Lexislativo
  • Executivo
  • Xudicial

As monarquías absolutas desenvolvéronse a partir do século XVII (dezasete).

En Europa tiveron o seu máximo esplendor no século XVIII (dezaoito).

En Inglaterra había unha monarquía parlamentaria.

O rei compartía o poder co Parlamento.

Nas Provincias Unidas había unha república naval e comercial.

A relixión católica afirmaba que nas monarquías absolutas:

  • O poder proviña de Deus
  • As raíñas e os reis eran representantes de Deus na terra
  • Atacar as raíñas e os reis era como atacar a Deus
  • As raíñas e os reis só rendían contas a Deus
  • As raíñas e os reis posuían o poder executivo, lexislativo e xudicial:
    • Dirixían o goberno e tomaban as decisións políticas
    • Xulgaban directamente a calquera persoa
    • As decisións políticas tomábanse no seu nome
    • As súas decisións eran lei
    • Podían facer coas leis o que quixesen
  • As raíñas e os reis mantiñan o seu poder grazas:
    • Ao exército profesional que:
      • Controlaba o territorio
      • Facía cumprir as leis
    • Á nobreza privilexiada.
    • Ao clero, quen as xustificaba.
    • Ao funcionariado, que cumprían as súas ordes.
    • Á diplomacia, que establecía acordos con outros reinos.

Un rei que o ilumina todo!

Sabías que Luís XIV...?

  • Foi coñecido co alcume do "Rei Sol", porque escolleu o sol como símbolo do seu reinado.
  • É o monarca que máis anos estivo nun trono; 72 anos e 4 meses, dous anos máis que a raíña inglesa Sabela II.
  • Só se bañaba cando así o prescribía o médico. A hixiene non era moi habitual neses séculos.
  • Recibía as visitas, en moitas ocasións, sentado no retrete

Feito con eXeLearning (Nova xanela)