Glosario
Área metropolitana

-
Definición:
-
Territorio formado por unha cidade principal e os concellos próximos que están moi conectados con ela por traballo, estudos, servizos e transportes.
-
Exemplo:
-
A área metropolitana da Coruña medra cada ano porque moitas persoas viven en concellos próximos pero traballan ou estudan na cidade.
Comarca
-
Definición:
-
Territorio formado por varios concellos próximos que comparten características naturais, económicas ou culturais.
-
Exemplo:
-
A comarca do Salnés destaca polo produción de viño e o turismo.
Éxodo rural
-
Definición:
-
Marcha masiva de persoas do campo ás cidades en busca de traballo e servizos.
-
Exemplo:
-
O éxodo rural en Galicia durante o século XX provocou que moitas aldeas quedasen case baleiras.
Mosaico agrario
-
Definición:
-
Paisaxe formada pola combinación de diferentes usos do solo no rural, como leiras de cultivo, prados, hortas, viñedos, zonas de monte, todo disposto en pequenas parcelas variadas.
-
Exemplo:
-
En moitas zonas rurais galegas o mosaico agrario está desaparecendo porque se abandonan as terras de cultivo.

