Todas as persoas suman: construíndo un mundo diverso
O reto demográfico en Galicia e España
Glosario
Migración interna
Definición:
Desprazamento de persoas dentro dun mesmo país, dun lugar a outro, normalmente de zonas rurais a cidades ou entre diferentes rexións.
Exemplo:
As migracións internas en Galicia provocaron o despoboamento do interior e o crecemento das cidades costeiras.
Galicia e España están na mesma situación?
Galicia
Galicia conta con uns 2,7 millóns de habitantes (2024), segundo o INE. A súa poboación medra moi lentamente e, en moitas zonas rurais, incluso diminúe, especialmente polas migracións internas e a baixa natalidade. A chegada de persoas estranxeiras (hai máis de 180.000 residentes migrantes) axuda a compensar parcialmente este descenso.
O avellentamento da poboación é un dos principais retos: máis do 26 % da poboación ten máis de 65 anos, e a idade media sitúase en 48 anos, por riba da media española. Isto provoca que moitas aldeas queden case baleiras, co despoboamento como consecuencia máis visible, mentres se concentran os servizos e a actividade económica nas cidades e zonas costeiras.
En Galicia, 1 de cada 4 persoas ten máis de 65 anos
España
En España a situación é diferente en escala: a poboación supera os 49 millóns de habitantes (2025) e medra lixeiramente grazas á inmigración, xa que a natalidade tamén é baixa. O país tamén se enfronta ao avellentamento, pero con porcentaxes menores: arredor do 21 % da poboación ten máis de 65 anos e a idade media é de 45 anos.
En España, 1 de cada 5 persoas é maior de 65 anos
A concentración da poboación nas grandes cidades e áreas metropolitanas tamén é un reto: Madrid, Barcelona e outras urbes concentran gran parte dos recursos e oportunidades, mentres que o despoboamento afecta sobre todo ao interior e ao rural. A diversidade cultural é maior que en Galicia, polo que a integración e a convivencia son aspectos cada vez máis importantes na sociedade española.
Lectura facilitada
Galicia
Galicia ten uns 2,7 millóns de habitantes. A poboación case non medra. No rural vive cada vez menos xente. Isto pasa porque nacen poucas crianzas e porque moitas persoas marchan a outras zonas. En Galicia viven máis de 180.000 persoas estranxeiras. Estas persoas axudan a que Galicia perda menos poboación.
Galicia é unha sociedade moi envellecida. Máis do 26% das persoas teñen máis de 65 anos. A idade media é de 48 anos.
Moitas aldeas están case baleiras. A maior parte dos servizos e dos traballos están nas cidades e na costa.
España
España ten máis de 49 millóns de habitantes. En España nacen poucas crianzas.
Grazas á chegada de poboación doutros países hai máis xente.
España tamén ten unha poboación maior. Arredor do 21 % das persoas teñen máis de 65 anos. A idade media é de 45 anos. Isto significa que 1 de cada 5 persoas é maior de 65 anos.
A poboación concéntrase nas grandes cidades. Madrid, Barcelona e outras cidades teñen máis servizos e máis traballo. O interior e o rural perden habitantes.
España é un país con moita diversidade cultural. A integración e a boa convivencia son moi importantes para a sociedade.
Audio
Apoio visual
Causas e consecuencias do cambio demográfico
Os cambios demográficos non ocorren ao azar: hai causas que os provocan e consecuencias que afectan á maneira de vivir, ao territorio e á organización das cidades e das aldeas.
Causas
Consecuencias
Baixa natalidade
Despoboamento de aldeas e áreas rurais
Migración interna cara cidades e áreas costeiras
Envellecemento máis acusado no interior de Galicia e España
Avellentamento da poboación
Maior diversidade cultural
Chegada de poboación migrante
Crecemento das cidades e áreas metropolitanas
Concentración económica nas cidades
Transformación da paisaxe: abandono de terras e perda de actividade agraria
Perda de servizos no rural
Desequilibrio territorial: recursos e servizos concentrados nas urbes
Audio
Relaciona causas e consecuencias do cambio demográfico
Na seguinte actividade, relaciona cada unha das causas coas súas consecuencias: