Seguide estes pasos para realizar a actividade final de posta en común dos traballos realizados:
1. Formamos grupos mesturados
Ides formar grupos de 4-5 persoas. Nos grupos haberá persoas que fixestes os diferentes retos:
- Informando con infografías.
- Charla informativa.
- Campaña de sensibilización.
2. Posta en común no grupo
Dentro do grupo, cada persoa ten que contar brevemente o traballo que fixo:
- Cales foron os aspectos económicos da Unión Europea que tratastes?
- Que ideas de desenvolvemento sostible expuxestes?
- Como tivestes en conta a realidade demográfica e a contorna?
Logo, como grupo, reflexionade sobre estas preguntas:
- Que ideas teñen en común os retos?
- Que cousas novas ou sorprendentes aprendemos?
- Que relacións podemos establecer coa nosa contorna?
3. Posta en común coa clase
Escolleredes unha persoa do grupo para explicar á clase:
- As ideas ou conclusións máis importantes que falastes no grupo.
- Algún dato ou reflexión que vos chamou a atención.