Que ides facer?
Neste reto teredes que preparar unha campaña de sensibilización sobre os aspectos principais dos sectores económicos da Unión Europea e propoñer ideas de desenvolvemento económico e sostible ambientadas na vosa contorna tendo en conta a distribución da poboación e a demografía. Deberedes crear unha mensaxe clara e accesible, apoiada en recursos visuais ou dixitais (pósters, infografías, vídeos, memes...) que conteñan mapas e gráficas.
Finalmente, antes de levar a cabo a campaña, presentarédeslla á audiencia, explicando a mensaxe e as propostas de forma comprensible e inclusiva.
Lectura facilitada
Traballaredes en grupo.
Debedes crear unha campaña de sensibilización.
A campaña debe explicar:
- os sectores económicos da Unión Europea
- ideas para un desenvolvemento sostible
- i situación da poboación e da demografía
Para facer a campaña podedes usar:
- pósters
- infografías
- vídeos
- memes
O traballo debe incluír mapas e gráficas.
Ao final, presentaredes a campaña ao resto da xente.
Debedes explicar as vosas propostas de forma clara, sinxela e inclusiva.
