Que tedes que facer?
En grupos, planificaredes a elaboración dunha infografía que recolla os aspectos principais dos sectores económicos da Unión Europea e ideas de desenvolvemento económico e sostible ambientadas na vosa contorna tendo en conta a distribución da poboación e a demografía. A infografía debe conter mapas e gráficas.
Este traballo servirá de material visual para colocar nun panel informativo da asociación á que pertencedes.
Lectura facilitada
Traballaredes en grupo.
Debedes crear unha infografía.
A infografía debe incluír:
- información sobre os sectores económicos da Unión Europea
- propostas para un desenvolvemento sostible
- información sobre a poboación e a demografía
- mapas e gráficas
A infografía servirá para informar a outras persoas.
O traballo colocarase nun panel informativo da asociación.
