Afianza o aprendido

É o momento de afianzar o que xa sabes sobre economía, poboación e igualdade. Revisa ideas clave para reforzar as bases que necesitas para comprender mellor o mundo no que vives. Ademais, axudaravos a acadar o reto. Adiante!
Lectura facilitada
Repasa o que sabes de economía, poboación e igualdade.
Comprenderás mellor o mundo no que vives.
Axudaravos co reto.
Adiante!

En grupo, debedes buscar cales son as principais actividades económicas dos sectores primario, secundario e terciario en Galicia e en España.
O coñecemento dos conceptos relacionados coa demografía é necesario para poder comprender todos os seus aspectos e para coñecer o seu desenvolvemento en Galicia e España.
Para saber como é a túa sociedade é necesario que coñezas os principais cambios que se produciron nas últimas décadas.
Como xa viches, queda moito camiño por andar, como demostran todas as novas que vemos nos medios de comunicación sobre a igualdade e a violencia de xénero. Para comprobar que isto é certo, farás un pequeno traballo de investigación periodística, para o cal deberás seguir as seguintes instrucións: 