Saltar navegación

3.4. Canta máis variedade, mellor!: Cambios sociais e diversidade

 

Glosario

Igualdade de xénero

Imaxe cos símbolos de home e muller

Definición:

Principio que establece que todas as persoas deben ter as mesmas oportunidades, dereitos e responsabilidades independentemente do seu sexo.

Exemplo:

A igualdade de xénero en España avanzou moito nas últimas décadas.

O coñecemento fainos máis sabios

Como ben sabes, o mundo actual está en constante transformación debido a todos os cambios políticos, económicos, sociais e culturais dos últimos anos.  A continuación verás as características que ten a sociedade na que vives, moi diversa e implicada na mellora do planeta, pero tamén con cuestións preocupantes de cara ao futuro.

Outro aspecto que abordaremos será a igualdade de xénero, na que España é un dos países máis avanzados en canto a políticas, lexislación e concienciación social.

Toda esta información contribuirá a axudarche no teu reto.

Fotografía de dúas persoas novas nunha manifestación

Lectura facilitada

O mundo actual está en constante transformación.
As causas son políticas, económicas, sociais e culturais.

Verás as características da sociedade na que vives.
É unha sociedade moi diversa e implicada na mellora do planeta.

Hai cuestións preocupantes de cara ao futuro.

Abordarás a igualdade de xénero.
España é un dos países máis avanzados polas políticas, a lexislación e a concienciación social.

Esta información axudarache no teu reto.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)