Unha sociedade cambiante
A sociedade do século XXI está a sufrir unha serie de transformacións importantes, moi relacionadas coas novas tecnoloxías. Pódense destacar as seguintes características:
Novas tecnoloxías
As sociedades actuais están marcadas polo uso da tecnoloxía, das redes sociais e, nos últimos anos pola intelixencia artificial.
Multiculturalidade
As sociedades cada vez son máis variadas en canto ás crenzas relixiosas, etnias ou culturas, facéndose necesario actitudes de tolerancia e de respecto.
Igualdade de xénero
Na actualidade hai unha maior conciencia por todo o relacionado coa igualdade, sobre todo, co papel da muller na sociedade, tratando de eliminar as desigualdades existentes.
Familia
Nas últimas décadas xurdiron novos modelos de familia nos que aparecen novas perspectivas sobre os roles de xénero.
Movementos sociais
Estes movementos inflúen a nivel político, económico e social a través de diferentes accións para mellorar o medioambiente ou protestar por conflitos bélicos, problemas raciais...
Lectura facilitada
A sociedade do século XXI está a cambiar rapidamente.
Estes cambios están relacionados coas novas tecnoloxías e cos novos modos de vida.
Podenses destacar as seguintes características:
- Novas tecnoloxías
- As tecnoloxías forman parte da vida diaria.
- Destacan:
- a tecnoloxía dixital
- as redes sociais
- a intelixencia artificial
- Multiculturalidade
- Nas sociedades actuais conviven persoas con diferentes culturas, relixións e costumes.
- Por iso son importantes o respecto e a tolerancia.
- Igualdade de xénero
- Cada vez existe unha maior preocupación pola igualdade entre mulleres e homes.
- Destaca o papel da muller na sociedade.
- Búscase reducir as desigualdades que aínda existen.
- Familia
- Nas últimas décadas apareceron novos modelos de familia.
- Tamén xurdiron novas formas de entender os roles de xénero.
- Movementos sociais
- Moitas persoas participan en movementos sociais para defender ideas ou reclamar cambios.
- Poden actuar sobre cuestións políticas, sociais ou ambientais.
- Por exemplo:
- a defensa do medio natural
- a loita contra o racismo
- as mobilizacións contra as guerras
Escolle unha das tres actividades para facer un pequeno repaso. 