Saltar navegación

1.1. Analizando a sociedade

Con outra mirada

Como sabes, os grandes cambios económicos produciron grandes cambios sociais ao longo da historia do ser humano. Ese proceso acelerouse nos últimos dous séculos dando lugar a unha sociedade máis heteroxénea e diversa.

No seguinte vídeo poderás observar as variadas situacións sociais e económicas presentes nas sociedades actuais.

Lectura facilitada

Os grandes cambios económicos produciron grandes cambios sociais ao longo da historia.

Nos últimos dous séculos, estes cambios foron máis rápidos.

Por iso, a sociedade actual é máis diversa.

No seguinte vídeo verás exemplos de diferentes situacións sociais e económicas.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)