Glosario
Acuicultura

-
Definición -
Cría controlada de diferentes organismos acuáticos en ríos, lagos, mares e instalacións artificiais.
-
Exemplo
-
Se non fora pola acuicultura, unha boa parte das especies de peixes mariños estaría esgotadas.
Caladoiro

-
Definición
-
Zona mariña con abundancia de peixes, e polo tanto moi apta para realizar as actividades pesqueiras.
-
Exemplo
-
O polbo que comemos en Galicia provén en boa parte do caladoiro canario-sahariano.
Espazo rural

-
Definición
-
Calquera territorio non urbano independentemente das actividades que nel se realicen.
-
Exemplo
-
No espazo rural non só se desenvolven actividades agrarias, senón tamén outras como o turismo de natureza, a artesanía.
Zona Económica Exclusiva

-
Definición
-
Zona do mar, que se estende ata as 200 millas náuticas, na que un estado ten os dereitos sobre a exploración e explotación dos recursos mariños.
-
Exemplo
-
España ten dereitos para explotar os recursos pesqueiros na súa Zona Económica Exclusiva.









