Saltar navegación

Viaxe ao corazón da Terra

 

Glosario

Xacemento

Pictograma dun xacemento mineiro.

Definición

Lugar da codia terrestre onde se concentra un mineral en cantidade suficiente como para facer rendible a súa explotación.

Exemplo

Unha mina ou unha canteira son distintos tipos de xacementos mineiros. 

Minaría: segredos soterrados

A minaría consiste na extracción de materiais do subsolo. Isto corresponde ao sector primario, pero en certas estatísticas e estudos pode aparecer asociada ao sector secundario, como industria extractiva, porque a súa produción destínase á industria, e porque a primeira transformación xa adoita producirse a pé de mina.

Segundo o produto obtido diferenciamos tres tipos de minaría:

  • Metálica: extrae metais como ouro, prata, cobre, ferro ou litio
  • Non metálica: extrae materiais para construción, industria e xoiería: rochas como mármore ou granito, gravas, areas, terras raras, arxila, xeso, sal, diamantes...
  • Enerxética: extrae combustibles fósiles (carbón, petróleo, gas) e uranio.

Os lugares onde se concentran os minerais e resulta rendible extraelos denomínanse xacementos. Segundo a súa localización, existen diferentes tipos de explotacións mineiras.

Tipos de explotacións mineiras:

Subterráneas

Explótanse baixo terra mediante galerías.

Imaxe dunha galería mineira.

A ceo aberto

Son instalacións mineiras en superficie. No caso de materiais de construción (rochas, area, gravas) chámanse canteiras.

Imaxe dunha explotación mineira a ceo aberto.

Subacuáticas

Xacementos de mineiros situados baixo a superficie da auga, a escasa profundidade: leitos de ríos, lagos e mares pouco profundos. O material obtense por dragado. 

A submarina é un tipo particular de minaría subacuática, realizada en fondos de mares profundos recollendo minerais depositados sobre o fondo mariño. Existe desde hai pouco tempo, porque require de tecnoloxía complexa e robots.

Imaxe dunha explotación mineira subacuática

Perforación

É un tipo particular de explotación mineira subterránea, na que o xacemento está a gran profundidade no interior da codia terrestre (pode haber mar sobre ela, pero o xacemento é subterráneo) e o produto non está en estado sólido. Utilízanse pozos de extracción, como no caso do petróleo. 

Imaxe dunha plataforma petrolífera.

Os rendementos da actividade mineira están condicionados por catro factores: o desenvolvemento tecnolóxico, a demanda do mercado, o custo da extracción e a máis ou menos permisiva lexislación ambiental.

A minaría está vencellada a graves problemas:

  • Esgotamento dos recursos: a vida útil dunha explotación é de poucas décadas.
  • Forte impacto ambiental.
  • Conflitos e guerras polos recursos estratéxicos para o transporte (petróleo) ou telecomunicacións, informática e produtos tecnolóxicos (terras raras, coltán, litio...)

Lectura facilitada

A minaría é a actividade de sacar materiais do subsolo.
A minaría forma parte do sector primario xa que extrae produtos da natureza, 
pero inclúese no sector secundario porque as súa produción vai á industria
e tamén ten unha primeira transformación a pé de mina.

Tipos de minaría

Hai tres tipos de minaría:

  • Minaría metálica:
    Extrae metais, como por  exemplo: ouro, prata, cobre, ferro ou litio.
  • Minaría non metálica: 
    Extrae materiais que non son metais.
    Estes materiais úsanse na construción, na industria ou na xoiería.
    Algúns exemplos son: mármore, granito, grava, area, arxila, xeso, sal ou diamantes.
    A minaría non metálica tamén inclúe as chamadas terras raras.
    As terras raras son minerais escasos
    moi usados en aparellos electrónicos. 
  • Minaría enerxética:
    Extrae materiais que serven para producir enerxía.
    Inclúe os combustibles fósiles, como o carbón, o petróleo e o gas
    e tamén inclúe o uranio, que se usa nas centrais nucleares.

Xacementos

Os xacementos son os lugares onde hai moitos minerais.

Hai distintos tipos de minaría, segundo o lugar onde estea o xacemento.

  • Minaría subterránea:
    Realízase baixo terra.
    Os mineiros chegan aos minerais por galerías.
  • Minaría a ceo aberto:
    Realízase na superficie da Terra, non hai galerías nin túneles.
    Cando se extraen materiais de construción, como rochas, area ou grava,
    estas explotacións chámanse canteiras. 
  •  Minaría subacuática:
    O xacemento está baixo a auga
    e o material obtense mediante dragado.
    Pode estar no fondo de ríos, lagos ou mares pouco profundos.
  • Minaría submarina:
    É un tipo especial de minaría subacuática que se realiza en mares moi profundos.
    É unha actividade recente, que necesita tecnoloxía moi avanzada e robots. 
  • Perforación:
    É un tipo especial de minaría subterránea.
    O xacemento está a moita profundidade dentro da codia terrestre.
    Para extraer os recursos fanse pozos de extracción.
    O material extraído non é sólido.
    Por exemplo, petróleo ou gas.

Os beneficios da minaría dependen de varios factores:

  • O desenvolvemento tecnolóxico: é a calidade das máquinas e das técnicas usadas.
  • A demanda do mercado: canto se necesita ese mineral.
  • O custo da extracción: é o diñeiro que custa sacar o mineral.
  • A lexislación ambiental: son as leis que protexen o medio natural.
    Estas leis poden ser máis estritas ou máis permisivas.

 Problemas da minaría

A minaría pode causar problemas importantes.

  •  Esgotamento dos recursos:
    Unha mina adoita durar só uns poucos anos.
  •  Impacto ambiental forte:
    A minaría pode danar a paisaxe, contaminar a auga e o aire
    e destruír ecosistemas.
  • Conflitos e guerras polos recursos:
    Algúns minerais son moi importantes.
    Son necesarios para o transporte, como o petróleo,
    tamén para a tecnoloxía,
    como as terras raras, o coltán ou o litio.
    A súa importancia pode provocar conflitos entre países.

Produción e consumo

Os xacementos mineiros están asociados a un contexto xeolóxico determinado, diferente para cada mineral. Por seren moi variados os produtos mineiros, a minaría está presente en case todo o planeta. Pero para cada un dos recursos, a localización é moi desigual, tendendo a concentrarse en poucos lugares do mundo.

Na produción de minerais estratéxicos polo seu uso industrial e tecnolóxico destacan África e Asia Pacífico (Australia, China). China domina a produción e as reservas das terras raras, vitais na actualidade por seren indispensables na tecnoloxía informática e das comunicacións.

Produción e reservas das terras raras
Mapa que mostra a distribución da produción e reservas de terras raras.

Os países máis desenvolvidos son os grandes consumidores dos produtos mineiros. Dado que os lugares produción e consumo de materias primas non sempre coinciden, estas deben ser transportadas a grandes distancias.

Lectura facilitada

Cada mineral relaciónase cun tipo concreto de rocha e de terreo.
A isto chámaselle contexto xeolóxico.

Como hai moitos tipos de minerais,
a minaría existe en case todo o planeta.

Pero cada recurso só se concentra nalgúns lugares.
Por iso, a distribución dos recursos minerais no mundo é moi desigual.

África e Asia-Pacífico destacan

na produción de minerais importantes para a industria e a tecnoloxía.

Nesta rexión están países como Australia e China.

China é un país moi importante

xa que domina a produción e as reservas de terras raras.

As terras raras son minerais indispensables
para a informática e as comunicacións actuais.

Os países máis desenvolvidos consomen moitos produtos mineiros.

Isto significa que usan grandes cantidades de minerais.

Os lugares onde se producen as materias primas
non sempre son os lugares onde se consomen esas materias.

As materias primas son recursos naturais que non están transformados.

Por iso, estas materias primas deben ser transportadas
a grandes distancias.

Ou si... ou non

Le os enunciados e logo escolle Verdadeiro ou Falso

Pregunta 1

A minaría é a extracción de materiais do subsolo e pertence ao sector primario, pero ás veces figura como industria extractiva.

Pregunta 2

A minaría metálica extrae materiais como mármore, gravas e area.

Pregunta 3

Os xacementos son os lugares onde se concentran os minerais e resulta rendible extraelos.

Pregunta 4

A minaría subterránea realízase en locais situados en superficie.

Pregunta 5

A minaría subacuática realízase en leitos de ríos, lagos e mares pouco profundos, mentres que a submarina ocorre en mares profundos.

Pregunta 6

A perforación é un tipo de minaría subterránea usada para xacementos a gran profundidade e pode incluír petróleo ou gas.

Pregunta 7

O rendemento da actividade mineira non depende da tecnoloxía nin da demanda do mercado.

Pregunta 8

Os xacementos de cada mineral só se encontran nun lugar do mundo.

Pregunta 9

Na produción de minerais estratéxicos destacan África e Asia Pacífico, con China dominando as reservas de terras raras.

Pregunta 10

Os países máis desenvolvidos son os grandes consumidores de produtos mineiros.

Pregunta 11

Boa parte das explotacións mineiras máis modernas non xeran impacto ambiental e os seus recursos non se esgotan.

Pregunta 12

Os conflitos e guerras por recursos mineiros ocorren soamente por petróleo.

Comprende un gráfico sobre minaría

Escolle a resposta correcta.

2
%E9%B0%F3%E1%FB%F5%FC%F3%E6%E7%E0%F3%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%E7%E6%FA%FD%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%E7%E6%FA%FD%E0%C4%FB%F6%F7%FD%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E6%EB%E2%F7%D5%F3%FF%F7%B0%A8%B0%C3%E7%D7%EA%E6%B0%BE%B0%F7%FC%F6%C4%FB%F6%F7%FD%B0%A8%A2%BE%B0%FB%F6%C4%FB%F6%F7%FD%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E1%E6%F3%E0%E6%C4%FB%F6%F7%FD%B0%A8%A2%BE%B0%FB%FC%E1%E6%E0%E7%F1%E6%FB%FD%FC%E1%D7%EA%F7%B0%A8%B0%B7%A1%D1%E2%B7%A1%D7%D7%E1%F1%FD%FE%FE%F7%B7%A0%A2%F3%B7%A0%A2%E0%F7%E1%E2%FD%E1%E6%F3%B7%A0%A2%F1%FD%E0%E0%F7%F1%E6%F3%BC%B7%A1%D1%BD%E2%B7%A1%D7%B0%BE%B0%FB%FC%E1%E6%E0%E7%F1%E6%FB%FD%FC%E1%B0%A8%B0%D7%E1%F1%FD%FE%FE%F3%B2%F3%B2%E0%F7%E1%E2%FD%E1%E6%F3%B2%F1%FD%E0%E0%F7%F1%E6%F3%B2%B0%BE%B0%E1%FA%FD%E5%DF%FB%FC%FB%FF%FB%E8%F7%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%BE%B0%FD%E2%E6%FB%FD%FC%E1%C0%F3%FF%F6%FD%FC%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%BE%B0%F3%FC%E1%E5%F7%E0%E1%C0%F3%FF%F6%FD%FC%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%BE%B0%E1%FA%FD%E5%C1%FD%FE%E7%E6%FB%FD%FC%B0%A8%E6%E0%E7%F7%BE%B0%E6%FB%FF%F7%C1%FA%FD%E5%C1%FD%FE%E7%E6%FB%FD%FC%B0%A8%A1%BE%B0%E7%E1%F7%DE%FB%E4%F7%E1%B0%A8%E6%E0%E7%F7%BE%B0%FC%E7%FF%F0%F7%E0%DE%FB%E4%F7%E1%B0%A8%A1%BE%B0%FB%E6%FB%FC%F7%E0%F3%E0%EB%B0%A8%E9%B0%E1%FA%FD%E5%D1%FE%E7%F7%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%BE%B0%F1%FE%E7%F7%D5%F3%FF%F7%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E2%F7%E0%F1%F7%FC%E6%F3%F5%F7%D1%FE%E7%F7%B0%A8%A6%A2%BE%B0%E1%FA%FD%E5%D1%FD%F6%F7%D3%F1%F1%F7%E1%E1%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%BE%B0%F1%FD%F6%F7%D3%F1%F1%F7%E1%E1%B0%A8%B0%B0%BE%B0%FF%F7%E1%E1%F3%F5%F7%D1%FD%F6%F7%D3%F1%F1%F7%E1%E1%B0%A8%B0%B0%EF%BE%B0%E3%E7%F7%E1%E6%FB%FD%FC%E1%D5%F3%FF%F7%B0%A8%C9%E9%B0%E6%EB%E2%F7%B0%A8%A3%BE%B0%E6%FB%FF%F7%B0%A8%A2%BE%B0%FC%E7%FF%F0%F7%E0%DD%E2%E6%FB%FD%FC%E1%B0%A8%A6%BE%B0%EA%B0%A8%A2%BE%B0%EB%B0%A8%A2%BE%B0%F3%E7%E6%FA%FD%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%FE%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F1%E7%E1%E6%FD%FF%C1%F1%FD%E0%F7%B0%A8%A3%BE%B0%E7%E0%FE%B0%A8%B0%E0%F7%E1%FD%E7%E0%F1%F7%E1%BD%FF%FB%FC%F7%E0%F3%FB%E1%CD%F1%E0%FB%E6%FB%F1%FD%E1%BC%E2%FC%F5%B0%BE%B0%F3%E7%F6%FB%FD%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E1%FD%E7%FC%F6%C4%FB%F6%F7%FD%B0%A8%A3%BE%B0%FB%FF%F3%F5%F7%C4%FB%F6%F7%FD%B0%A8%A3%BE%B0%FB%C4%FB%F6%F7%FD%B0%A8%A2%BE%B0%F4%C4%FB%F6%F7%FD%B0%A8%A2%BE%B0%E1%FB%FE%F7%FC%E6%C4%FB%F6%F7%FD%B0%A8%A2%BE%B0%E6%C1%FB%FE%F7%FC%E6%C4%FB%F6%F7%FD%B0%A8%A2%BE%B0%F7%C6%F7%EA%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E3%E7%F7%EA%E6%FB%FD%FC%B0%A8%B0%C3%E7%F7%B2%FF%FB%FC%F7%E0%F3%FE%B2%7B%B2%FD%B2%E3%E7%F7%B2%E6%F7%FC%B2%FF%F3%FB%FD%E0%B2%E2%FD%E0%F1%F7%FC%E6%F3%EA%F7%B2%F6%F7%B2%E2%E0%FD%F6%E7%F1%FBa%FC%B2%F1%FD%FC%F1%F7%FC%E6%E0%F3%F6%F3%B2%FC%E7%FC%B2h%FC%FB%F1%FD%B2%E2%F3%7F%E1%AD%B0%BE%B0%FD%E2%E6%FB%FD%FC%E1%B0%A8%C9%B0%C6%F7%E0%E0%F3%E1%B2%E0%F3%E0%F3%E1%B0%BE%B0%DE%FB%E6%FB%FD%B0%BE%B0%D1%FD%F0%F3%FE%E6%FD%B0%BE%B0%DD%B2%F5%E0s%F4%FB%F1%FD%B2%FC%FD%FC%B2%E2%F7%E0%FF%FB%E6%F7%B2%F1%FDc%F7%F1%F7%E0%B2%F7%E1%F7%B2%F6%F3%E6%FD%BC%B0%CF%BE%B0%E1%FD%FE%E7%E6%FB%FD%FC%B0%A8%A0%BE%B0%FF%E1%F5%DA%FB%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D7%E0%E0%FD%E0%B0%A8%B0%B0%EF%BE%E9%B0%E6%EB%E2%F7%B0%A8%A3%BE%B0%E6%FB%FF%F7%B0%A8%A2%BE%B0%FC%E7%FF%F0%F7%E0%DD%E2%E6%FB%FD%FC%E1%B0%A8%A6%BE%B0%EA%B0%A8%A2%BE%B0%EB%B0%A8%A2%BE%B0%F3%E7%E6%FA%FD%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%FE%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F1%E7%E1%E6%FD%FF%C1%F1%FD%E0%F7%B0%A8%A3%BE%B0%E7%E0%FE%B0%A8%B0%E0%F7%E1%FD%E7%E0%F1%F7%E1%BD%FF%FB%FC%F7%E0%F3%FB%E1%CD%F1%E0%FB%E6%FB%F1%FD%E1%BC%E2%FC%F5%B0%BE%B0%F3%E7%F6%FB%FD%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E1%FD%E7%FC%F6%C4%FB%F6%F7%FD%B0%A8%A3%BE%B0%FB%FF%F3%F5%F7%C4%FB%F6%F7%FD%B0%A8%A3%BE%B0%FB%C4%FB%F6%F7%FD%B0%A8%A2%BE%B0%F4%C4%FB%F6%F7%FD%B0%A8%A2%BE%B0%E1%FB%FE%F7%FC%E6%C4%FB%F6%F7%FD%B0%A8%A2%BE%B0%E6%C1%FB%FE%F7%FC%E6%C4%FB%F6%F7%FD%B0%A8%A2%BE%B0%F7%C6%F7%EA%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E3%E7%F7%EA%E6%FB%FD%FC%B0%A8%B0%C3%E7%F7%B2%E2%F3%7F%E1%B2%E1%FD%F0%E0%F7%E1%F3%F7%B2%E2%FD%FE%F3%B2%E1h%F3%B2%F7%FE%F7%E4%F3%F6%F3%B2%E2%FD%E0%F1%F7%FC%E6%F3%EA%F7%B2%F6%F7%B2%E2%E0%FD%F6%E7%F1%FBa%FC%B2%FF%E7%FC%F6%FB%F3%FE%B2%F6%F7%B2%E4%F3%E0%FB%FD%E1%B2%FF%FB%FC%F7%E0%F3%FB%E1%B2%F7%E1%E6%E0%F3%E6%7B%EA%FB%F1%FD%E1%AD%B0%BE%B0%FD%E2%E6%FB%FD%FC%E1%B0%A8%C9%B0%D1%FA%FB%FC%F3%B0%BE%B0%C0%F7%E2h%F0%FE%FB%F1%F3%B2%D6%F7%FF%FD%F1%E0s%E6%FB%F1%F3%B2%F6%FD%B2%D1%FD%FC%F5%FD%B0%BE%B0%D1%FA%FB%FE%F7%B0%BE%B0%D3%E7%E1%E6%E0%F3%FE%FB%F3%B0%CF%BE%B0%E1%FD%FE%E7%E6%FB%FD%FC%B0%A8%A2%BE%B0%FF%E1%F5%DA%FB%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D7%E0%E0%FD%E0%B0%A8%B0%B0%EF%BE%E9%B0%E6%EB%E2%F7%B0%A8%A3%BE%B0%E6%FB%FF%F7%B0%A8%A2%BE%B0%FC%E7%FF%F0%F7%E0%DD%E2%E6%FB%FD%FC%E1%B0%A8%A0%BE%B0%EA%B0%A8%A2%BE%B0%EB%B0%A8%A2%BE%B0%F3%E7%E6%FA%FD%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%FE%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F1%E7%E1%E6%FD%FF%C1%F1%FD%E0%F7%B0%A8%A3%BE%B0%E7%E0%FE%B0%A8%B0%E0%F7%E1%FD%E7%E0%F1%F7%E1%BD%FF%FB%FC%F7%E0%F3%FB%E1%CD%F1%E0%FB%E6%FB%F1%FD%E1%BC%E2%FC%F5%B0%BE%B0%F3%E7%F6%FB%FD%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E1%FD%E7%FC%F6%C4%FB%F6%F7%FD%B0%A8%A3%BE%B0%FB%FF%F3%F5%F7%C4%FB%F6%F7%FD%B0%A8%A3%BE%B0%FB%C4%FB%F6%F7%FD%B0%A8%A2%BE%B0%F4%C4%FB%F6%F7%FD%B0%A8%A2%BE%B0%E1%FB%FE%F7%FC%E6%C4%FB%F6%F7%FD%B0%A8%A2%BE%B0%E6%C1%FB%FE%F7%FC%E6%C4%FB%F6%F7%FD%B0%A8%A2%BE%B0%F7%C6%F7%EA%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E3%E7%F7%EA%E6%FB%FD%FC%B0%A8%B0%5B%B2%F1%FD%E0%E0%F7%F1%E6%FD%B2%F3%F4%FB%E0%FF%F3%E0%B2%E3%E7%F7%B2%FFs%FB%E1%B2%F6%F7%B2%F6%FD%E7%E1%B2%E6%F7%E0%E8%FD%E1%B2%F6%FD%B2%F1%FD%F0%F3%FE%E6%FD%B2%F6%FD%B2%FF%E7%FC%F6%FD%B2%E1%F7%B2%E2%E0%FD%F6%E7%F1%F7%FC%B2%F7%FC%B2%C0%F7%E2h%F0%FE%FB%F1%F3%B2%D6%F7%FF%FD%F1%E0s%E6%FB%F1%F3%B2%F6%FD%B2%D1%FD%FC%F5%FD%AD%B0%BE%B0%FD%E2%E6%FB%FD%FC%E1%B0%A8%C9%B0%C1%FB%B0%BE%B0%DC%FD%FC%B0%BE%B0%B0%BE%B0%B0%CF%BE%B0%E1%FD%FE%E7%E6%FB%FD%FC%B0%A8%A2%BE%B0%FF%E1%F5%DA%FB%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D7%E0%E0%FD%E0%B0%A8%B0%B0%EF%BE%E9%B0%E6%EB%E2%F7%B0%A8%A3%BE%B0%E6%FB%FF%F7%B0%A8%A2%BE%B0%FC%E7%FF%F0%F7%E0%DD%E2%E6%FB%FD%FC%E1%B0%A8%A0%BE%B0%EA%B0%A8%A2%BE%B0%EB%B0%A8%A2%BE%B0%F3%E7%E6%FA%FD%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%FE%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F1%E7%E1%E6%FD%FF%C1%F1%FD%E0%F7%B0%A8%A3%BE%B0%E7%E0%FE%B0%A8%B0%E0%F7%E1%FD%E7%E0%F1%F7%E1%BD%FF%FB%FC%F7%E0%F3%FB%E1%CD%F1%E0%FB%E6%FB%F1%FD%E1%BC%E2%FC%F5%B0%BE%B0%F3%E7%F6%FB%FD%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E1%FD%E7%FC%F6%C4%FB%F6%F7%FD%B0%A8%A3%BE%B0%FB%FF%F3%F5%F7%C4%FB%F6%F7%FD%B0%A8%A3%BE%B0%FB%C4%FB%F6%F7%FD%B0%A8%A2%BE%B0%F4%C4%FB%F6%F7%FD%B0%A8%A2%BE%B0%E1%FB%FE%F7%FC%E6%C4%FB%F6%F7%FD%B0%A8%A2%BE%B0%E6%C1%FB%FE%F7%FC%E6%C4%FB%F6%F7%FD%B0%A8%A2%BE%B0%F7%C6%F7%EA%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E3%E7%F7%EA%E6%FB%FD%FC%B0%A8%B0%D1%FA%FB%FE%F7%B2%7B%B2%FD%B2%E2%E0%FB%FF%F7%FB%E0%FD%B2%E2%E0%FD%F6%E7%E6%FD%E0%B2%FF%E7%FC%F6%FB%F3%FE%B2%F6%F7%B2%F1%FD%F0%E0%F7%BC%B2%DB%E1%FD%B2%E1%FB%F5%FC%FB%F4%FB%F1%F3%B2%E3%E7%F7%B2%FC%F7%E1%E6%F7%B2%E2%F3%7F%E1%B2%E1%F7%B2%F7%EA%E6%E0%F3%F7%B2%FFs%FB%E1%B2%F6%F3%B2%FF%F7%E6%F3%F6%F7%B2%F6%FD%B2%F1%FD%F0%E0%F7%B2%FF%E7%FC%F6%FB%F3%FE%BC%B0%BE%B0%FD%E2%E6%FB%FD%FC%E1%B0%A8%C9%B0%C4%F7%E0%F6%F3%F6%F7%FB%E0%FD%B0%BE%B0%D4%F3%FE%E1%FD%B0%BE%B0%B0%BE%B0%B0%CF%BE%B0%E1%FD%FE%E7%E6%FB%FD%FC%B0%A8%A3%BE%B0%FF%E1%F5%DA%FB%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D7%E0%E0%FD%E0%B0%A8%B0%B0%EF%BE%E9%B0%E6%EB%E2%F7%B0%A8%A3%BE%B0%E6%FB%FF%F7%B0%A8%A2%BE%B0%FC%E7%FF%F0%F7%E0%DD%E2%E6%FB%FD%FC%E1%B0%A8%A0%BE%B0%EA%B0%A8%A2%BE%B0%EB%B0%A8%A2%BE%B0%F3%E7%E6%FA%FD%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%FE%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F1%E7%E1%E6%FD%FF%C1%F1%FD%E0%F7%B0%A8%A3%BE%B0%E7%E0%FE%B0%A8%B0%E0%F7%E1%FD%E7%E0%F1%F7%E1%BD%FF%FB%FC%F7%E0%F3%FB%E1%CD%F1%E0%FB%E6%FB%F1%FD%E1%BC%E2%FC%F5%B0%BE%B0%F3%E7%F6%FB%FD%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E1%FD%E7%FC%F6%C4%FB%F6%F7%FD%B0%A8%A3%BE%B0%FB%FF%F3%F5%F7%C4%FB%F6%F7%FD%B0%A8%A3%BE%B0%FB%C4%FB%F6%F7%FD%B0%A8%A2%BE%B0%F4%C4%FB%F6%F7%FD%B0%A8%A2%BE%B0%E1%FB%FE%F7%FC%E6%C4%FB%F6%F7%FD%B0%A8%A2%BE%B0%E6%C1%FB%FE%F7%FC%E6%C4%FB%F6%F7%FD%B0%A8%A2%BE%B0%F7%C6%F7%EA%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E3%E7%F7%EA%E6%FB%FD%FC%B0%A8%B0%D3%B2%FF%F3%FB%FD%E0%B2%E2%F3%E0%E6%F7%B2%F6%F7%E1%E6%F7%E1%B2%FF%FB%FC%F7%E0%F3%FB%E1%B2%F7%E1%E6%E0%F3%E6%7B%EA%FB%F1%FD%E1%B2%F7%EA%E6%E0s%F7%FC%E1%F7%B2%F1%FD%FC%B2%E2%FD%E8%FD%E1%B2%F6%F7%B2%E2%F7%E0%F4%FD%E0%F3%F1%FBa%FC%BC%B0%BE%B0%FD%E2%E6%FB%FD%FC%E1%B0%A8%C9%B0%C4%F7%E0%F6%F3%F6%F7%FB%E0%FD%BE%B2%E2%FD%E0%E3%E7%F7%B2%F7%E1%E6s%FC%B2%FF%FD%FB%B2%E2%E0%FD%F4%E7%FC%F6%FD%E1%BC%B0%BE%B0%D4%F3%FE%E1%FD%BE%B2%E2%FD%E0%E3%E7%F7%B2%FD%E1%B2%E2%FD%E8%FD%E1%B2%E7%E6%FB%FE%7F%E8%F3%FC%E1%F7%B2%F1%FD%FC%B2%FF%FB%FC%F7%E0%F3%FB%E1%B2%FC%FD%FC%B2%E1a%FE%FB%F6%FD%E1%BC%B0%BE%B0%B0%BE%B0%B0%CF%BE%B0%E1%FD%FE%E7%E6%FB%FD%FC%B0%A8%A3%BE%B0%FF%E1%F5%DA%FB%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D7%E0%E0%FD%E0%B0%A8%B0%B0%EF%CF%BE%B0%FB%E1%C1%F1%FD%E0%FF%B0%A8%A3%BE%B0%E6%F7%EA%E6%D0%E7%E6%E6%FD%FC%C1%F1%FD%E0%FF%B0%A8%B0%D5%F3%E0%F6%F3%E0%B2%F3%B2%E2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B0%BE%B0%E0%F7%E2%F7%F3%E6%D3%F1%E6%FB%E4%FB%E6%EB%B0%A8%E6%E0%E7%F7%BE%B0%E6%FB%E6%FE%F7%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F1%E7%E1%E6%FD%FF%C1%F1%FD%E0%F7%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%BE%B0%E6%F7%EA%E6%D3%F4%E6%F7%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E6%F7%EA%E6%D4%F7%F7%F6%D0%F3%F1%F9%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F5%F3%FF%F7%DF%FD%F6%F7%B0%A8%A3%BE%B0%F4%F7%F7%F6%D0%F3%F1%F9%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%BE%B0%E2%F7%E0%F1%F7%FC%E6%F3%F8%F7%D4%D0%B0%A8%A3%A2%A2%BE%B0%E4%F7%E0%E1%FB%FD%FC%B0%A8%A0%BE%B0%F1%E7%E1%E6%FD%FF%DF%F7%E1%E1%F3%F5%F7%E1%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%BE%B0%E2%F7%E0%F1%F7%FC%E6%F3%F8%F7%C3%E7%F7%E1%E6%FB%FD%FC%E1%B0%A8%A3%A2%A2%BE%B0%F7%E4%F3%FE%E7%F3%E6%FB%FD%FC%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%BE%B0%F7%E4%F3%FE%E7%F3%E6%FB%FD%FC%DB%D6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%FB%F6%B0%A8%B0%A0%A2%A0%A4%A1%A3%A0%A3%A6%A3%A7%AB%BF%A4%A2%B0%BE%B0%FF%E1%F5%E1%B0%A8%E9%B0%FF%E1%F5%C1%E6%F3%E0%E6%D5%F3%FF%F7%B0%A8%B0%C2%E0%F7%FF%F7%B2%F3%E3%E7%7F%B2%E2%F3%E0%F3%B2%F1%FD%FF%F7%E8%F3%E0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C1%E7%F0%FF%FB%E6%B0%A8%B0%D7%FC%E4%FB%F3%E0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D1%FE%E7%F7%B0%A8%B0%CA%F7%FC%FB%F3%FE%B3%B2%D3%B2%E2%FB%E1%E6%F3%B2%7B%A8%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DC%F7%E5%D5%F3%FF%F7%B0%A8%B0%C2%E0%F7%FF%F7%B2%F3%E3%E7%7F%B2%E2%F3%E0%F3%B2%E7%FC%FA%F3%B2%FC%FD%E4%F3%B2%E2%F3%E0%E6%FB%F6%F3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D1%FD%F6%F7%D3%F1%F1%F7%E1%E1%B0%A8%B0%D1a%F6%FB%F5%FD%B2%F6%F7%B2%F3%F1%F1%F7%E1%FD%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DB%FC%F4%FD%E0%FF%F3%E6%FB%FD%FC%DE%FD%FD%F9%FB%FC%F5%B0%A8%B0%CA%F7%FC%FB%F3%FE%B3%B2%D3%B2%FB%FC%F4%FD%E0%FF%F3%F1%FBa%FC%B2%E3%E7%F7%B2%F7%E1%E6%F3%F0%F3%E1%B2%F3%B2%E2%E0%FD%F1%E7%E0%F3%E0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C2%FE%F3%EB%C1%E6%F3%E0%E6%B0%A8%B0%C2%E0%F7%FF%F7%B2%F3%E3%E7%7F%B2%E2%F3%E0%F3%B2%EA%FD%F5%F3%E0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D7%E0%E0%FD%E0%E1%B0%A8%B0%D7%E0%E0%FD%E1%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DA%FB%E6%E1%B0%A8%B0%D3%F1%F7%E0%E6%FD%E1%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C1%F1%FD%E0%F7%B0%A8%B0%C2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DF%FB%FC%FB%FF%FB%E8%F7%B0%A8%B0%DF%FB%FC%FB%FF%FB%E8%F3%E0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DF%F3%EA%FB%FF%FB%E8%F7%B0%A8%B0%DF%F3%EA%FB%FF%FB%E8%F3%E0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C6%FB%FF%F7%B0%A8%B0%C6%F7%FF%E2%FD%B2%E2%FD%E0%B2%E2%E0%F7%F5%E7%FC%E6%F3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DE%FB%E4%F7%B0%A8%B0%C4%FB%F6%F3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D4%E7%FE%FE%C1%F1%E0%F7%F7%FC%B0%A8%B0%C2%F3%FC%E6%F3%FE%FE%F3%B2%D1%FD%FF%E2%FE%F7%E6%F3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D7%EA%FB%E6%D4%E7%FE%FE%C1%F1%E0%F7%F7%FC%B0%A8%B0%C1%F3%7F%E0%B2%F6%F7%B2%E2%F3%FC%E6%F3%FE%FE%F3%B2%F1%FD%FF%E2%FE%F7%E6%F3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DC%E7%FF%C3%E7%F7%E1%E6%FB%FD%FC%E1%B0%A8%B0%DCh%FF%F7%E0%FD%B2%F6%F7%B2%E2%E0%F7%F5%E7%FC%E6%F3%E1%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DC%FD%DB%FF%F3%F5%F7%B0%A8%B0%C2%E0%F7%F5%E7%FC%E6%F3%B2%E1%F7%FC%B2%FB%FF%F3%EA%F7%E1%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D1%FD%FD%FE%B0%A8%B0%CA%F7%FC%FB%F3%FE%B3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DE%FD%E1%F7%C6%B0%A8%B0%C2%F7%E0%F6%FB%F1%FA%F7%E1%B2%A1%A1%A2%B2%E2%E7%FC%E6%FD%E1%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DE%FD%E1%F7%DE%FB%E4%F7%B0%A8%B0%C2%F7%E0%F6%FB%F1%FA%F7%E1%B2%E7%FC%FA%F3%B2%E4%FB%F6%F3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DE%FD%E1%E6%DE%FB%E4%F7%E1%B0%A8%B0%C2%F7%E0%F6%FB%F1%FA%F7%E1%B2%E6a%F6%F3%FE%F3%E1%B2%E6h%F3%E1%B2%E4%FB%F6%F3%E1%B3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D3%FE%FE%C3%E7%F7%E1%E6%FB%FD%FC%E1%B0%A8%B0%C2%E0%F7%F5%E7%FC%E6%F3%E1%B2%F1%FD%FF%E2%FE%F7%E6%F3%F6%F3%E1%B3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C1%E7%F1%F1%F7%E1%E1%F7%E1%B0%A8%B0%D1%FD%E0%E0%F7%F1%E6%FD%B3%B2%EE%B2%D7%EA%F1%F7%FE%F7%FC%E6%F7%B3%B2%EE%B2%CA%F7%FC%FB%F3%FE%B3%B2%EE%B2%DF%FD%FB%B2%F0%F7%FC%B3%B2%EE%B2%C2%F7%E0%F4%F7%F1%E6%FD%B3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D4%F3%FB%FE%E7%E0%F7%E1%B0%A8%B0%DC%FD%FC%B2%F7%E0%F3%B2%FB%E1%FD%B3%B2%EE%B2%DB%FC%F1%FD%E0%E0%F7%F1%E6%FD%B3%B2%EE%B2%DC%FD%FC%B2%7B%B2%F1%FD%E0%E0%F7%F1%E6%FD%B3%B2%EE%B2%C1%F7%FC%E6%7F%FF%FD%FE%FD%B3%B2%EE%B2%D7%E0%E0%FD%B3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C1%F1%FD%E0%F7%C1%F1%FD%E0%FF%B0%A8%B0%D3%B2%E2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B2%FC%FD%FC%B2%E1%F7%B2%E2%FD%F6%F7%B2%F5%F3%E0%F6%F3%E0%B2%E2%FD%E0%E3%E7%F7%B2%F7%E1%E6%F3%B2%E2s%EA%FB%FC%F3%B2%FC%FD%FC%B2%F4%FD%E0%FF%F3%B2%E2%F3%E0%E6%F7%B2%F6%E7%FC%B2%E2%F3%E3%E7%F7%E6%F7%B2%C1%D1%DD%C0%DF%BC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C3%E7%F7%E1%E6%FB%FD%FC%B0%A8%B0%C2%E0%F7%F5%E7%FC%E6%F3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DD%FC%FE%EB%C1%F3%E4%F7%C1%F1%FD%E0%F7%B0%A8%B0%C1a%B2%E1%F7%B2%E2%FD%F6%F7%B2%F5%F3%E0%F6%F3%E0%B2%F3%B2%E2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B2%E7%FC%FA%F3%B2%E4%F7%E8%B3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DD%FC%FE%EB%C1%F3%E4%F7%B0%A8%B0%C1a%B2%E1%F7%B2%E2%FD%F6%F7%B2%F5%F3%E0%F6%F3%E0%B2%E7%FC%FA%F3%B2%E4%F7%E8%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DB%FC%F4%FD%E0%FF%F3%E6%FB%FD%FC%B0%A8%B0%DB%FC%F4%FD%E0%FF%F3%F1%FBa%FC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D3%E7%E6%FA%FD%E0%B0%A8%B0%D3%E7%E6%FD%E0%7F%F3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DD%FC%FE%EB%C1%F3%E4%F7%D3%E7%E6%FD%B0%A8%B0%D3%B2%E2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B2%F5%F3%E0%F6%F3%E0%F3%E1%F7%B2%F6%F7%E1%E2%FD%FB%E1%B2%F6%F7%B2%F1%F3%F6%F3%B2%E2%E0%F7%F5%E7%FC%E6%F3%BC%B2%C1a%B2%E1%F7%B2%E2%FD%F6%F7%B2%EA%FD%F5%F3%E0%B2%E7%FC%FA%F3%B2%E4%F7%E8%BC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C1%F3%E4%F7%D3%E7%E6%FD%B0%A8%B0%D3%B2%E2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B2%F5%F3%E0%F6%F3%E0%F3%E1%F7%B2%F3%E7%E6%FD%FF%F3%E6%FB%F1%F3%FF%F7%FC%E6%F7%B2%F6%F7%E1%E2%FD%FB%E1%B2%F6%F7%B2%F1%F3%F6%F3%B2%E2%E0%F7%F5%E7%FC%E6%F3%BC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%CB%FD%E7%C1%F1%FD%E0%F7%B0%A8%B0%D3%B2%E2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C1%F7%E4%F7%E0%F3%FE%C1%F1%FD%E0%F7%B0%A8%B0%C2a%F6%F7%E1%F7%B2%F5%F3%E0%F6%F3%E0%B2%F3%B2%E2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B2%E6%F3%FC%E6%F3%E1%B2%E4%F7%F1%F7%E1%B2%F1%FD%FF%FD%B2%E1%F7%B2%E3%E7%F7%FB%E0%F3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%CB%FD%E7%DE%F3%E1%E6%C1%F1%FD%E0%F7%B0%A8%B0%D3%B2h%FE%E6%FB%FF%F3%B2%E2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B2%F5%F3%E0%F6%F3%F6%F3%B2%7B%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D3%F1%E6%FB%E6%EB%D1%FD%FF%E2%FE%EB%B0%A8%B0%CA%F3%B2%E0%F7%F3%FE%FB%E8%F3%F1%FA%F7%E1%B2%F7%E1%E6%F3%B2%F3%F1%E6%FB%E4%FB%F6%F3%F6%F7%BC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C2%FE%F3%EB%C1%F7%E4%F7%E0%F3%FE%C6%FB%FF%F7%E1%B0%A8%B0%C2a%F6%F7%E1%F7%B2%E0%F7%F3%FE%FB%E8%F3%E0%B2%F7%E1%E6%F3%B2%F3%F1%E6%FB%E4%FB%F6%F3%F6%F7%B2%E6%F3%FC%E6%F3%E1%B2%E4%F7%F1%F7%E1%B2%F1%FD%FF%FD%B2%E1%F7%B2%E3%E7%F7%FB%E0%F3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C6%E0%EB%D3%F5%F3%FB%FC%B0%A8%B0%DC%F7%F1%F7%E1%FB%E6%F3%E1%B2%E2%FD%FE%FD%B2%FF%F7%FC%FD%E1%B2%E7%FC%B2%B7%E1%B7%B2%F6%F7%B2%E0%F7%E1%E2%FD%E1%E6%F3%E1%B2%F1%FD%E0%E0%F7%F1%E6%F3%E1%B2%E2%F3%E0%F3%B2%F1%FD%FC%E1%F7%F5%E7%FB%E0%B2%F3%B2%FB%FC%F4%FD%E0%FF%F3%F1%FBa%FC%BC%B2%C4%FD%FE%E4%F7%B2%E6%F7%FC%E6%F3%FE%FD%BC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C4%FB%F6%F7%FD%DB%FC%E6%E0%FD%B0%A8%B0%C4%7F%F6%F7%FD%B2%F6%F7%B2%FB%FC%E6%E0%FD%F6%E7%F1%FBa%FC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D1%FE%FD%E1%F7%B0%A8%B0%C2%F7%F1%FA%F3%E0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DD%E2%E6%FB%FD%FC%B0%A8%B0%DD%E2%F1%FBa%FC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C7%E1%F7%D4%E7%FE%DB%FC%F4%FD%E0%FF%F3%E6%FB%FD%FC%B0%A8%B0%F7%B2%FB%FC%F4%FD%E0%FF%F3%F1%FBa%FC%B2%E3%E7%F7%B2%E1%F7%E0s%B2%FF%FD%FB%B2h%E6%FB%FE%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DE%FD%F3%F6%FB%FC%F5%B0%A8%B0%D1%F3%E0%F5%F3%FC%F6%FD%BC%B2%D3%F5%F3%E0%F6%F7%u20B4%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C2%FD%FB%FC%E6%E1%B0%A8%B0%E2%E7%FC%E6%FD%E1%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D3%E7%F6%FB%FD%B0%A8%B0%D3%E7%F6%FB%FD%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D7%FC%F6%D5%F3%FF%F7%C1%F1%FD%E0%F7%B0%A8%B0%D1%FD%FF%F7%E8%F3%B2%FD%B2%EA%FD%F5%FD%BC%BC%BC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C7%FC%F1%FD%FF%E2%FE%F7%E6%F7%F6%D3%F1%E6%FB%E4%FB%E6%EB%B0%A8%B0%D3%F1%E6%FB%E4%FB%F6%F3%F6%F7%B2%FC%FD%FC%B2%F1%FD%FF%E2%FE%F7%E6%F3%F6%F3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C1%E7%F1%F1%F7%E1%E1%F4%E7%FE%D3%F1%E6%FB%E4%FB%E6%EB%B0%A8%B0%D3%F1%E6%FB%E4%FB%F6%F3%F6%F7%B2%E1%E7%E2%F7%E0%F3%F6%F3%BC%B2%C2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%A8%B2%B7%E1%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C7%FC%E1%E7%F1%F1%F7%E1%E1%F4%E7%FE%D3%F1%E6%FB%E4%FB%E6%EB%B0%A8%B0%D3%F1%E6%FB%E4%FB%F6%F3%F6%F7%B2%FC%FD%FC%B2%E1%E7%E2%F7%E0%F3%F6%F3%BC%B2%C2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%A8%B2%B7%E1%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C6%EB%E2%F7%D5%F3%FF%F7%B0%A8%B0%C3%E7%D7%EA%E6%B0%EF%EF
01234
O navegador non é compatible con esta ferramenta.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)