A enerxía: o poder que move o mundo
As fontes de enerxía son recursos susceptibles de aproveitamento enerxético: o sol, os combustibles fósiles, o uranio, a auga, as mareas, o vento, xeotermia, biomasa. A enerxía contida nelas, sen transformar, é chamada enerxía primaria.
A enerxía secundaria obtense da transformación da enerxía primaria para que sexa útil na vida cotiá das persoas e na realización da actividade económica. Por exemplo, do petróleo (enerxía primaria) obtense gasolina que permite o desprazamento de vehículos, ou electricidade (por combustión) que permite o funcionamento de máquinas e a iluminación. Gasolina e electricidade son enerxías secundarias.
A electricidade pódese obter a partir de moitas outras enerxías primarias, en instalacións denominadas centrais.
En función da súa capacidade de renovación as enerxías primarias son:
- Non renovables: esgotables, e relativamente baratas. Son os combustibles fósiles (petróleo, gas, carbón) e o uranio. Os combustibles fósiles son moi contaminantes, e a enerxía nuclear crea residuos radioactivos e ten risco de accidentes.
- Renovables: inesgotables porque se rexeneran. Son a solar, eólica, hidráulica, mareomotriz, biomasa, xeotérmica. Non contaminan, pero xeran impacto ambiental e algunhas son relativamente caras.
Lectura facilitada
As fontes de enerxía son recursos da natureza que se poden usar para obter enerxía.
A enerxía permite mover máquinas e persoas
e fai posible a actividade económica e a vida diaria.
A enerxía que está neses recursos sen transformar
chámase enerxía primaria.
A enerxía secundaria obtense ao transformar a enerxía primaria.
Esta transformación faise para que a enerxía sexa útil
tanto na vida diaria como e na actividade económica.
Por exemplo:
Do petróleo, que é enerxía primaria, obtense gasolina.
A gasolina permite que os vehículos se movan.
Do petróleo tamén se pode obter electricidade mediante combustión.
A electricidade permite que funcionen as máquinas
e que haxa luz.
A gasolina e a electricidade son enerxías secundarias.
A electricidade obtense de diferentes enerxías primarias.
Para iso utilízanse instalacións chamadas centrais.
As enerxías primarias clasifícanse
segundo se se poden renovar ou non.
- Enerxías non renovables
Son enerxías esgotables.
Isto significa que se poden acabar.
Xeralmente son máis baratas.
Inclúen:- Petróleo
- Gas natural
- Carbón
- Uranio
Os combustibles fósiles son moi contaminantes.
A enerxía nuclear produce residuos radioactivos.
Estes residuos son perigosos para as persoas e o medio natural.
e tamén existe risco de accidentes.
- Enerxías renovables
Son enerxías inesgotables.
Isto significa que se rexeneran de forma natural.
Inclúen:- Enerxía solar
- Enerxía eólica
- Enerxía hidráulica
- Enerxía mareomotriz
- Biomasa
- Enerxía xeotérmica
Estas enerxías non contaminan.
Con todo, poden xerar impacto ambiental.
Algunhas tamén son relativamente caras.
Audio
Enerxías non renovables
Enerxías non renovables
Carbón
| Funcionamento | Vantaxes |
Problemas |
|---|---|---|
| Quéimase para facer electricidade. | Abundantes reservas. | Esgótase. Contamina moito. |
Petróleo
| Funcionamento | Vantaxes |
Problemas |
|---|---|---|
| Tras un proceso de refino (nunha refinaría) convértense en gasolina, gasóleo e plásticos. | Produce moita enerxía con pouca cantidade. | Esgótase. Contamina moito. |
Gas natural
| Funcionamento | Vantaxes |
Problemas |
|---|---|---|
| Quéimase para calefacción e electricidade. | Máis limpo que o carbón ou o petróleo. | Esgótase. O seu escape accidental é moi contaminante. |
Nuclear
| Funcionamento | Vantaxes |
Problemas |
|---|---|---|
| Divide os átomos para liberar moito calor (electricidade). | Non contamina durante o funcionamento, pero si xera residuos radioactivos. | Esgótase. Produce residuos radioactivos perigosos e de longa duración. |
Lectura facilitada
Enerxías non renovables
- Carbón:
- Funcionamento:
- Quéimase para facer electricidade.
- Vantaxes:
- Reservas son abundantes.
- Problemas:
- Esgótase.
- Contamina moito.
- Funcionamento:
- Petróleo:
- Funcionamento
- Tras un proceso de refino
convértense en gasolina,
- Tras un proceso de refino
- Funcionamento
-
- Vantaxes:
- Produce moita enerxía.
- Problemas:
- Esgótase.
- Contamina moito.
- Vantaxes:
- Gas natural:
- Funcionamento:
- Quéimase para calefacción e electricidade.
- Vantaxes:
- Máis limpo que o carbón ou o petróleo.
- Problemas:
- Esgótase.
- Contamina moito.
- Funcionamento:
- Nuclear:
- Funcionamento:
- Divide os átomos para liberar moita calor.
- Vantaxes:
- Non contamina durante o funcionamento.
- Problemas:
- Esgótase.
- Produce residuos radioactivos
perigosos e de longa duración.
- Funcionamento:
Audio
Enerxías renovables
Enerxías renovables
Solar
| Funcionamento | Vantaxes | Problemas |
|---|---|---|
| Capta a luz e a calor do Sol. | É inesgotable e limpa. | Só funciona de día. |

Eólica
| Funcionamento | Vantaxes | Problemas |
|---|---|---|
| Usa o vento para mover unhas aspas (semellantes ás dos muíños). | É inesgotable e limpa. | Só funciona se hai vento e afecta á paisaxe. |

Hidráulica
| Funcionamento | Vantaxes | Problemas |
|---|---|---|
| Aproveita a forza da auga dos encoros. | É constante e limpa (tras a construción do encoro). | Os encoros destrúen paisaxes e ecosistemas. |

Mareomotriz
| Funcionamento | Vantaxes | Problemas |
|---|---|---|
| Aproveita a variación do nivel mariño coas mareas. | É constante. | Instalacións moi caras e danos nas costas. |

Undimotriz
| Funcionamento | Vantaxes | Problemas |
|---|---|---|
| Aproveita a forza das ondas. | É constante. | Instalacións moi caras. |

Biomasa
| Funcionamento | Vantaxes | Problemas |
|---|---|---|
| Combustión de materia orgánica. | Permite desfacerse de residuos vexetais. | Contamina a atmosfera (aínda que menos que os combustibles fósiles). |

Xeotérmica
| Funcionamento | Vantaxes | Problemas |
|---|---|---|
| Aproveita a calor do interior da codia terrestre. | É constante. | Instalacións caras e só dispoñibles en espazos limitados. |

Lectura facilitada
Enerxías renovables
- Solar:
- Funcionamento:
- Capta a luz e a calor do Sol.
- Vantaxes:
- É inesgotable e limpa.
- Problemas:
- Só funciona de día.
- Funcionamento:
- Eólica:
- Funcionamento:
- Usa o vento para mover unhas aspas.
- Vantaxes:
- É inesgotable e limpa.
- Problemas:
- Só funciona se hai vento.
- Afecta á paisaxe.
- Funcionamento:
- Hidráulica:
- Funcionamento:
- Aproveita a forza da auga dos encoros.
- Vantaxes:
- É constante e limpa e inesgotable tras a construción do encoro.
- Problemas:
- Os encoros destrúen paisaxes e ecosistemas.
- Funcionamento:
- Mareomotriz:
- Funcionamento:
- Aproveita a variación do nivel mariño coas mareas.
- Vantaxes:
- É constante, limpa e inesgotable.
- Problemas:
- Instalacións moi caras e danos nas costas.
- Funcionamento:
- Undimotriz:
- Funcionamento:
- Aproveita a forza das ondas.
- Vantaxes:
- É constante, limpa e inesgotable.
- Problemas:
- Instalacións moi caras.
- Funcionamento:
- Biomasa:
- Funcionamento:
- Combustión de materia orgánica.
- Vantaxes:
- Permite desfacerse de residuos vexetais.
- Problemas:
- Contamina a atmosfera, aínda que menos que os combustibles fósiles.
- Funcionamento:
- Xeotérmica:
- Funcionamento:
- Aproveita a calor do interior da codia terrestre.
- Vantaxes:
- É constante, limpa e inesgotable.
- Problemas:
- Instalacións caras e só dispoñibles en espazos limitados.
- Funcionamento:
Audio
Produción e consumo de enerxía
Unha ou outra das enerxías renovables están presentes por todo o planeta, pero as non renovables están moi desigualmente repartidas. EUA, Arabia Saudita e Rusia lideran a produción de petróleo. En conxunto, os países do Golfo producen un terzo do total. O país con máis reservas do mundo é Venezuela (arredor da cuarta parte), seguido de Arabia (arredor da quinta parte).
O maior produtor de gas é tamén EUA, seguido de Rusia, China, e a área do Golfo Pérsico.
O consumo de petróleo e gas está dominado amplamente polos países máis desenvolvidos, así que o transporte dos produtos é fundamental, en grandes barcos petroleiros ou gaseiros (o gas viaxa licuado para ocupar menos volume). Destacan as rutas que parten do Golfo Pérsico. Oleodutos e gasodutos son outros medios de transporte.
A loita polo control dos pasos estratéxicos das rutas petroleiras e dos oleodutos e gasodutos están detrás de moitos dos conflitos actuais.
A produción de petróleo está moi concentrada. Estados Unidos produciu en 2024 o 16 % do planeta. En conxunto, os países que producen máis do 2 % da produción mundial suman case o 80 % da produción total.
Os oleodutos e gasodutos concéntranse en América do Norte e Europa. Freada por causa da guerra de Ucraína a importación de petróleo e gas rusos, para Europa son clave os oleodutos e gasodutos que lle permiten abastecerse desde Oriente Medio e o norte de África.
A produción e o consumo de electricidade están en relación directa co nivel de desenvolvemento e o volume de poboación. O liderado corresponde á Tríade xunto cos países emerxentes. Os BRICS presentan os maiores incrementos no consumo.
Lectura facilitada
As enerxías renovables existen en todo o planeta.
Pero as enerxías non renovables
non están repartidas de forma igual.
- Produción de petróleo
- Estados Unidos, Arabia Saudita e Rusia
son os principais produtores de petróleo. - Os países do Golfo Pérsico producen, en conxunto,
un terzo de todo o petróleo do mundo. - O país con máis reservas de petróleo é Venezuela,
ten arredor da cuarta parte do total mundial. - Arabia Saudita ocupa o segundo lugar.
Ten preto da quinta parte das reservas.
- Estados Unidos, Arabia Saudita e Rusia
As reservas son as cantidades de petróleo
que aínda non se extraeron.
- Produción de gas:
- O maior produtor de gas é Estados Unidos.
- Despois está, Rusia, China
e os países do Golfo Pérsico.
Consumo e transporte do petróleo e do gas.
- Os países máis desenvolvidos
son os que máis petróleo e gas consomen. - Como produción e consumo non coinciden
o transporte destes produtos é moi importante. - O petróleo e o gas transpórtanse en barco,
en grandes barcos petroleiros
ou grandes barcos gaseiros. - O gas transpórtase licuado.
Isto significa que vai en estado líquido
para ocupar menos espazo.
As rutas máis importantes parten do Golfo Pérsico.
Tamén se usan tubos para transportar:
- oleodutos, para o petróleo
- e gasodutos para o gas.
O control das rutas do petróleo e do gas
é moi importante.
Os pasos estratéxicos son lugares clave
por onde pasan estas rutas.
A loita por controlar estes pasos,
os oleodutos e os gasodutos
está detrás de moitos conflitos actuais.
A produción de petróleo está moi concentrada
en poucos países.
Estados Unidos produciu en 2024
o 16 % do petróleo mundial.
Os países que producen máis do 2 % cada un
suman case o 80 % da produción total.
Os oleodutos e gasodutos
concéntranse sobre todo en:
- América do Norte
- e Europa
A guerra de Ucraína reduciu
a importación de petróleo e gas rusos en Europa.
Por iso, Europa depende moito
dos oleodutos e gasodutos
que chegan desde:
- Oriente Medio
- e Norte de África.
A produción e o consumo de electricidade
están relacionados co nivel de desenvolvemento
e o número de habitantes
Os países máis desenvolvidos
consomen máis electricidade.
O liderado corresponde á Tríade
(Estados Unidos, Europa e Xapón)
xunto cos países emerxentes.
Os BRICS son Brasil, Rusia, India e China.
Estes países presentan os maiores aumentos
no consumo de electricidade.