Glosario
Agricultura de mercado

-
Definición
-
Aquela cuxas producións se destinan á venda.
-
Exemplo
-
Nos países desenvolvidos practícase unha agricultura de mercado altamente produtiva.
Agricultura de rozas

-
Definición
-
Sistema agrario tradicional que consiste en queimar a vexetación dunha área concreta para aclarar a terra a cultivar e utilizar as cinzas como fertilizante.
-
Exemplo
-
Na agricultura de rozas, cultívanse alimentos queimando a vexetación.
Agricultura tropical tradicional de secaño

-
Definición
-
Tipo de agricultura que se practica nas sabanas e que se caracteriza polo emprego combinado da rotación de cultivos e do barbeito.
-
Exemplo
-
Na agricultura tropical de secaño as plantas só contan coas precipitacións para medrar.
Barbeito

-
Definición
-
Técnica agraria que consiste en deixar unha parte dunha parcela sen cultivar para recuperar fertilidade e así poder cultivala ao ano seguinte.
-
Exemplo
-
Onde se practica o barbeito, ao non cultivar toda a terra, pérdese unha parte da produción.
Bocage

-
Definición
-
Paisaxe agraria resultante da existencia de parcelas pequenas e de forma irregular separadas por sebes ou valos.
-
Exemplo
-
No bocage pérdese para o cultivo o terreo ocupado por valos ou sebes.
Cultivo transxénico

-
Definición
-
Planta modificada xeneticamente para lograr unha característica específica (tamaño, forma ou resistencia a pragas).
-
Exemplo
-
Empregando cultivos transxénicos pódese reducir a influencia negativa das pragas.
Explotación agraria

-
Definición
-
Conxunto de terras xestionadas por unha persoa ou empresa.
-
Exemplo
-
Un latifundio é unha explotación agraria grande, de máis de 100 ha.
Investimento
-
Definición
-
Capital empregado coa esperanza de obter un beneficio.
-
Exemplo
-
A agricultura de mercado necesita máis investimento que a tradicional.
Openfield

-
Definición
-
Paisaxe agraria caracterizada pola presenza de campos abertos, sen cercar.
-
Exemplo
-
O openfield é típico das zonas cerealísticas do centro da Península.
Parcela
-
Definición
-
Cada unha das partes nas que se divide unha explotación agrícola.
-
Exemplo
-
No bocage as parcelas sepáranse mediante sebes ou valos.
Produtividade

-
Definición
-
Relación entre os factores de produción, especialmente o traballo, e o produto obtido.
-
Exemplo
-
A produtividade dun campo indica cantos quilos se obteñen por unidade de traballo.














