Glosario
Contedor
-
Definición
-
Caixa metálica, de medidas determinadas, adaptable a diferentes medios de transporte e estanca que se emprega para o traslado de mercadorías.
-
Exemplo
-
O emprego de contedores permite reducir o tempo de carga e descarga de mercadorías.
Eixes (transporte)
-
Definición
-
Corredores de comunicación que concentran alta densidade de tráfico.
-
Exemplo
-
Os principais eixes de transporte sitúanse nas áreas máis desenvolvidas.
Infraestruturas
-
Definición
-
Conxunto de vías e instalacións que permiten a circulación de vehículos (estradas, autoestradas, redes ferroviarias, portos, aeroportos etc.).
-
Exemplo
-
Unha estrada é a infraestrutura de transporte que emprega un camión para desprazase..
Low cost
-
Definición
-
Servizo de transporte de baixo custo. O obxectivo fundamental é ofertar servizos de transporte a menores prezos que as compañías aéreas tradicionais.
-
Exemplo
-
Os voos low cost permiten que máis xente viaxe.
Medios (transporte)
-
Definición
-
Vehículos empregados para os traslados: ferrocarril, camión, barco, avión etc.
-
Exemplo
-
Os medios de transporte permiten o traslado de ben e persoas.
Nós (transporte)
-
Definición
-
Lugares de onde parten e a onde chegan os medios de transporte.
-
Exemplo
-
Normalmente os nós de comunicación coinciden coas cidades.
Rede de transporte
-
Definición
-
Conxunto de infraestruturas de transporte dun territorio.
-
Exemplo
-
Unha rede ben estruturada permite trasladarse moi rapidamente entre dous puntos calquera nun territorio.
Transporte intermodal
-
Definición
-
Método de traslado de mercadorías nunha mesma unidade de carga, contedores por exemplo, empregando dous ou máis métodos de transporte sen manipular de maneira directa as mercadorías dende o lugar de envío ata o de recepción.
-
Exemplo
-
O transporte intermodal reduce o tempo nos traslados de mercadorías, polo que o custo deste é menor.








