Glosario
Balanza comercial
-
Definición
-
Diferenza entre o valor das exportacións e o das importacións.
-
Exemplo
-
A balanza comercial mide o valor das exportacións e das importacións dun país.
Déficit comercial

-
Definición
-
Na balanza comercial: situación na que as importacións teñen maior valor que as exportacións.
-
Exemplo
-
España ten unha balanza comercial negativa xa que importa máis produtos dos que exporta, ten déficit comercial.
Mercado
-
Definición
-
Institución de compra-venda de bens ou servizos, na que conflúen compradores e vendedores.
-
Exemplo
-
No mercado as empresas ofrecen bens e servizos a cambio dos cartos dos compradores.
Prezo
-
Definición
-
Valor monetario que nun mercado ten un ben ou servizo.
-
Exemplo
-
Normalmente, un produto cun prezo alto, véndese menos que un produto barato.
Superávit comercial
-
Definición
-
Na balanza comercial: situación na que as exportacións teñen maior valor que as importacións.
-
Exemplo
-
China ten unha balanza comercial positiva xa que importa máis produtos dos que exporta, ten superávit comercial.




