Empresa intermediaria entre establecementos turísticos e as axencias de viaxe. Ofrecen paquetes turísticos ás axencias e estas véndenllos aos seus clientes.
Exemplo.
Os tour operadores poden vender todo o que necesitamos para viaxar: billetes, hotel, seguros e entradas.
O turismo
O turismo é un desprazamento temporal de polo menos 24 horas, sendo turista quen o realiza. Cando a estancia non inclúe pasar a noite, fálase de visitante.
O turismo pode clasificarse en función de dous criterios principais:
Segundo o lugar de destino
Turismo interior
O turismo interior é dentro do país de residencia.
Turismo exterior
Neste tipo de turismo viáxase a un país diferente.
Segundo a motivación
Turismo por ocio
Este é o turismo dominante. Ten á súa vez múltiples modalidades, que con frecuencia se solapan entre si:
Turismo de sol e praia, un dos máis masivos actualmente.
Turismo ligado á auga en balnearios e actividades acuáticas en mares, lagos e ríos.
Turismo de montaña, con actividades como esquí, alpinismo, sendeirismo, deportes de aventura e actividades na natureza.
Turismo rural é un termo xenérico cando o destino é o medio rural.
Turismo cultural céntrase no coñecemento do patrimonio artístico ou cultural.
Turismo por motivos profesionais
Inclúe asistencia a feiras de mostras, congresos e cursos de formación.
Turismo por motivos persoais
Inclúe visitas a coñecidos, compras, saúde (balnearios) ou relixión (peregrinacións e visitas a santuarios).
Lectura facilitada
O turismo é un desprazamento temporal de polo menos 24 horas. Quen viaxa é o turista. Se a estancia non inclúe pasar a noite, falamos de visitantes.
Agua: balnearios, actividades en mares, ríos e lagos
Montaña: esquí, sendeirismo, alpinismo, deportes de aventura
Rural: viaxes ao medio rural
Cultural: coñecer o patrimonio artístico e cultural
Audio
O turismo moderno
O turismo moderno naceu no século XIX, e durante moito tempo foi exclusivo das elites. Converteuse nun fenómeno de masas na segunda metade do século XX, debido a:
Implantación das vacacións anuais retribuídas e incremento do nivel de vida
Desenvolvemento de medios de transporte máis baratos e rápidos
Fácil planificación das viaxes grazas ás tecnoloxías da información e a comunicación
Valoración social das viaxes
Aumento da oferta de aloxamento
Intensa promoción turística por parte de países, cidades, empresas e institucións
Lectura facilitada
Historia do turismo moderno: Naceu no século XIX, antes só podían viaxar as elites. pero no século XX converteuse nun fenómeno de masas por:
Xeneralización das vacacións anuais retribuídas
Mellora do nivel de vida
Medios de transporte máis baratos e rápidos
Planificación de viaxes máis fácil con tecnoloxías
Valoración social das viaxes
Máis oferta de aloxamento
Promoción turística intensa por países, cidades e empresas
O turismo que se realiza dentro do país de residencia do turista chámaselle @@interior@@. O turismo que ten lugar fóra do país de residencia é o turismo @@exterior@@. Visitar familiares ou realizar actividades relixiosas corresponde ao turismo por motivos @@persoais@@. As feiras, congresos ou cursos de formación son exemplos de turismo por motivos @@profesionais@@. O turismo realizado por diversión, descanso ou coñecer espazos novos denomínase turismo por motivos de @@ocio@@. Un dos factores que favoreceu o crecemento do turismo desde mediados do século XX foi o @@aumento@@ do nivel de vida. Outro factor que favoreceu o turismo é o desenvolvemento dos medios de @@transporte@@. A mellora dos medios de @@información@@ e comunicación axuda a planificación das viaxes. O aumento da oferta de @@aloxamento@@ e a promoción turística realizada por cidades, empresas e institucións fomentou o crecemento do turismo.
O navegador non é compatible con esta ferramenta.
Consecuencias do turismo
O turismo xera no territorio dous tipos de efectos:
Efectos da actividade turística
Efectos positivos
Efectos negativos
Incrementa a entrada de ingresos e divisas.
Posibilita a creación de numerosos postos de traballo.
Activa a construción, o comercio e a hostalería.
Desenvolve o transporte.
Favorece o contacto con diferentes culturas.
Contribúe á fixación da poboación no campo (no caso do turismo rural).
Incrementa os prezos, en particular da vivenda.
Xera moitos traballos precarios, normalmente pouco cualificados e mal pagados.
É en xeral unha actividade moi estacional, con empregos temporais.
Altera a vida cotiá dos residentes.
Causa graves danos medioambientais.
Aumenta a demanda de recursos naturais, como a auga.
Xera moitos residuos.
Causa graves danos medioambientais.
Nos países menos desenvolvidos, gran parte dos beneficios son apropiados por grandes empresas (tour operadores) de países desenvolvidos.
Lectura facilitada
O turismo xera dous tipos de efectos:
Efectos positivos:
Incrementa a entrada de ingresos e divisas.
Posibilita a creación de numerosos postos de traballo.
Activa a construción, o comercio e a hostalería.
Desenvolve o transporte.
Favorece o contacto con diferentes culturas.
Pode contribuír á fixación da poboación no campo (no caso do turismo rural).
Negativos:
Incrementa os prezos, en particular da vivenda.
Xera moitos traballos precarios, normalmente pouco cualificados e mal pagados.
É en xeral unha actividade moi estacional, con empregos temporais.
Altera a vida cotiá dos residentes.
Causa graves danos medioambientais.
Aumenta a demanda de recursos naturais como a auga.
Xera moitos residuos.
Ademais, nos países menos desenvolvidos, gran parte dos beneficios son apropiados por grandes empresas denominadas tour operadores de países desenvolvidos.
O turismo é un importante factor de urbanización, como vemos nas estacións de esquí ou en litorais como o Mediterráneo ou o do sueste asiático. Hoteis e apartamentos turísticos urbanizaron áreas onde non existía poboamento, ou transformaron pequenas vilas en cidades.
Costa de Tailandia
A costa de Tailandia é un exemplo de urbanización ligada ao turismo
Urbanización dun espazo montañoso
A urbanización dun espazo montañoso só se explica pola actividade turística
A estacionalidade do turismo (concéntrase en certas épocas do ano) crea problemas de xestión do territorio: multiplica a poboación dalgunhas cidades e vilas durante uns meses, saturando infraestruturas e servizos (sumidoiros, recollida de lixo, alumeado público, subministro de auga...) que, no entanto, quedan infrautilizados o resto do ano.
O sobreturismo é un problema crecente nalgunhas cidades europeas, pois altera gravemente a vida dos veciños, ata o punto de que as cidades quedan baleiras dos seus habitantes e énchense de aloxamentos turísticos, converténdose en museos ao aire libre.
Gran cruceiro en Venecia
Venecia ofrece un bo exemplo do dano do sobreturismo. A cidade prohibiu a entrada de grandes cruceiros como os que podes ver na imaxe, e cobra por entrar na cidade. O número de residentes desplomouse al longo do século XXI.
Masificación turística en Miconos
A masificación turística, como a da illa grega de Miconos, acaba destruíndo o encanto do lugar visitado, que literalmente corre o risco de acabar "morrendo de éxito".
Lectura facilitada
O turismo cambia o territorio. Exemplo: estacións de esquí ou praias do Mediterráneo. Constrúense hoteis e apartamentos onde antes non había poboación. Algúns pobos convertéronse en cidades por mor do turismo.
Estacionalidade: O turismo concéntrase en certas épocas do ano. Isto aumenta moito a poboación durante uns meses.
As infraestruturas satúranse: Sumidoiros, lixo, luz, auga… Fóra da tempada, estas infraestruturas quedan pouco usadas.
Sobreturismo: Ten lugar cando hai demasiados turistas nun lugar. Os veciños ven afectada a súa vida. As cidades poden quedar baleiras de habitantes e cheas de turistas, converténdose en “museos ao aire libre”.
Audio
Os fluxos turísticos
Os países máis ricos e poboados son os principais emisores do turismo internacional: América do Norte, Europa, Xapón e, cada vez máis, China. Os principais destinos son países con recursos turísticos (patrimonio cultural e natural, sol e praia, montañas...), infraestrutura hoteleira e de transporte adecuada, e percibidos como razoablemente seguros.
Europa lidera o turismo mundial. Francia é o país máis visitado do mundo, polo seu patrimonio histórico e artístico. España é o segundo destino mundial, cun importante turismo masivo de sol e praia. Hai que ter en conta algúns países moi pequenos que non poden acoller millóns de persoas, pero teñen un intenso turismo: destinos montañeiros como Nepal, ou arquipélagos tropicais como Maldivas ou Seychelles.
Europa no seu conxunto, lidera o turismo mundial, con Francia e España á cabeza.
Os turistas proceden sobre todo dos países con alto nivel de vida.
Gran parte do turismo mundial é rexional: os turistas viaxan aos países próximos, pero a xeneralización das viaxes aéreas low cost popularizou destinos afastados, como o sueste asiático para europeos e americanos.
Francia: país máis visitado (patrimonio histórico e artístico)
España: segundo país máis visitado (sol e praia)
Algúns países pequenos teñen turismo intenso:
Nepal (montañas).
Maldivas ou Seychelles (arquipélagos tropicais).
Moito turismo é rexional: viaxan a países próximos. As viaxes low cost fixeron populares destinos afastados. Exemplo: europeos viaxan ao sueste asiático.