Saltar navegación

Aquí, aquí. É un sitio fantástico

Industria e territorio: localización e paisaxes industriais

Os factores de localización industrial

Unha empresa sempre vai buscar obter os beneficios máis elevados e polo tanto, a súa localización vai ter moito que ver coa posibilidade de abaratar os custos de abastecemento e de produción. Os factores que explican a localización das empresas son, entre outros:

Factores de localización industrial
Existencia de boas vías de comunicación que faciliten a entrada de abastecementos e a saída de produtos rematados. A maior parte do tráfico comercial é marítimo, así que a industria tende a estar próxima ao litoral e aos portos, sobre todo se están ben conectados por ferrocarril e autoestradas.
Proximidade das materias primas, importante no caso das industrias pesadas. Por exemplo a siderurxia naceu nas áreas mineiras. Proximidade, dos mercados, moi importante para a industria de bens de consumo, sobre todo no caso dos perecedoiros, como a industria alimentaria. Proximidade doutras industrias provedoras, como as industrias de bens de equipo ou complementarias. 
Dispoñibilidade de solo abundante, barato e accesible: as fábricas abandonaron os centros urbanos caros e conxestionados e desprazáronse ás coroas metropolitanas con bos eixes de comunicación.
Dispoñibilidade de man de obra. Dependendo do tipo de industria, interesará man de obra abundante e barata (localización en áreas urbanas), ou en menor número pero con alta cualificación (localización cerca de centros de formación e investigación ou en áreas atractivas para os traballadores).
A lexislación ambiental, que pode ser máis ou menos esixente e tamén favorecer ou limitar a localización de certas industrias contaminantes. A industria máis contaminante tende a buscar países con escasa protección ambiental.
A política de estímulos do estado para atraer investimento industrial: incentivos fiscais (rebaixa de impostos), subvencións e outras medidas.
Agrupados. Fórmanse zonas industriais normalmente situadas nas periferias urbanas
Imaxe dun polígono industrial. Industrias agrupadas.



Dispersos. Caracterizados pola existencia de instalacións illadas
Imaxe dunha instalación industrial illada.

Lectura facilitada

Os factores de localización son as razóns polas que unha empresa escolle un lugar. Estes factores axudan a reducir os custos de produción e os de transporte.

Vías de comunicación

As empresas precisan boas comunicacións.

Isto facilita a entrada das materias primas
e a saída dos produtos rematados.

A maior parte do comercio faise por mar.

Por iso, moitas industrias sitúanse
preto do litoral ou preto dos portos
sobre todo se os portos están conectados
por ferrocarril e autoestradas.

Proximidade das materias primas

Este factor é moi importante
nas industrias pesadas.

Por exemplo, a siderurxia
naceu preto das minas.

Así redúcese o custo do transporte.

Proximidade dos mercados

Este factor é clave
nas industrias de bens de consumo.

É especialmente importante
para os produtos perecedoiros.

Os produtos perecedoiros
son os que se estragan rápido,
como os alimentos.

Proximidade doutras industrias

Ás veces interesa estar preto
doutras industrias.

Poden ser industrias provedoras
ou industrias complementarias.

Por exemplo, fábricas de máquinas
ou de pezas necesarias para producir.

Dispoñibilidade de solo

As empresas necesitan terreo
abundante, barato e de fácil acceso.

Por iso, moitas fábricas deixaron
os centros das cidades.

Os centros urbanos son caros
e teñen moito tráfico.

As industrias desprazáronse
ás coroas metropolitanas.

As coroas metropolitanas
son as áreas arredor das cidades
con boas comunicacións.

Man de obra

A man de obra son os traballadores.

Segundo o tipo de industria,
pode interesar que haxa
moita man de obra barata,
típica das áreas urbanas.

Ou pouca man de obra,
pero moi cualificada.

Esta última localízase preto
dos centros de formación,
dos centros de investigación
e dos lugares atractivos para vivir.

Lexislación ambiental

A lexislación ambiental
son as leis que protexen o medio natural.

Estas leis poden ser
máis esixentes ou menos esixentes.

As industrias máis contaminantes
adoitan buscar países
con pouca protección ambiental.

Política de estímulos do Estado

O Estado pode axudar
a atraer industrias.

Faino mediante:

  • Incentivos fiscais, que son rebaixas de impostos.
  • Subvencións, que son axudas económicas.
  • Outras medidas de apoio.
    Estas políticas buscan crear emprego
    e atraer investimento industrial.

As paisaxes industriais

A industria pode aparecer dispersa polo territorio, con instalacións illadas, pero en xeral as fábricas adoitan situarse preto unhas das outras, conformando rexións industriais nas que as industrias se benefician de boas comunicacións e da presenza de servizos a empresas. Na imaxe  inferior tes unha vista de conxunto da rexión industrial de Keiyo, en Xapón. Fíxate na localización litoral, que facilita a chegada de materias primas e envío dos produtos elaborados. Tamén na existencia de diferentes tipos de industrias e fábricas: industria pesada e lixeira, instalacións fabrís e enerxéticas moi extensas xunto a naves industriais e comerciais de menores dimensións. 

Vista aérea da rexión industrial de Keiyo, en Xapón.

Estas paisaxes industriais agrupadas son variadas, e a maioría constitúen espazos planificados.

Polígonos ou parques industriais

Sitúanse normalmente nas periferias urbanas, polo menor prezo do solo, a accesibilidade (lonxe da conxestión dos centros das cidades), e o afastamento da poboación da actividade industrial, potencialmente ruidosa e xeradora de residuos. Os polígonos industriais están caracterizados pola regularidade do seu plano. Neles sucédense as naves industriais, utilitarias e sen pretensións arquitectónicas. Tampouco hai un paisaxismo coidado nin unha especial preocupación pola estética do conxunto. A accesibilidade e a dispoñibilidade de terreos son factores chave.

Exemplo 1

Este polígono industrial en Queenstown, Nova Zelandia, mostra a típica sucesión de naves industriais (e algunhas comerciais) nos polígonos das periferias urbanas, con trazado regular planificado.

Imaxe aérea dun polígono indusrial en Queenstown, Nova Zelandia.

Exemplo 2

Esta vista aérea dun polígono industrial en Tomilino, na área metropolitana de Moscova, mostra algúns dos trazos básicos dos polígonos industriais: funcionalidade, regularidade, boa accesibilidade.

Vista aérea dun polígono industrial na periferia da área metropolitana de Moscova.

Exemplo 3

Unha zona franca é unha área industrial con beneficios fiscais e aduaneiros (reducións de impostos) para as empresas. Con esta de Manaus, na Amazonia Brasileira, o goberno quere industrializar o interior do país.

Imaxe que mostra parte da zona franca de Manaus, en Brasil

Parques tecnolóxicos

Acollen unha industria de tecnoloxía punta, sen emisións contaminantes, e presentan un aspecto atractivo con zonas verdes e cuidada arquitectura, e mesmo en moitos casos hai cerca zonas residenciais de poboación acomodada. Adoitan situarse nas primeiras coroas metropolitanas, sempre ben comunicados e cerca dalgún aeroporto internacional.

Exemplo 1

Parque tecnolóxico na India. Fixádevos na arquitectura vangardista, de aceiro e de cristal, e no coidado urbanismo e limpeza do medio natural.

Imaxe dun parque tecnolóxico na India.

Exemplo 2

Parque tecnolóxico de Suzhou, en China, un dos maiores do mundo. China empezou hai décadas a recibir fábricas de empresas estranxeiras, pero hoxe é un xigante con tecnoloxía propia.

Vista do parque tecnolóxico de Suzhou, en China.

Exemplo 3

Parque industrial tecnolóxico de Querétaro, en México. O sector da alta tecnoloxía é estratéxico para todos os estados, polo que adoitan subvencionar e promover este tipo de espazos industriais.

Vista do parque industrial tecnolóxico de Querétaro, en México.

Complexos industriais pesados

Acollen grandes instalacións contaminantes, sen ningunha preocupación estética, como as petroquímicas (obteñen produtos derivados do petróleo), outras químicas de base, metalurxia pesada (obteñen metais a partir dos minerais), cementeiras etc. A contorna degrádase, e só a poboación con menores recursos vive próxima a estas áreas, por non poder trasladarse a outras. Os complexos pesados e/ou contaminantes adoitan situarse nas periferias metropolitanas, para afastar o máximo posible as grandes áreas urbanas da contaminación, e tamén pola maior dispoñibilidade de terreo.

Exemplo 1

Complexo industrial en Kon Tum, en Vietnam. Ocupa unha gran superficie e emite contaminación aérea pero tamén residuos sólidos e líquidos que poden chegar ao solo e á auga.

Vista de conxunto de industria contaminante en Vietnam.

Exemplo 2

Siderurxia en IJmuiden, Países Baixos. A siderurxia é a metalurxia do ferro e do aceiro. Para obtelos precisa gran volume de mineral de ferro e de carbón.

Vista do complexo siderúrxico de IJmuiden, en Países Baixos.

Exemplo 3

A illa Jurong, en Singapur, creouse de maneira artificial unindo varios illotes, para afastar da poboación un complexo industrial pesado dominado pola petroquímica.

Vista de conxunto da petroquímica da illa Jurong, en Singapur.

Parques empresariais

Acollen sedes de empresas, non as fábricas. Teñen cuidado urbanismo e arquitectura, porque as sedes das empresas son parte da súa imaxe pública. Lembrade que nas cidades existen áreas de negocios, os CBD (Central Business District), que teñen a mesma función que os parques empresariais, e ás veces ambos os conceptos fusiónanse. Como no caso dos parques tecnolóxicos, estas áreas poden estar próximas a zonas residenciais de poboación acomodada, se ben os propios parques carecen de poboación residente, (moi escasa nos CBD). Os parques empresariais, que poden acoller empresas non industriais, adoitan situarse nas primeiras coroas metropolitanas, non demasiado lonxe dos centros de negocio.

Exemplo 1

La Défense, en París, é un novo CBD (Distrito Central de Negocios) e un parque empresarial. As sedes das empresas son parte da súa imaxe, polo que o seu aspecto é moi coidado e estudado.

Vista panorámica do barrio de La Défense, en París, sede de numerosas empresas.

Exemplo 2

O parque empresarial da cidade filipina de Pasay, outro exemplo da coidada arquitectura que os caracteriza.

Imaxe do parque empresarial de Pasay, en Filipinas.

Exemplo 3

O centro empresarial de Santa Bárbara en Bogotá está situado a carón dunha das grandes vías de comunicación da metrópole.

Imaxe do centro empresarial Santa Bárbara, en Bogotá.

Industria dispersa e pequena industria local

Algunhas fábricas aparecen dispersas e illadas, por estaren a carón da materia prima, como pode ser unha cementeira ao lado dunha canteira, ou unha fábrica da industria alimentaria ou madeireira no medio rural. Nas pequenas localidades, que non chegan a desenvolver auténticos parques industriais, a escasa actividade transformadora adoita situarse ao longo das estradas de acceso.

Exemplo 1

Este serradoiro, en Percé, Québec, aproveita un recurso abundante nesta área boscosa do oeste de Canadá.

Vista dun serradoiro en Percé, Québec, Canadá.

Exemplo 2

Esta fábrica de flocos de millo en Wisconsin, EUA, é un exemplo de industria que transforma un recurso local.

Imaxe dunha fábrica de flocos de millo en Wisconsin, EUA, a carón da estrada.

Exemplo 3

En segundo plano podedes ver unha fábrica de embutidos no Val de Carranza, en Biscaia, que transforma produtos gandeiros locais.

Vista dunha fábrica de embutidos no val de Carranza, Biscaia.

Lectura facilitada

A industria pode aparecer espallada polo territorio.
Ás veces hai fábricas illadas.
Pero o máis habitual
é que as fábricas se sitúen preto unhas das outras.

Así fórmanse as rexións industriais.

Nunha rexión industrial,
as empresas benefícianse de boas comunicacións
e de servizos vitais para as empresas.

Moitas rexións industriais están no litoral.
Isto é así por que facilita a chegada de materias primas
e o envío dos produtos elaborados.

Nestes lugares hai distintos tipos de industrias:

  • Industria pesada
  • Industria lixeira
  • Instalacións fabrís grandes
  • Instalacións enerxéticas
  • Naves industriais e comerciais máis pequenas.

Estas paisaxes industriais agrupadas
son moi variadas.

A maioría son espazos planificados.
Isto significa que foron deseñados previamente.

  • Os polígonos industriais:
    adoitan situarse nas periferias das cidades
    porque o solo é máis barato,
    hai mellor accesibilidade
    e están lonxe do tráfico do centro.
    Tamén se busca afastar a poboación
    da actividade industrial
    porque a industria pode ser ruidosa
    e xeradora de residuos.
    Os polígonos industriais teñen un plano regular.
    As rúas son rectas e ordenadas.
    As naves industriais son simples, utilitarias
    e sen valor arquitectónico.
    O máis importante é que teñan boa accesibilidade
    e a dispoñibilidade de terreos.
  • Os parques tecnolóxicos:
    Acollen industrias de tecnoloxía punta.
    A tecnoloxía punta é a máis avanzada.
    Estas industrias non contaminan
    nin producen emisións perigosas,
    ademais teñen zonas verdes
    e edificios ben deseñados.
    Moitas veces hai preto zonas residenciais
    e a poboación conta con alto nivel económico.
    Sitúanse nas primeiras coroas metropolitanas
    e sempre están ben comunicados
    e preto dun aeroporto internacional.
  • Os complexos industriais pesados:
    acollen grandes fábricas contaminantes.
    Non hai preocupación pola estética.
    Algúns exemplos son:
    • Industrias petroquímicas
    • Químicas de base
    • Metalurxia pesada
    • Cementeiras

Estas instalacións degradan a contorna,
e nas zonas próximas vive poboación con poucos recursos
xa que estas persoas non poden mudarse
a lugares mellores.

Os complexos pesados sitúanse
nas periferias metropolitanas
así evítase contaminar
as grandes cidades.
Tamén hai máis terreo dispoñible.

  • Os parques empresariais:
    Non teñen fábricas.
    pois só acollen sedes de empresas.
    Teñen un bo urbanismo
    e unha arquitectura coidada,
    xa que a imaxe das empresas é importante.
  • Nas cidades existen áreas de negocios:
    Coñécense como CBD (Central Business District).
    Cumpren a mesma función
    que os parques empresariais.
    Ás veces ambos os espazos mestúranse.
    Estas áreas poden estar preto de barrios acomodados
    pero dentro dos parques non vive xente
    ou vive moi pouca.
    Sitúanse nas primeiras coroas metropolitanas,
    preto dos centros de negocio.
  • Algunhas fábricas están dispersas
    Isto ocorre cando deben estar
    preto da materia prima.
    Por exemplo:
    • Unha cementeira ao lado dunha canteira.
    • Unha fábrica alimentaria no medio rural.
    • Unha fábrica madeireira preto dos bosques.

Nas pequenas localidades
non adoita haber polígonos industriais.
A pouca industria que existe
sitúase ao longo das estradas de acceso.

Coñeces as paisaxes industriais?

Selecciona as tarxetas correctas

%E9%B0%E6%EB%E2%F7%D5%F3%FF%F7%B0%A8%B0%C1%F7%FE%F7%F1%F1%FB%FD%FC%F3%DF%F7%F6%FB%F3%E1%B0%BE%B0%F3%E7%E6%FA%FD%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%FB%FC%E1%E6%E0%E7%F1%E6%FB%FD%FC%E1%B0%A8%B0%AE%E2%AC%C1%F7%FE%F7%F1%F1%FB%FD%FC%F3%B2%F3%E1%B2%E6%F3%E0%EA%F7%E6%F3%E1%B2%F1%FD%E0%E0%F7%F1%E6%F3%E1%AE%BD%E2%AC%B0%BE%B0%E1%FA%FD%E5%DF%FB%FC%FB%FF%FB%E8%F7%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%BE%B0%E1%FA%FD%E5%C1%FD%FE%E7%E6%FB%FD%FC%B0%A8%E6%E0%E7%F7%BE%B0%FB%E6%FB%FC%F7%E0%F3%E0%EB%B0%A8%E9%B0%E1%FA%FD%E5%D1%FE%E7%F7%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%BE%B0%F1%FE%E7%F7%D5%F3%FF%F7%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E2%F7%E0%F1%F7%FC%E6%F3%F5%F7%D1%FE%E7%F7%B0%A8%A6%A2%BE%B0%E1%FA%FD%E5%D1%FD%F6%F7%D3%F1%F1%F7%E1%E1%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%BE%B0%F1%FD%F6%F7%D3%F1%F1%F7%E1%E1%B0%A8%B0%B0%BE%B0%FF%F7%E1%E1%F3%F5%F7%D1%FD%F6%F7%D3%F1%F1%F7%E1%E1%B0%A8%B0%B0%EF%BE%B0%E2%FA%E0%F3%E1%F7%E1%D5%F3%FF%F7%B0%A8%C9%E9%B0%F1%F3%E0%F6%E1%B0%A8%C9%E9%B0%FB%F6%B0%A8%A3%A0%A3%A5%A2%A6%A4%AB%A6%A2%A2%AB%A5%BE%B0%E6%EB%E2%F7%B0%A8%A0%BE%B0%F3%E7%E6%FA%FD%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%FE%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E7%E0%FE%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%E7%F6%FB%FD%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F7%C6%F7%EA%E6%B0%A8%B0%C2%FD%FE%7F%F5%FD%FC%FD%B2%FB%FC%F6%E7%E1%E6%E0%FB%F3%FE%B0%BE%B0%F1%FD%FE%FD%E0%B0%A8%B0%B1%A2%A2%A0%F0%A6%F3%B0%BE%B0%F0%F3%F1%F9%F1%FD%FE%FD%E0%B0%A8%B0%B1%F7%A7%F4%A0%F4%AB%B0%BE%B0%E1%E6%F3%E6%F7%B0%A8%E6%E0%E7%F7%EF%BE%E9%B0%FB%F6%B0%A8%A6%A7%AB%AA%A0%A5%A0%A6%A0%A2%A1%A6%BE%B0%E6%EB%E2%F7%B0%A8%A0%BE%B0%F3%E7%E6%FA%FD%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%FE%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E7%E0%FE%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%E7%F6%FB%FD%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F7%C6%F7%EA%E6%B0%A8%B0%C2%F3%E0%E3%E7%F7%B2%F7%FF%E2%E0%F7%E1%F3%E0%FB%F3%FE%B0%BE%B0%F1%FD%FE%FD%E0%B0%A8%B0%B1%A2%A2%A0%F0%A6%F3%B0%BE%B0%F0%F3%F1%F9%F1%FD%FE%FD%E0%B0%A8%B0%B1%F7%A7%F4%A0%F4%AB%B0%BE%B0%E1%E6%F3%E6%F7%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%EF%BE%E9%B0%FB%F6%B0%A8%A3%A7%A4%A1%A0%A0%A1%A0%A7%A5%A4%A0%A0%BE%B0%E6%EB%E2%F7%B0%A8%A0%BE%B0%F3%E7%E6%FA%FD%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%FE%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E7%E0%FE%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%E7%F6%FB%FD%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F7%C6%F7%EA%E6%B0%A8%B0%DB%FC%F6%E7%E1%E6%E0%FB%F3%B2%FB%FE%FE%F3%F6%F3%B0%BE%B0%F1%FD%FE%FD%E0%B0%A8%B0%B1%A2%A2%A0%F0%A6%F3%B0%BE%B0%F0%F3%F1%F9%F1%FD%FE%FD%E0%B0%A8%B0%B1%F7%A7%F4%A0%F4%AB%B0%BE%B0%E1%E6%F3%E6%F7%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%EF%CF%BE%B0%FF%E1%F5%D7%E0%E0%FD%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DA%FB%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F6%F7%F4%FB%FC%FB%E6%FB%FD%FC%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%E7%F6%FB%FD%D6%F7%F4%FB%FC%FB%E6%FB%FD%FC%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%E7%F6%FB%FD%DA%FB%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%E7%F6%FB%FD%D7%E0%E0%FD%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E7%E0%FE%B0%A8%B0%E0%F7%E1%FD%E7%E0%F1%F7%E1%BD%E2%F3%E0%E3%E7%F7%CD%FB%FC%F6%E7%E1%E6%E0%FB%F3%FE%CD%F3%F1%E6%FB%E4%FB%F6%F3%F6%F7%BC%F8%E2%F5%B0%BE%B0%F3%FE%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%E7%E6%FA%FD%E0%B0%A8%B0%B0%EF%BE%E9%B0%F1%F3%E0%F6%E1%B0%A8%C9%E9%B0%FB%F6%B0%A8%AA%A1%A6%AB%A4%AB%A7%A6%A7%AB%A7%AA%BE%B0%E6%EB%E2%F7%B0%A8%A0%BE%B0%F3%E7%E6%FA%FD%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%FE%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E7%E0%FE%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%E7%F6%FB%FD%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F7%C6%F7%EA%E6%B0%A8%B0%C2%F3%E0%E3%E7%F7%B2%E6%F7%F1%FC%FD%FEa%EA%FB%F1%FD%B0%BE%B0%F1%FD%FE%FD%E0%B0%A8%B0%B1%A2%A2%A0%F0%A6%F3%B0%BE%B0%F0%F3%F1%F9%F1%FD%FE%FD%E0%B0%A8%B0%B1%F7%A7%F4%A0%F4%AB%B0%BE%B0%E1%E6%F3%E6%F7%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%EF%BE%E9%B0%FB%F6%B0%A8%A3%A2%AB%A7%A1%A5%A1%A3%A7%A5%A1%AB%BE%B0%E6%EB%E2%F7%B0%A8%A0%BE%B0%F3%E7%E6%FA%FD%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%FE%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E7%E0%FE%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%E7%F6%FB%FD%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F7%C6%F7%EA%E6%B0%A8%B0%D1%FD%FF%E2%FE%F7%EA%FD%B2%F6%F7%B2%FB%FC%F6%E7%E1%E6%E0%FB%F3%B2%E2%F7%E1%F3%F6%F3%B0%BE%B0%F1%FD%FE%FD%E0%B0%A8%B0%B1%A2%A2%A0%F0%A6%F3%B0%BE%B0%F0%F3%F1%F9%F1%FD%FE%FD%E0%B0%A8%B0%B1%F7%A7%F4%A0%F4%AB%B0%BE%B0%E1%E6%F3%E6%F7%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%EF%BE%E9%B0%FB%F6%B0%A8%AA%AA%A3%A6%A7%A3%A5%A4%A3%A0%AB%A2%BE%B0%E6%EB%E2%F7%B0%A8%A0%BE%B0%F3%E7%E6%FA%FD%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%FE%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E7%E0%FE%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%E7%F6%FB%FD%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F7%C6%F7%EA%E6%B0%A8%B0%DB%FC%F6%E7%E1%E6%E0%FB%F3%B2%FB%FE%FE%F3%F6%F3%B0%BE%B0%F1%FD%FE%FD%E0%B0%A8%B0%B1%A2%A2%A0%F0%A6%F3%B0%BE%B0%F0%F3%F1%F9%F1%FD%FE%FD%E0%B0%A8%B0%B1%F7%A7%F4%A0%F4%AB%B0%BE%B0%E1%E6%F3%E6%F7%B0%A8%E6%E0%E7%F7%EF%CF%BE%B0%FF%E1%F5%D7%E0%E0%FD%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DA%FB%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F6%F7%F4%FB%FC%FB%E6%FB%FD%FC%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%E7%F6%FB%FD%D6%F7%F4%FB%FC%FB%E6%FB%FD%FC%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%E7%F6%FB%FD%DA%FB%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%E7%F6%FB%FD%D7%E0%E0%FD%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E7%E0%FE%B0%A8%B0%E0%F7%E1%FD%E7%E0%F1%F7%E1%BD%FB%FC%F6%E7%E1%E6%E0%FB%F3%CD%FB%FE%FE%F3%F6%F3%CD%F3%F1%E6%FB%E4%FB%F6%F3%F6%F7%BC%F8%E2%F5%B0%BE%B0%F3%FE%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%E7%E6%FA%FD%E0%B0%A8%B0%B0%EF%BE%E9%B0%F1%F3%E0%F6%E1%B0%A8%C9%E9%B0%FB%F6%B0%A8%A3%A2%A5%A3%AB%A1%A5%A0%A5%A1%A6%A7%A2%BE%B0%E6%EB%E2%F7%B0%A8%A0%BE%B0%F3%E7%E6%FA%FD%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%FE%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E7%E0%FE%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%E7%F6%FB%FD%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F7%C6%F7%EA%E6%B0%A8%B0%C2%FD%FE%7F%F5%FD%FC%FD%B2%FB%FC%F6%E7%E1%E6%E0%FB%F3%FE%B0%BE%B0%F1%FD%FE%FD%E0%B0%A8%B0%B1%A2%A2%A0%F0%A6%F3%B0%BE%B0%F0%F3%F1%F9%F1%FD%FE%FD%E0%B0%A8%B0%B1%F7%A7%F4%A0%F4%AB%B0%BE%B0%E1%E6%F3%E6%F7%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%EF%BE%E9%B0%FB%F6%B0%A8%A3%A4%AB%A3%AA%A6%A2%A3%A7%A7%A3%A6%A4%BE%B0%E6%EB%E2%F7%B0%A8%A0%BE%B0%F3%E7%E6%FA%FD%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%FE%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E7%E0%FE%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%E7%F6%FB%FD%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F7%C6%F7%EA%E6%B0%A8%B0%D1%FD%FF%E2%FE%F7%EA%FD%B2%F6%F7%B2%FB%FC%F6%E7%E1%E6%E0%FB%F3%B2%E2%F7%E1%F3%F6%F3%B0%BE%B0%F1%FD%FE%FD%E0%B0%A8%B0%B1%A2%A2%A0%F0%A6%F3%B0%BE%B0%F0%F3%F1%F9%F1%FD%FE%FD%E0%B0%A8%B0%B1%F7%A7%F4%A0%F4%AB%B0%BE%B0%E1%E6%F3%E6%F7%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%EF%BE%E9%B0%FB%F6%B0%A8%A0%A0%A5%A2%A7%AB%AA%A5%A2%A1%A4%A3%BE%B0%E6%EB%E2%F7%B0%A8%A0%BE%B0%F3%E7%E6%FA%FD%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%FE%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E7%E0%FE%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%E7%F6%FB%FD%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F7%C6%F7%EA%E6%B0%A8%B0%C2%F3%E0%E3%E7%F7%B2%E6%F7%F1%FC%FD%FEa%EA%FB%F1%FD%B0%BE%B0%F1%FD%FE%FD%E0%B0%A8%B0%B1%A2%A2%A0%F0%A6%F3%B0%BE%B0%F0%F3%F1%F9%F1%FD%FE%FD%E0%B0%A8%B0%B1%F7%A7%F4%A0%F4%AB%B0%BE%B0%E1%E6%F3%E6%F7%B0%A8%E6%E0%E7%F7%EF%CF%BE%B0%FF%E1%F5%D7%E0%E0%FD%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DA%FB%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F6%F7%F4%FB%FC%FB%E6%FB%FD%FC%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%E7%F6%FB%FD%D6%F7%F4%FB%FC%FB%E6%FB%FD%FC%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%E7%F6%FB%FD%DA%FB%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%E7%F6%FB%FD%D7%E0%E0%FD%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E7%E0%FE%B0%A8%B0%E0%F7%E1%FD%E7%E0%F1%F7%E1%BD%E2%F3%E0%E3%E7%F7%CD%E6%F7%F1%FC%FD%FE%FD%EA%FB%F1%FD%CD%F3%F1%E6%FB%E4%FB%F6%F3%F6%F7%BC%F8%E2%F5%B0%BE%B0%F3%FE%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%E7%E6%FA%FD%E0%B0%A8%B0%B0%EF%BE%E9%B0%F1%F3%E0%F6%E1%B0%A8%C9%E9%B0%FB%F6%B0%A8%A1%A2%A6%A5%A2%A1%A0%A1%A0%A3%A0%A3%BE%B0%E6%EB%E2%F7%B0%A8%A0%BE%B0%F3%E7%E6%FA%FD%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%FE%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E7%E0%FE%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%E7%F6%FB%FD%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F7%C6%F7%EA%E6%B0%A8%B0%C2%FD%FE%7F%F5%FD%FC%FD%B2%FB%FC%F6%E7%E1%E6%E0%FB%F3%FE%B0%BE%B0%F1%FD%FE%FD%E0%B0%A8%B0%B1%A2%A2%A0%F0%A6%F3%B0%BE%B0%F0%F3%F1%F9%F1%FD%FE%FD%E0%B0%A8%B0%B1%F7%A7%F4%A0%F4%AB%B0%BE%B0%E1%E6%F3%E6%F7%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%EF%BE%E9%B0%FB%F6%B0%A8%AB%A5%A0%A1%A4%AA%A3%A6%A1%A4%A1%A4%BE%B0%E6%EB%E2%F7%B0%A8%A0%BE%B0%F3%E7%E6%FA%FD%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%FE%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E7%E0%FE%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%E7%F6%FB%FD%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F7%C6%F7%EA%E6%B0%A8%B0%D1%FD%FF%E2%FE%F7%EA%FD%B2%F6%F7%B2%FB%FC%F6%E7%E1%E6%E0%FB%F3%B2%E2%F7%E1%F3%F6%F3%B0%BE%B0%F1%FD%FE%FD%E0%B0%A8%B0%B1%A2%A2%A0%F0%A6%F3%B0%BE%B0%F0%F3%F1%F9%F1%FD%FE%FD%E0%B0%A8%B0%B1%F7%A7%F4%A0%F4%AB%B0%BE%B0%E1%E6%F3%E6%F7%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%EF%BE%E9%B0%FB%F6%B0%A8%A3%A2%AB%A6%A1%A0%A3%A3%A1%A1%A0%AA%A3%BE%B0%E6%EB%E2%F7%B0%A8%A0%BE%B0%F3%E7%E6%FA%FD%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%FE%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E7%E0%FE%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%E7%F6%FB%FD%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F7%C6%F7%EA%E6%B0%A8%B0%C2%F3%E0%E3%E7%F7%B2%F7%FF%E2%E0%F7%E1%F3%E0%FB%F3%FE%B0%BE%B0%F1%FD%FE%FD%E0%B0%A8%B0%B1%A2%A2%A0%F0%A6%F3%B0%BE%B0%F0%F3%F1%F9%F1%FD%FE%FD%E0%B0%A8%B0%B1%F7%A7%F4%A0%F4%AB%B0%BE%B0%E1%E6%F3%E6%F7%B0%A8%E6%E0%E7%F7%EF%CF%BE%B0%FF%E1%F5%D7%E0%E0%FD%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DA%FB%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F6%F7%F4%FB%FC%FB%E6%FB%FD%FC%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%E7%F6%FB%FD%D6%F7%F4%FB%FC%FB%E6%FB%FD%FC%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%E7%F6%FB%FD%DA%FB%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%E7%F6%FB%FD%D7%E0%E0%FD%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E7%E0%FE%B0%A8%B0%E0%F7%E1%FD%E7%E0%F1%F7%E1%BD%E2%F3%E0%E3%E7%F7%CD%F7%FF%E2%E0%F7%E1%F3%E0%FB%F3%FE%CD%F3%F1%E6%FB%E4%FB%F6%F3%F6%F7%BC%F8%E2%F5%B0%BE%B0%F3%FE%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%E7%E6%FA%FD%E0%B0%A8%B0%B0%EF%BE%E9%B0%F1%F3%E0%F6%E1%B0%A8%C9%E9%B0%FB%F6%B0%A8%A4%AA%A0%A3%A1%AB%A2%A5%AB%AA%AA%A5%BE%B0%E6%EB%E2%F7%B0%A8%A0%BE%B0%F3%E7%E6%FA%FD%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%FE%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E7%E0%FE%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%E7%F6%FB%FD%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F7%C6%F7%EA%E6%B0%A8%B0%C2%FD%FE%7F%F5%FD%FC%FD%B2%FB%FC%F6%E7%E1%E6%E0%FB%F3%FE%B0%BE%B0%F1%FD%FE%FD%E0%B0%A8%B0%B1%A2%A2%A0%F0%A6%F3%B0%BE%B0%F0%F3%F1%F9%F1%FD%FE%FD%E0%B0%A8%B0%B1%F7%A7%F4%A0%F4%AB%B0%BE%B0%E1%E6%F3%E6%F7%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%EF%BE%E9%B0%FB%F6%B0%A8%A3%A2%A6%A2%A2%A0%A0%A5%A0%AB%A2%A4%AB%BE%B0%E6%EB%E2%F7%B0%A8%A0%BE%B0%F3%E7%E6%FA%FD%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%FE%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E7%E0%FE%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%E7%F6%FB%FD%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F7%C6%F7%EA%E6%B0%A8%B0%D1%FD%FF%E2%FE%F7%EA%FD%B2%F6%F7%B2%FB%FC%F6%E7%E1%E6%E0%FB%F3%B2%E2%F7%E1%F3%F6%F3%B0%BE%B0%F1%FD%FE%FD%E0%B0%A8%B0%B1%A2%A2%A0%F0%A6%F3%B0%BE%B0%F0%F3%F1%F9%F1%FD%FE%FD%E0%B0%A8%B0%B1%F7%A7%F4%A0%F4%AB%B0%BE%B0%E1%E6%F3%E6%F7%B0%A8%E6%E0%E7%F7%EF%BE%E9%B0%FB%F6%B0%A8%A1%A5%A5%A1%A5%A1%A6%A5%A5%A0%A7%A7%BE%B0%E6%EB%E2%F7%B0%A8%A0%BE%B0%F3%E7%E6%FA%FD%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%FE%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E7%E0%FE%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%E7%F6%FB%FD%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F7%C6%F7%EA%E6%B0%A8%B0%C2%F3%E0%E3%E7%F7%B2%E6%F7%F1%FC%FD%FEa%EA%FB%F1%FD%B0%BE%B0%F1%FD%FE%FD%E0%B0%A8%B0%B1%A2%A2%A0%F0%A6%F3%B0%BE%B0%F0%F3%F1%F9%F1%FD%FE%FD%E0%B0%A8%B0%B1%F7%A7%F4%A0%F4%AB%B0%BE%B0%E1%E6%F3%E6%F7%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%EF%CF%BE%B0%FF%E1%F5%D7%E0%E0%FD%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DA%FB%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F6%F7%F4%FB%FC%FB%E6%FB%FD%FC%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%E7%F6%FB%FD%D6%F7%F4%FB%FC%FB%E6%FB%FD%FC%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%E7%F6%FB%FD%DA%FB%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%E7%F6%FB%FD%D7%E0%E0%FD%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E7%E0%FE%B0%A8%B0%E0%F7%E1%FD%E7%E0%F1%F7%E1%BD%F1%FD%FF%E2%FE%F7%EA%FD%CD%FB%FC%F6%E7%E1%E6%E0%FB%F3%FE%CD%E2%F7%E1%F3%F6%FD%CD%F3%F1%E6%FB%E4%FB%F6%F3%F6%F7%BC%F8%E2%F5%B0%BE%B0%F3%FE%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%E7%E6%FA%FD%E0%B0%A8%B0%B0%EF%CF%BE%B0%FB%E1%C1%F1%FD%E0%FF%B0%A8%A3%BE%B0%E6%F7%EA%E6%D0%E7%E6%E6%FD%FC%C1%F1%FD%E0%FF%B0%A8%B0%D5%F3%E0%F6%F3%E0%B2%F3%B2%E2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B0%BE%B0%E0%F7%E2%F7%F3%E6%D3%F1%E6%FB%E4%FB%E6%EB%B0%A8%E6%E0%E7%F7%BE%B0%E6%F7%EA%E6%D4%F7%F7%F6%D0%F3%F1%F9%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E6%F7%EA%E6%D3%F4%E6%F7%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F4%F7%F7%F6%D0%F3%F1%F9%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%BE%B0%E2%F7%E0%F1%F7%FC%E6%F3%F8%F7%D4%D0%B0%A8%A3%A2%A2%BE%B0%F1%E7%E1%E6%FD%FF%DF%F7%E1%E1%F3%F5%F7%E1%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%BE%B0%E2%F7%E0%F1%F7%FC%E6%F3%F8%F7%C3%E7%F7%E1%E6%FB%FD%FC%E1%B0%A8%A3%A2%A2%BE%B0%E6%FB%FF%F7%C1%FA%FD%E5%C1%FD%FE%E7%E6%FB%FD%FC%B0%A8%A6%BE%B0%E6%FB%FF%F7%B0%A8%A2%BE%B0%E4%F7%E0%E1%FB%FD%FC%B0%A8%A3%BC%A7%BE%B0%F7%E4%F3%FE%E7%F3%E6%FB%FD%FC%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%BE%B0%F7%E4%F3%FE%E7%F3%E6%FB%FD%FC%DB%D6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%E6%E6%F7%FF%E2%E1%DC%E7%FF%F0%F7%E0%B0%A8%A3%BE%B0%FC%E7%FF%F0%F7%E0%DF%F3%EA%D1%F3%E0%F6%E1%B0%A8%B0%A1%A2%B0%BE%B0%FF%FD%F6%F7%C6%F3%F0%FE%F7%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%BE%B0%FB%F6%B0%A8%B0%A0%A2%A0%A4%A4%A3%AB%A3%A2%A3%A7%A6%BF%A3%A0%A2%B0%BE%B0%FF%E1%F5%E1%B0%A8%E9%B0%FF%E1%F5%C1%E7%F0%FF%FB%E6%B0%A8%B0%D7%FC%E4%FB%F3%E0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D1%FE%E7%F7%B0%A8%B0%CA%F7%FC%FB%F3%FE%B3%B2%D3%B2%E2%FB%E1%E6%F3%B2%7B%A8%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D1%FD%F6%F7%D3%F1%F1%F7%E1%E1%B0%A8%B0%D1a%F6%FB%F5%FD%B2%F6%F7%B2%F3%F1%F1%F7%E1%FD%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C2%FE%F3%EB%D3%F5%F3%FB%FC%B0%A8%B0%CA%FD%F5%F3%E0%B2%FD%E7%E6%E0%F3%B2%E4%F7%E8%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C2%FE%F3%EB%C1%E6%F3%E0%E6%B0%A8%B0%C2%E0%F7%FF%F7%B2%F3%E3%E7%7F%B2%E2%F3%E0%F3%B2%EA%FD%F5%F3%E0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D7%E0%E0%FD%E0%E1%B0%A8%B0%D7%E0%E0%FD%E1%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DA%FB%E6%E1%B0%A8%B0%D3%F1%F7%E0%E6%FD%E1%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C1%F1%FD%E0%F7%B0%A8%B0%C2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DF%FB%FC%FB%FF%FB%E8%F7%B0%A8%B0%DF%FB%FC%FB%FF%FB%E8%F3%E0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DF%F3%EA%FB%FF%FB%E8%F7%B0%A8%B0%DF%F3%EA%FB%FF%FB%E8%F3%E0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DE%FB%E4%F7%B0%A8%B0%C4%FB%F6%F3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D4%E7%FE%FE%C1%F1%E0%F7%F7%FC%B0%A8%B0%C2%F3%FC%E6%F3%FE%FE%F3%B2%D1%FD%FF%E2%FE%F7%E6%F3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D7%EA%FB%E6%D4%E7%FE%FE%C1%F1%E0%F7%F7%FC%B0%A8%B0%C1%F3%7F%E0%B2%F6%F7%B2%E2%F3%FC%E6%F3%FE%FE%F3%B2%F1%FD%FF%E2%FE%F7%E6%F3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DC%E7%FF%C3%E7%F7%E1%E6%FB%FD%FC%E1%B0%A8%B0%DCh%FF%F7%E0%FD%B2%F6%F7%B2%E2%E0%F7%F5%E7%FC%E6%F3%E1%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DC%FD%DB%FF%F3%F5%F7%B0%A8%B0%C2%E0%F7%F5%E7%FC%E6%F3%B2%E1%F7%FC%B2%FB%FF%F3%EA%F7%E1%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D1%FD%FD%FE%B0%A8%B0%CA%F7%FC%FB%F3%FE%B3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DE%FD%E1%F7%C6%B0%A8%B0%C2%F7%E0%F6%FB%F1%FA%F7%E1%B2%A1%A1%A2%B2%E2%E7%FC%E6%FD%E1%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C1%E7%F1%F1%F7%E1%E1%F7%E1%B0%A8%B0%D1%FD%E0%E0%F7%F1%E6%FD%B3%B2%EE%B2%D7%EA%F1%F7%FE%F7%FC%E6%F7%B3%B2%EE%B2%CA%F7%FC%FB%F3%FE%B3%B2%EE%B2%DF%FD%FB%B2%F0%F7%FC%B3%B2%EE%B2%C2%F7%E0%F4%F7%F1%E6%FD%B3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D4%F3%FB%FE%E7%E0%F7%E1%B0%A8%B0%DC%FD%FC%B2%F7%E0%F3%B2%FB%E1%FD%B3%B2%EE%B2%DB%FC%F1%FD%E0%E0%F7%F1%E6%FD%B3%B2%EE%B2%DC%FD%FC%B2%7B%B2%F1%FD%E0%E0%F7%F1%E6%FD%B3%B2%EE%B2%C1%F7%FC%E6%7F%FF%FD%FE%FD%B3%B2%EE%B2%D7%E0%E0%FD%B3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C6%E0%EB%D3%F5%F3%FB%FC%B0%A8%B0%DC%F7%F1%F7%E1%FB%E6%F3%E1%B2%E2%FD%FE%FD%B2%FF%F7%FC%FD%E1%B2%E7%FC%B2%B7%E1%B7%B2%F6%F7%B2%E0%F7%E1%E2%FD%E1%E6%F3%E1%B2%F1%FD%E0%E0%F7%F1%E6%F3%E1%B2%E2%F3%E0%F3%B2%F1%FD%FC%E1%F7%F5%E7%FB%E0%B2%F3%B2%FB%FC%F4%FD%E0%FF%F3%F1%FBa%FC%BC%B2%C4%FD%FE%E4%F7%B2%E6%F7%FC%E6%F3%FE%FD%BC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D7%FC%F6%D5%F3%FF%F7%C1%F1%FD%E0%F7%B0%A8%B0%D3%FC%E6%F7%E1%B2%F6%F7%B2%F5%F3%E0%F6%F3%E0%B2%F3%B2%E2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B2%F1%FD%FF%F7%F1%F7%B2%F3%B2%E2%F3%E0%E6%FB%F6%F3%BC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C1%F1%FD%E0%F7%C1%F1%FD%E0%FF%B0%A8%B0%D3%B2%E2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B2%FC%FD%FC%B2%E1%F7%B2%E2%FD%F6%F7%B2%F5%F3%E0%F6%F3%E0%B2%E2%FD%E0%E3%E7%F7%B2%F7%E1%E6%F3%B2%E2s%EA%FB%FC%F3%B2%FC%FD%FC%B2%F4%FD%E0%FF%F3%B2%E2%F3%E0%E6%F7%B2%F6%E7%FC%B2%E2%F3%E3%E7%F7%E6%F7%B2%C1%D1%DD%C0%DF%BC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DD%FC%FE%EB%C1%F3%E4%F7%C1%F1%FD%E0%F7%B0%A8%B0%C1a%B2%E1%F7%B2%E2%FD%F6%F7%B2%F5%F3%E0%F6%F3%E0%B2%F3%B2%E2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B2%E7%FC%FA%F3%B2%E4%F7%E8%B3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DD%FC%FE%EB%C1%F3%E4%F7%B0%A8%B0%C1a%B2%E1%F7%B2%E2%FD%F6%F7%B2%F5%F3%E0%F6%F3%E0%B2%E7%FC%FA%F3%B2%E4%F7%E8%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DB%FC%F4%FD%E0%FF%F3%E6%FB%FD%FC%B0%A8%B0%DB%FC%F4%FD%E0%FF%F3%F1%FBa%FC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%CB%FD%E7%C1%F1%FD%E0%F7%B0%A8%B0%D3%B2%E2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D3%E7%E6%FA%FD%E0%B0%A8%B0%D3%E7%E6%FD%E0%7F%F3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DD%FC%FE%EB%C1%F3%E4%F7%D3%E7%E6%FD%B0%A8%B0%D3%B2%E2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B2%F5%F3%E0%F6%F3%E0%F3%E1%F7%B2%F6%F7%E1%E2%FD%FB%E1%B2%F6%F7%B2%F1%F3%F6%F3%B2%E2%E0%F7%F5%E7%FC%E6%F3%BC%B2%C1a%B2%E1%F7%B2%E2%FD%F6%F7%B2%EA%FD%F5%F3%E0%B2%E7%FC%FA%F3%B2%E4%F7%E8%BC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C1%F3%E4%F7%D3%E7%E6%FD%B0%A8%B0%D3%B2%E2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B2%F5%F3%E0%F6%F3%E0%F3%E1%F7%B2%F3%E7%E6%FD%FF%F3%E6%FB%F1%F3%FF%F7%FC%E6%F7%B2%F6%F7%E1%E2%FD%FB%E1%B2%F6%F7%B2%F1%F3%F6%F3%B2%E2%E0%F7%F5%E7%FC%E6%F3%BC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C1%F7%E4%F7%E0%F3%FE%C1%F1%FD%E0%F7%B0%A8%B0%C2a%F6%F7%E1%F7%B2%F5%F3%E0%F6%F3%E0%B2%F3%B2%E2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B2%E6%F3%FC%E6%F3%E1%B2%E4%F7%F1%F7%E1%B2%F1%FD%FF%FD%B2%E1%F7%B2%E3%E7%F7%FB%E0%F3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%CB%FD%E7%DE%F3%E1%E6%C1%F1%FD%E0%F7%B0%A8%B0%D3%B2h%FE%E6%FB%FF%F3%B2%E2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B2%F5%F3%E0%F6%F3%F6%F3%B2%7B%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D3%F1%E6%FB%E6%EB%D1%FD%FF%E2%FE%EB%B0%A8%B0%CA%F3%B2%E0%F7%F3%FE%FB%E8%F3%F1%FA%F7%E1%B2%F7%E1%E6%F3%B2%F3%F1%E6%FB%E4%FB%F6%F3%F6%F7%BC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C2%FE%F3%EB%C1%F7%E4%F7%E0%F3%FE%C6%FB%FF%F7%E1%B0%A8%B0%C2a%F6%F7%E1%F7%B2%E0%F7%F3%FE%FB%E8%F3%E0%B2%F7%E1%E6%F3%B2%F3%F1%E6%FB%E4%FB%F6%F3%F6%F7%B2%E6%F3%FC%E6%F3%E1%B2%E4%F7%F1%F7%E1%B2%F1%FD%FF%FD%B2%E1%F7%B2%E3%E7%F7%FB%E0%F3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D1%FE%FD%E1%F7%B0%A8%B0%C2%F7%F1%FA%F3%E0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D3%E7%F6%FB%FD%B0%A8%B0%D3%E7%F6%FB%FD%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C6%FB%FF%F7%DD%E4%F7%E0%B0%A8%B0%DD%B2%E6%F7%FF%E2%FD%B2%F4%FB%FC%F3%FE%FB%E8%FD%E7%B0%BE%B0%FF%F5%E1%D3%FE%FE%C2%FA%E0%F3%E1%F7%E1%B0%A8%B0%D1%FD%FF%E2%FE%F7%E6%F3%F1%FA%F7%E1%B2%E6%FD%F6%F3%E1%B2%F3%E1%B2%F3%F1%E6%FB%E4%FB%F6%F3%F6%F7%E1%B3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DC%E7%FF%F0%F7%E0%E1%D3%E6%E6%F7%FF%E2%E1%B0%A8%B0%DCh%FF%F7%E0%FD%B2%F6%F7%B2%F3%F1%E6%FB%E4%FB%F6%F3%F6%F7%E1%B2%E2%F7%FC%F6%F7%FC%E6%F7%E1%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D3%F1%E6%FB%E4%FB%E6%FB%F7%E1%B0%A8%B0%D3%F1%E6%FB%E4%FB%F6%F3%F6%F7%E1%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D1%FA%F7%F1%F9%B0%A8%B0%D1%FD%FF%E2%E0%FD%F0%F3%E0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D1%FD%FC%E6%FB%FC%E7%F7%B0%A8%B0%D1%FD%FC%E6%FB%FC%E7%F3%E0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D3%FE%FE%DD%D9%B0%A8%B0%CA%F7%FC%FB%F3%FE%B3%B2%C6%FD%F6%FD%B2%F1%FD%E0%E0%F7%F1%E6%FD%B3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D3%F5%F3%FB%FC%B0%A8%B0%C6%7B%FC%E6%F3%FD%B2%F6%F7%B2%FC%FD%E4%FD%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C7%FC%F1%FD%FF%E2%FE%F7%E6%F7%F6%D3%F1%E6%FB%E4%FB%E6%EB%B0%A8%B0%D3%F1%E6%FB%E4%FB%F6%F3%F6%F7%B2%FC%FD%FC%B2%F1%FD%FF%E2%FE%F7%E6%F3%F6%F3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C1%E7%F1%F1%F7%E1%E1%F4%E7%FE%D3%F1%E6%FB%E4%FB%E6%EB%B0%A8%B0%D3%F1%E6%FB%E4%FB%F6%F3%F6%F7%B2%E1%E7%E2%F7%E0%F3%F6%F3%BC%B2%C2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%A8%B2%B7%E1%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C7%FC%E1%E7%F1%F1%F7%E1%E1%F4%E7%FE%D3%F1%E6%FB%E4%FB%E6%EB%B0%A8%B0%D3%F1%E6%FB%E4%FB%F6%F3%F6%F7%B2%FC%FD%FC%B2%E1%E7%E2%F7%E0%F3%F6%F3%BC%B2%C2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%A8%B2%B7%E1%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D1%FA%F3%FC%F5%F7%DF%FD%F6%F7%B0%A8%B0%D1%F3%FF%F0%FB%F3%E0%B2%FF%FD%F6%FD%B2%F6%F7%B2%E4%FB%E1%E7%F3%FE%FB%E8%F3%F1%FBa%FC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C6%EB%E2%F7%D5%F3%FF%F7%B0%A8%B0%C1%F7%FE%F7%F1%F1%FB%FD%FC%F3%B2%F4%FB%F1%FA%F7%FB%E0%FD%E1%B2%FF%E7%FE%E6%FB%FF%F7%F6%FB%F3%B0%EF%EF
01234
O navegador non é compatible con esta ferramenta.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)