Glosario
Bioma

-
Definición
-
Zona xeográfica que se caracteriza por ter unha condicións climáticas específicas e unhas especies vexetais predominantes.
-
Exemplo
-
A selva amazónica é un bioma caracterizado pola presenza dunha gran cantidade de especies vexetais.
Cabana gandeira
-
Definición
-
Animais dunha mesma especie que se crían nunha explotación gandeira.
-
Exemplo
-
Unha galiña forma parte da cabana avícola.
Deforestación

-
Definición
-
Eliminación dos bosques para dedicar o solo libre a outros usos.
-
Exemplo
-
A Amazonia está a sufrir un intenso proceso de deforestación para empregar o espazo para o cultivo da soia.
Gandaría nómade

-
Definición
-
Sistema gandeiro no que os animais están en constante movemento na busca de pastos.
-
Exemplo
-
Os gandeiros que practican a gandaría nómade vense na obriga de desprazáranse ao mesmo tempo que o seu gando.
Gandaría transhumante

-
Definición
-
Sistema gandeiro no que os animais realizan un movemento estacional.
-
Exemplo
-
Os rabaños gandeiros transhumantes no verán desprázanse cara as áreas montañosas na busca de pastos. No inverno, para evitar o frío abandonan os espazos máis alto.





