Adiante co reto!
Chegou o momento de axudar o voso amigo. A continuación, teredes as fichas correspondentes aos expedientes nos que estaba traballando o compañeiro. Para cada unha ofrécensevos ligazóns onde poder buscar información.
Deberedes seleccionar dúas das fichas, cubrilas, e ademais facer un breve informe/presentación no formato que máis vos apeteza: informe escrito, pódcast, presentación, cartel, infografía... Non hai límites para a creatividade!
Audio
O material para o reto
Lembrade: debedes seleccionar dous destes expedientes de traballo. Teredes a ficha do cliente, e enderezos electrónicos onde poder procurar a información necesaria, ademais da contida no propio REA.
Ficha 1
O negocio dos rompexeos. Versión imprimible en formato PDF editable
Recursos:
Ficha 2
Agricultura en Lesotho. Versión imprimible en formato PDF editable
Recursos:
As posibilidades económicas de Lesotho.
Información sobre Lesotho do Ministerio de Asuntos Exteriores de España.
Ficha 3
Minaría das terras raras. Versión imprimible en formato PDF editable
Recursos:
Localización das terras raras.
Impacto ambiental das terras raras.
Impactos e conflitos polas terras raras.
Ficha 4
Empresa cárnica. Versión imprimible en formato PDF editable
Recursos:
Lectura facilitada
A continuación tedes unhas fichas.
Nas fichas están casos nos que estaba traballando o voso amigo.
Son os expedientes que vós debedes completar.
En cada ficha hai enlaces para buscar información.
Debedes:
- Escoller dúas fichas.
- Completar as fichas.
- Facer unha pequena presentación ou informe.
Podedes escoller o formato que prefirades:
- Informe escrito
- Pódcast
- Presentación
- Cartaz
- Infografía
Podedes ser creativos e usar a vosa imaxinación.
Unha vez alcanzado o reto final, toca valorar o traballo realizado para conseguilo.