Uns pasos máis
Ata aquí dedicácheste a recordar algúns coñecementos sobre a economía e os sectores económicos que xa manexabas. Lembralos preparoute mellor para o teu labor de consultoría ou asesoramento.
Agora é o momento de seguir avanzando, de progresar, de saber un pouco máis: toca afondar no tema e descubrir como realmente funcionan os sectores primario, secundario e terciario, ver como todos eles están interconectados e como inflúen de maneira directa sobre as nosas vidas.
Listo ou lista para aprender cousas novas, sorprenderte e mirar a economía con outro ollar?
Seguro que a resposta é que si.
Terás xa a preparación para, agora si, axudar o teu amigo na elaboración dos informes que lle solicita o seu xefe.
Pois, sen perda de tempo, ánimo e adiante. Ti podes!
Lectura facilitada
Ata aquí recordaches algúns coñecementos que xa manexabas
sobre a economía e os sectores económicos.
Agora é o momento de seguir avanzando,
toca descubrir como funcionan realmente os sectores económicos,
ver como todos eles están interconectados
e ver como inflúen de maneira directa sobre as nosas vidas.
Lista ou listo para aprender cousas novas?
Lista ou listo para sorprenderte e mirar a economía con outro ollar?
Agora si poderás axudar o teu amigo
na elaboración dos informes que lle solicita o seu xefe.
Pois, sen perda de tempo, ánimo e adiante. Ti podes!
Adiante!