Glosario
Arancel
-
Definición
-
Imposto aplicado aos produtos que entran nun país (importacións).
-
Exemplo
-
O establecemento dun arancel a un produto importado fai que o seu prezo medre.
Deslocalización
-
Definición
-
Traslado de actividades económicas dun lugar a outro para reducir custos e maximizar beneficios.
-
Exemplo
-
O proceso de deslocalización fai que aumente o paro no espazo no que pechan as empresas.
Economía terciarizada
-
Definición
-
Aquela no que o sector terciario (sector servizos) predomina sobre o primario e secundario.
-
Exemplo
-
O sector da publicidade ten unha grande importancia dentro dunha economía fortemente terciarizada.
Globalización

-
Definición
-
Proceso que supón a integración internacional das economías dos diferentes países e a creación dun mercado sen fronteiras.
-
Exemplo
-
Debido á globalización pódese mercar en calquera parte, e de maneira doada, os produtos feitos nos puntos máis afastados.
Relocalización
-
Definición
-
Proceso polo que empresas deslocalizadas retornan aos seus lugares de orixe. Tamén se coñece co termo inglés Reshoring.
-
Exemplo
-
O encarecemento dos transportes está impulsando o proceso de relocalización.








