Glosario
Capital
-
Definición
-
Conxunto de recursos non naturais empregados na produción de bens e servizos: formación dos traballadores (capital humano), instalacións, maquinaria e materias primas (capital físico), e diñeiro (capital financeiro).
-
Exemplo
-
Unha instalación industrial considérase capital físico.
Capitalismo
-
Definición
-
Sistema económico no que a propiedade dos medios de produción é maioritariamente privada e que ten como obxectivo fundamental a obtención de beneficios por parte das empresas.
-
Exemplo
-
O beneficio económico é o máximo interese do sistema capitalista.
Custos de produción
-
Definición
-
Son todos os gastos necesarios para producir un ben ou un servizo.
-
Exemplo
-
A terra que traballan os agricultores é un dos compoñentes dos custos de produción.
Imposto
-
Definición
-
Pagamentos que persoas e empresas deben facer ao Estado e mediante os que este financia os servizos públicos.
-
Exemplo
-
Se non pagamos impostos, non haberá servizos públicos.
Mercado laboral
-
Definición
- Conxunto da oferta (traballadores) e demanda (empresas) de traballo.
-
Exemplo
-
Os traballadores forman parte do mercado laboral xa que achegan o traballo necesario para producir bens e servizos.
Monopolio

-
Definición
-
Situación na que unha soa empresa controla o mercado dun ben ou servizo.
-
Exemplo
-
Se unha empresa ten o monopolio dun produto os prexudicados son os consumidores, porque os prezos, ao non haber competencia, serán elevados.
Obsolescencia programada
-
Definición
-
Estratexia empresarial que consiste en deseñar produtos cunha vida útil limitada.
-
Exemplo
-
A obsolescencia programada supón que as cousas se deseñen para que duren pouco e así nos vexamos na obriga de adquirir outras novas.
Oligopolio

-
Definición
-
Situación na que un pequeno grupo de empresas controlan o mercado dun ben ou servizo.
-
Exemplo
-
Se existe un oligopolio as empresas poden poñerse facilmente de acordo para subir prezos e así gañar máis.
Poboación activa
-
Definición
-
Conxunto de persoas que están traballando ou buscando emprego.
-
Exemplo
-
Un profesor dando clase forma parte da poboación activa.
Poboación inactiva
-
Definición
-
Conxunto de persoas de máis de 16 anos que non traballan nin procuran traballo.
-
Exemplo
-
Estudantes e as persoas que realizan os traballos nas súas casas forman parte da poboación inactiva.
Socialismo
-
Definición
-
Sistema económico no que o é estado quen decide que, como e para quen producir, en lugar de deixarllo decidir ao mercado.
-
Exemplo
-
Corea do Norte segue a ser un país socialista.
Sostibilidade económica
-
Definición
-
Capacidade dunha economía para manterse, medrar e funcionar a longo prazo sen esgotar os recursos.
-
Exemplo
-
A sostibilidade económica fai que empreguemos os recursos naturais sen esgotalos para que as futuras xeracións tamén poidan aproveitalos.






