Recordar para avanzar
Estás impaciente por axudar o noso amigo, pero claro.... antes de poder asesoralo debes coñecer ben a actividade económica e os sectores produtivos. E como sempre se comeza polo principio, tes que lembrar algúns conceptos básicos xa traballados anteriormente. Neste apartado farás un pequeno repaso destes coñecementos previos, que che servirán de base para comprender mellor os contidos de ampliación que se desenvolverán a continuación, e desenvolver o reto con total profesionalidade.

Lectura facilitada
Estás impaciente por axudar o voso amigo.
Antes de poder asesoralo debes coñecer ben a actividade económica
e tamén coñecer os sectores produtivos.
E como sempre se comeza polo principio,
é importante que lembres algúns conceptos básicos.
Estes conceptos xa os traballaches anteriormente.
Neste apartado repasarás os coñecementos previos,
e así comprenderás mellor os contidos de ampliación,
e no seu momento, poderás desenvolver o reto proposto.