Saltar navegación

2.6. Un alto no camiño

Mirando atrás para seguir avanzando

Imaxe de billetes e moedas.

É hora de revisar todo o que fuches aprendendo sobre o eido da economía. 

Resolve algunha das tarefas propostas para afianzar o aprendido. 

Veña, seguro que o fas xenial!

Lectura facilitada

É hora de revisar todo o que repasaches sobre o eido da economía.

Resolve as tarefas propostas

para ver todo o que lograches aprender.

Veña, seguro que o fas xenial!

Elixe un peto

Realiza unha das opcións:

Opción A: Palabras que sobran

Completa o texto escribindo (tamén se pode copiar e pegar) os termos máis axeitados da lista de palabras suxeridas que se atopa a continuación:

Estado, minaría, industria, pesca, TIC, enerxía, industrialización, terciarización, renovables, renovadas, primario, secundario, terciario, turismo, económica, mixta, produción, consumo, globalización, familias, empresas, forestal, acuícola, primas, secundarias. 

Cada palabra úsase unha soa vez e hai palabras que non vas empregar.

A actividade inclúe , distribución e consumo de bens e servizos, e busca satisfacer as necesidades das persoas. Os seus principais axentes son as , as empresas e o .

O sector reúne actividades que obteñen recursos da natureza, como a agricultura, a gandaría, a explotación , a pesca e a .

O sector  inclúe a construción e a transformación de materias a través da  , empregando fontes de  que poden ser ou non  .

O sector ofrece servizos como o comercio, o transporte e o , con distintas modalidades segundo a actividade.

Actualmente a actividade económica mundial está moi interrelacionada, fenómeno coñecido como . Outro proceso fundamental é o de económica, é dicir, o predominio do sector servizos na creación de riqueza e de emprego.

Activar JavaScript

Opción B: Probabilidade 50 %

Le os enunciados e escolle Verdadeiro ou Falso

Pregunta 1

A actividade económica busca satisfacer necesidades mediante a produción de bens e servizos.

Pregunta 2

A distribución é a fase na que os consumidores utilizan os bens para cubrir as súas necesidades.

Pregunta 3

As familias son as unidades básicas de produción de bens e servizos.

Pregunta 4

O Estado regula a actividade económica.

Pregunta 5

As empresas son factores produtivos.

Pregunta 6

A gandaría é unha actividade propia do sector secundario cando as granxas están mecanizadas.

Pregunta 7

A industria é unha actividade de transformación, polo tanto propia do sector secundario

Pregunta 8

As fontes de enerxía renovables esgótanse segundo se consumen.

Pregunta 9

A construción forma parte do sector secundario.

Pregunta 10

A agricultura, a gandaría e a minaría son actividades pertencentes ao sector primario.

Pregunta 11

Comercio exterior é o que se realiza dentro das fronteiras dun mesmo país.

Pregunta 12

O turismo é unha actividade propia do sector secundario da economía

Pregunta 13

A actividade económica está realizada polos axentes económicos.

Pregunta 14

Un proceso básico da actividade económica actual é o progresivo illamento das economías dos diferentes países entre si.

Opción C: Só unha vale

Pregunta

Cal é o obxectivo principal da actividade económica?

Respostas

Crear emprego

Aumentar a riqueza das empresas

Satisfacer necesidades humanas

Reducir impostos

Retroalimentación

Pregunta

En que fase do ciclo económico se compran os produtos para seren usados?

Respostas

Produción

Distribución

Consumo

Transporte

Retroalimentación

Pregunta

Que axente económico regula e lexisla sobre economía?

Respostas

As familias

As empresas

O Estado

As cooperativas

Retroalimentación

Pregunta

Unha empresa...

Respostas

Regula e define as normas laborais.

Emprega diferentes medios de produción

Por norma xeral non teñen ánimo de lucro

Só os obreiros dunha empresa constitúen o factor traballo

Retroalimentación

Pregunta

A agricultura é unha actividade do sector primario porque....

Respostas

É o sector que xera menos emprego

É unha actividade económica pouco robotizada

Obtén bens sen transformar.

É unha decisión política

Retroalimentación

Pregunta

A construción pertence ao sector…

Respostas

Primario

Secundario

Terciario

Cuaternario

Retroalimentación

Pregunta

Cal das seguintes é unha fonte de enerxía renovable?

Respostas

Petróleo

Carbón

Enerxía solar

Uranio

Retroalimentación

Pregunta

O comercio exterior consiste en…

Respostas

Vender e comprar dentro do país

Transportar mercadorías entre cidades

Intercambiar produtos con outros países

Vender só materias primas

Retroalimentación

Pregunta

O turismo consiste en…

Respostas

Intercambio de mercadorías

Desprazamento da poboación durante unha xornada, regresando a casa a durmir

Cambio de residencia definitiva das persoas

Desprazamento temporal da poboación, de polo menos 24 horas

Retroalimentación

Pregunta

Cal das seguintes opcións pertence ao sector primario?

Respostas

Industria automobilística

Pesca

Comercio interior

Transporte aéreo

Construción

Retroalimentación

Pregunta

Un factor fundamental da globalización económica é...

Respostas

A mellora das telecomunicacións

O aumento da poboación mundial

A expansión do sector terciario

A existencia de tres sectores produtivos

Retroalimentación

Utiliza agora o diario de aprendizaxe

Imaxe do diario de aprendizaxe no proxecto cREAgal. Amosa un lapis e un caderno co logotipo do proxecto na tapaXa estás máis cerca de poder converterte en asesora ou asesor de verdade. Seguro que hai partes das fichas que xa poderías cubrir, porque traballaches un feixe de contidos refrescando o que sabías sobre a actividade económica e a súa dimensión xeográfica.

Aproveita que tes frescos os coñecementos adquiridos e cobre a fase 2 do teu diario de aprendizaxe.

Servirache para adiantar traballo e prepararte mellor para o reto final. Os informes esperan por ti!

Lectura facilitada

Xa estás máis cerca de converterte nunha asesora ou nun asesor de verdade.

Seguro que xa podes completar algunhas partes das fichas.
Aproveita o que aprendiches
e completa a fase 2 do diario de aprendizaxe.

Isto axudarache a adiantar traballo.
Tamén te preparará mellor para o reto final.

Os informes agardan por ti!

Feito con eXeLearning (Nova xanela)