Unha economía globalizada...
Vés de coñecer a globalización, o proceso de interconexión crecente entre os todos os países, que facilita o intercambio de bens, servizos, capitais, tecnoloxía, información e persoas a escala mundial. Este proceso fai posible unha maior integración e interdependencia entre as economías de todo o planeta.

Xa sabes que a globalización iniciouse a mediados do século XX e desenvolveuse a gran velocidade grazas a varios factores:
- A modernización dos medios de transporte (permiten un transporte rápido e barato).
- A expansión das TIC, Tecnoloxías da Información e da Comunicación, (que permiten que a información e as transaccións financeiras flúan de maneira instantánea).
- A sinatura de tratados comerciais internacionais (feito que facilitou o tránsito de mercadorías).
E xa coñeces igualmente as súas importantes consecuencias.
| Favorece o crecemento económico... | ... pero con fortes desigualdades |
|---|---|
|
|
Os seguintes gráficos permitiran que comprobes a intensidade e a aceleración da globalización nas últimas tres décadas:



Lectura facilitada
A globalización é un proceso de conexión entre todos os países do mundo.
Permite o intercambio de bens, servizos, capitais, tecnoloxía, información e persoas.
Grazas á globalización, as economías están cada vez máis relacionadas.
Os países dependen uns doutros.
A globalización comezou a mediados do século XX.
Avanzou moi rápido grazas a varios factores:
- A mellora dos medios de transporte,
que permiten desprazamentos máis rápidos e baratos.
- O desenvolvemento das TIC,
é dicir, das Tecnoloxías da Información e da Comunicación.
Grazas ás TIC a información e o diñeiro móvense de forma inmediata.
- A sinatura de tratados comerciais internacionais que facilitan o comercio entre países.
Consecuencias da globalización:
A globalización ten efectos positivos pero tamén crea problemas.
- Aspectos positivos:
- A globalización favorece o intercambio de bens, servizos e capitais entre países.
- Os consumidores teñen máis variedade de produtos
e, moitas veces, prezos máis baixos. - A globalización impulsa o crecemento económico en todo o mundo:
- Os países desenvolvidos acceden a recursos naturais e man de obra máis barata.
- Os países en desenvolvemento reciben tecnoloxía, coñecementos e investimentos estranxeiros.
- A globalización favorece o intercambio cultural e a difusión de ideas.
- Aspectos negativos:
- A globalización xera desigualdades entre países.
- Nalgúns países mellora o nivel de vida, pero noutros continúa a pobreza.
- Coa globalización aumentan as desigualdades sociais.
A riqueza téñena poucas persoas
e pode provocar precariedade e inestabilidade laboral.
Isto ocorre tanto nos países que reciben empresas
como nos que as perden. - A globalización incrementa o poder das empresas multinacionais.
Isto pode provocar o peche de empresas locais
e reducir a capacidade de decisión dos gobernos.


