Galicia é unha potencia na exportación de automóbiles.
Importación
Definición
Compra fóra do territorio nacional dun produto.
Exemplo
España realiza unha grande importación de produtos tecnolóxicos.
O sector terciario ou sector servizos
As actividades incluídas neste sector non producen bens senón que proporcionan servizos. As máis importantes son o comercio, o transporte e o turismo.
Comercio
Comprende todas as actividades relacionadas coa compra, venda e intercambio de mercadorías. Hai dous tipos de comercio:
Comercio interior: o que se produce dentro dun país.
Comercio exterior: aquel que se produce entre países. No caso deste comercio distinguimos as exportacións (venda de produtos a outros países) e as importacións (compra de produtos a outros países).
Transporte
Consiste no traslado de persoas e mercadorías dun lugar a outro. Diferéncianse tres tipos de transporte:
Terrestre (camión, autobús e ferrocarril)
Marítimo (barco)
Aéreo (avión)
O transporte é unha actividade moi importante porque permite facilitar as relacións humanas e tamén desenvolver as diferentes actividades económicas.
Turismo
Denomínase turismo ao desprazamento e estancia temporal (como mínimo 24 horas) fóra do domicilio habitual. Quen o realiza é un turista. É unha actividade moi importante e que está en rápido crecemento. Aínda que hai moitos tipos de turismo os máis importantes son os seguintes:
Turismo de sol e praia: os turistas desprázanse ás costas para gozar do sol e do mar.
Turismo de natureza: actividades de ocio realizadas en contacto co medio natural.
Turismo cultural: visitas a monumentos ou museos.
Lembra que os servizos públicos son básicos nos países máis desenvolvidos, e conforman o chamado estado do benestar. Tamén estudaches o curso pasado que o número e especialización dos servizos presentes nas cidades son un elemento clave para establecer a súa posición na xerarquía urbana.
Lectura facilitada
O sector dos servizos ou sector terciario. No sector servizos non se fabrican cousas. As persoas traballan aquí para axudar e atender. As actividades máis importantes son: comercio, transporte e turismo.
O comercio: O comercio consiste en comprar e vender cousas. Hai dous tipos:
Comercio interior: é o que se fai dentro dun país.
Comercio exterior: é o que se fai entre países.
Exportación: vender produtos a outros países.
Importación: mercar produtos doutros países.
O transporte: O transporte consiste en mover persoas ou cousas dun lugar a outro. Hai tres tipos de transportes:
Transporte terrestre: por terra (camión, autobús, tren).
Transporte marítimo: por mar (barco).
Transporte aéreo: polo aire (avión). O transporte é importante porque axuda ás persoas a comunicarse e permite facer outras actividades económicas.
O turismo: O turismo consiste en viaxar a outros lugares. Viáxase para gozar ou aprender cousas. É unha actividade moi importante e é unha actividade que cada vez medra máis. Tipos de turismo: Hai moitos tipos, pero os máis importantes son:
Sol e praia: ir ás costas para tomar o sol e bañarse no mar.
Turismo de natureza: facer actividades na natureza.
Turismo cultural: visitar monumentos ou museos.
Audio
Poñendo nome aos servizos
Le, desprega e escolle para completar os enunciados propostos.