Actividade do sector secundario que se dedica a erguer edificios e infraestruturas.
Exemplo
Un albanel desenvolve a súa actividade no sector da construción.
Enerxía renovable
Definición
Aquela que non se esgota co seu uso.
Exemplo
A enerxía solar é unha fonte de enerxía renovable.
Enerxía non renovable
Definición
Aquela que se esgota co seu uso.
Exemplo
O gas, dado que se esgota, é considerado unha fonte de enerxía non renovable.
Fonte de enerxía
Definición
Recursos que proceden da natureza e que nos proporcionan a forza necesaria para realizar un traballo.
Exemplo
O petróleo é a fonte de enerxía máis empregada na actualidade.
Industria
Definición
Actividade do sector secundario que agrupa a todas as actividades que transforman as materias primas en bens elaborados ou semielaborados.
Exemplo
A industria, coa utilización de maquinaria, desenvólvese en fábricas de tamaño variable.
Materia prima
Definición
Recursos, fundamentalmente de orixe natural que, mediante un proceso industrial se transforman en produtos elaborados ou semielaborados.
Exemplo
O cacao é a materia prima básica do chocolate.
Produto elaborado
Definición
Produto directamente destinado ao seu consumo.
Exemplo
Un pantalón é un ben de consumo directo, por iso se di que é un ben elaborado.
Produto semielaborado
Definición
Produto que xa pasou por un proceso industrial pero que necesita unha nova transformación para ser empregado.
Exemplo
Unha tea acabada de saír dunha fábrica téxtil, é un produto semielaborado porque necesita unha nova transformación para poderse converter nun vestido.
O sector secundario
Agrupa a todas as actividades que transforman as materias primas en diferentes tipos de produtos. As máis importantes son a construción e a industria. O sector secundario tamén inclúe a xeración de enerxía.
a) As materias primas:
Son recursos, fundamentalmente de orixe natural que, mediante un proceso industrial se transforman en produtos elaborados ou semielaborados. Poden ser de orixe:
Vexetal
Recursos agrícolas e forestais (algodón, madeira, tabaco...).
Animal
Recursos gandeiros (carne, leite, la...).
Mineral
Recursos procedentes do subsolo, entre os que se distinguen:
Minerais metálicos: ferro, bauxita, ouro...
Non metálicos: arxila, caolín, seixo...
Minerais enerxéticos: petróleo, carbón, uranio...
b) As fontes de enerxía:
Son os recursos naturais que proporcionan a forza necesaria para desprazar vehículos ou facer funcionar as máquinas, entre elas as necesarias para transformar as materias primas en diferentes bens.
As fontes de enerxía poden clasificarse en renovables e non renovables. As non renovables son aquelas que se esgotan segundo se consumen (petróleo, carbón) e as renovables son as que segundo se empregan se rexeneran (eólica e solar).
c) A construción:
A construción dedícase a construír edificios e infraestruturas tales como portos, estradas, aeroportos, vías férreas etc.
d) A industria:
A industria encárgase de transformar as materias primas en produtos elaborados (destinados ao consumo directo) ou semielaborados (os que necesitan unha segunda transformación para seren empregados), utilizando distintas fontes de enerxía.
Existen moitas ramas industriais (téxtil, alimentaria, electrónica, e un longo etcétera), que se poden agrupar en diferentes clasificacións que pouco a pouco coñecerás.
Lectura facilitada
A industria encárgase de transformar as materias primas. As materias primas son materiais que veñen da natureza. Estas actividades crean produtos novos.
As actividades máis importantes son a construción, a industria e a xeración de enerxía.
As materias primas: Son recursos, fundamentalmente de orixe natural. Mediante un proceso industrial transfórmanse en diversos produtos. Os produtos poden ser elaborados ou semielaborados. Os produtos elaborados consúmense directamente. Os produtos semielaborados necesitan doutra transformación. Distinguimos materias primas de diferentes orixes:
Vexetal: recursos agrícolas e forestais (algodón, madeira, tabaco...).
Animal: recursos gandeiros (carne, leite, la...).
Mineral: recursos procedentes do subsolo, Hai diferentes tipos de minerais:
Minerais metálicos: ferro, bauxita, ouro...
Non metálicos: arxila, caolín, seixo...
Minerais enerxéticos: petróleo, carbón, uranio...
As fontes de enerxía: Son os recursos naturais. As fontes de enerxía proporcionan a forza necesaria para desprazar vehículos, e tamén poden facer funcionar as máquinas. As fontes de enerxía poden clasificarse en renovables e non renovables.
As non renovables son aquelas que se esgotan segundo se consumen: Son non renovables entre outras o petróleo e o carbón.
As renovables son as que segundo se empregan, rexenéranse: Como exemplos podemos citar a eólica e a solar.
A construción: A construción fai edificios (casas, hospitais…). Tamén fai infraestruturas. As infraestruturas son grandes obras moi útiles para os seres humanos. Exemplos de infraestruturas son: portos, estradas e aeroportos.
A industria: A industria encárgase de transformar as materias primas en diversos produtos. Para transformalas utiliza distintas fontes de enerxía. Os produtos poden ser elaborados ou semielaborados. Existen moitas ramas industriais: téxtil, alimentaria, electrónica...
Audio
Industria en marcha: selecciona a resposta correcta
Escolle as respostas correctas e preme o botón Comprobar.