Saltar navegación

1. Estudantes e asesores

 

Glosario

Actividade económica

Pictograma que representa a produción.

Definición

Conxunto de accións necesarias para producir bens e servizos cos que unha sociedade satisfai as súas necesidades. 

Exemplo

As actividades económicas conectan o que temos co que necesitamos.

Economía

Pictograma que simboliza a economía

Definición

Ciencia que se encarga da xestión de recursos escasos cos que satisfacer necesidades ilimitadas.

Exemplo

A economía explica que facer cos recursos dispoñibles para obter os mellores resultados.

Comezando

Aínda que non te decates, a economía e as actividades económicas están presentes no teu día a día: cando mercas algo, cando traballas, cando vas a un espectáculo... sempre están ao teu lado. Coñecer o seu funcionamento permitirache entender moito mellor o mundo no que vives e, como non, tomar decisións máis acertadas.

A través dos textos, das imaxes e das actividades propostas neste REA poderás aprender que é a actividade económica, quen a protagoniza, como se organizan as empresas e cales son os sistemas económicos existentes. Posteriormente coñecerás os sectores económicos, as súas principais características e a súa importancia na túa vida cotiá. Para rematar, poderás poñer en práctica o aprendido: mediante a resolución do reto proposto serás quen de aplicar as ideas teóricas dunha forma orixinal e divertida.

A imaxe mostra os obxectivos de desenvolvemento  sostible ODS 2030


Ademais de todos os temas antes anunciados, ao longo deste REA tamén traballarás os seguintes ODS:

    • ODS 1: Fin da pobreza
    • ODS 7: Enerxía accesible e non contaminante
    • ODS 8: Traballo decente e crecemento económico
    • ODS 9: Industria, innovación e infraestruturas
    • ODS 10: Redución das desigualdades
    • ODS 11: Cidades e comunidades sostibles
    • ODS 12: Produción e consumo responsables
    • ODS 13: Acción polo clima



    Lectura facilitada

    A economía e as actividades económicas
    están presentes no teu día a día:
    cando mercas algo, cando traballas,
    cando vas a un espectáculo... 
    sempre están ao teu lado.

    Coñecer o funcionamento das actividades económicas
    permite coñecer mellor o mundo no que vives
    e tomar decisións máis acertadas.

    A través dos textos, das imaxes
    e das actividades propostas neste REA
    poderás aprender que é a actividade económica,
    quen a protagoniza, como se organizan as empresas
    e cales son os sistemas económicos existentes.

    Posteriormente coñecerás os sectores económicos,
    as súas características e a súa importancia na túa vida cotiá. 

    Para rematar, poderás poñer en práctica o aprendido.

    Mediante a resolución do reto proposto
    poderás aplicar as ideas teóricas dunha forma orixinal.

    Ademais de todos os temas antes anunciados,
    ao longo deste REA tamén traballarás os seguintes ODS:

    • ODS 1: Fin da pobreza
    • ODS 7: Enerxía accesible e non contaminante
    • ODS 8: Traballo decente e crecemento económico
    • ODS 9: Industria, innovación e infraestruturas
    • ODS 10: Redución das desigualdades
    • ODS 11: Cidades e comunidades sustentables
    • ODS 12: Produción e consumo responsables
    • ODS 13: Acción polo clima 

    Ánimo!!!

    Que vas aprender neste camiño?

    Despois de estudar os textos, facer as actividades e concluír o reto poderás saber...

    • Comprender que é a actividade económica e os axentes que a protagonizan.
    • Reflexionar sobre a importancia da economía na sociedade.
    • Analizar como se organiza o traballo.
    • Entender como poden organizar as sociedades as actividades económicas para responder ás necesidades das persoas.
    • Identificar os tres sectores económicos.
    • Comprender como a actividade económica organiza o territorio e xera paisaxes diferenciadas.
    • Relacionar economía e sostibilidade, entendendo como é o impacto ambiental e social das actividades produtivas.
    • Descubrir a interconexión dos ODS e a economía.
    • Desenvolver pensamento crítico sobre a forma de realizar a produción, a distribución e o consumo. 

    Lectura facilitada

    Despois de estudar os textos,
    facer as actividades
    e concluír o reto poderás...

    • Comprender que é a actividade económica.
    • Como se satisfacen ás necesidades das persoas.
    • Identificar os tres sectores económicos.
    • Analizar como se organiza o traballo.
    • Reflexionar sobre a importancia da economía.
    • Relacionar economía e sostibilidade.
    • Entender como son os impactos das actividades produtivas.
    • Descubrir a interconexión dos ODS e a economía.
    • Desenvolver pensamento crítico sobre a forma de realizar a produción, a distribución e o consumo. 

    Feito con eXeLearning (Nova xanela)