Saltar navegación

1.1. Vai comezar o reto

O voso reto

O irmán dun bo amigo traballa nunha consultora. Está un pouco agoniado, porque o xefe lle encargou uns expedientes que tiña que facer un compañeiro de traballo enfermo, e teme que non lle dea tempo.

Xusto despois de que o comentaran, a profesora di na clase que ides traballar sobre xeografía económica. A idea xurdiu soa. Ides elaborar entre todos os informes que necesita o irmán do voso amigo! Seguro que sodes quen de facer un magnífico traballo!

Lectura facilitada

O irmán dun bo amigo traballa nunha consultora.

Está un pouco agoniado,
debe facer o traballo dun compañeiro enfermo.

Teme que non lle dea tempo.

A profesora di na clase que ides traballar sobre xeografía económica.

A idea xurdiu soa.

Ides elaborar entre todos, os informes que necesita o irmán do voso amigo!

Seguro que sodes quen de facer un magnífico traballo!

Que vas aprender rematando o reto?

  • Aplicar o que sabes de economía á vida real.
  • Coñecer mellor os sectores económicos.
  • Pensar e analizar problemas para buscar solucións.
  • Ser creativo e ter ideas novas.
  • Traballar en equipo.
  • Comunicar e presentar ideas con claridade.
  • Organizar e planificar un proxecto.
  • Valorar o emprendemento.
  • Gañar confianza.

Empeza o diario de aprendizaxe

Imaxe do diario de aprendizaxe no proxecto cREAgal. Amosa un lapis e un caderno co logotipo do proxecto na tapa


Tes ganas de comezar o reto, pero debes ter paciencia para axudar de verdade o teu amigo. Se non sabes, non poderás ter éxito no teu labor. Lembra o que sabes sobre xeografía económica, respondendo as actividades propostas na fase 1 do diario de aprendizaxe.

É moi importante que o cubras porque para aprender... hai que reflexionar!

Accede ao modelo a través da páxina do diario de aprendizaxe e descárgao.

Lembra:

Pregunta ao teu profesor ou profesora se o encherás en papel ou no computador.
Se o completas no computador, non te esquezas de gardalo no teu equipo cando termines!
Ánimo, que o farás xenial!

Lectura facilitada

Tes ganas de comezar o reto.
Debes ter paciencia para axudar ben ao teu amigo.

É importante recordar o que sabes sobre xeografía económica.
Para iso, responde ás actividades da fase 1 do diario de aprendizaxe.

Completar o diario é moi importante.
Para aprender, tamén hai que pensar e reflexionar.

Entra na páxina do diario de aprendizaxe.
Descarga o modelo.

Pregunta ao teu profesor ou profesora se debes facelo en papel ou no computador.
Se o fas no computador, gárdao no teu equipo cando remates.
Ánimo!
Seguro que o farás moi ben.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)