Estado que garante o benestar e dereitos sociais dos cidadáns.
Exemplo:
O custo do Estado social é pagado mediante os impostos.
Monarquía parlamentaria
)
Definición:
Sistema político no que o Rei reina (exerce as súas funcións), pero non goberna, correspondendo ao Parlamento a representación do pobo, no que reside a soberanía nacional.
Exemplo:
España é unha monarquía parlamentaria na que o Rei representa pero non goberna.
Soberanía
Definición:
Poder supremo e independente que posúe un Estado.
Exemplo:
En España a soberanía reside no pobo español.
O Estado español
A morte do ditador Francisco Franco en 1975 marcou o inicio dun proceso político de transición cara a democracia. Nese camiño un punto clave foi a aprobación da Constitución de 1978, a lei fundamental do Estado que todas as demais deben respectar.
As características básicas do Estado segundo o texto constitucional son as seguintes.
Soberanía nacional: o poder reside no pobo, que o delega nos seus representantes e nas súas representantes elixidos e elixidas nas eleccións.
División de poderes: o poder do Estado está dividido entre tres (lexislativo, executivo e xudicial) para evitar a concentración nun só.
Monarquía parlamentaria: España é un reino e a xefatura do Estado corresponde á ou ao monarca. A Coroa está sometida ao control do Parlamento e do Goberno.
Estado social: o Estado garante o benestar a través dos servizos básicos e da seguridade social, e promove a igualdade.
Estado democrático: os cidadáns e as cidadás participan, mediante as eleccións, no goberno.
Estado de dereito: toda a cidadanía está sometida ás mesmas leis.
Dereitos e liberdades: garántese a súa protección.
Lectura facilitada
Tras a morte do ditador Francisco Franco en 1975,
empezou a transición cara á democracia. Un dos momentos máis importantes foi a aprobación da Constitución de 1978. Unha constitución é a lei fundamental dun Estado.
Todas as demais leis deben respectala.
Características básicas do Estado:
Soberanía nacional:
O poder reside no pobo. O pobo elixe representantes nas eleccións.
División de poderes:
O poder do Estado está dividido en tres poderes:
-Lexislativo (fai as leis)
-Executivo (aplica as leis)
-Xudicial (xulga segundo as leis)
A división de poderes evita que unha persoa teña todo o poder.
Monarquía parlamentaria:
España é un reino. O monarca é o xefe de Estado. Está controlado polo Parlamento e o Goberno.
Estado social:
O Estado garante o benestar da poboación. Ofrece servizos básicos e seguridade social. Promove a igualdade.
Estado democrático:
Os cidadáns e as cidadás participan no goberno mediante eleccións.
Estado de dereito:
Todos e todas, cidadáns e cidadás e gobernantes, están suxeitos e suxeitas ás mesmas leis.
Dereitos e liberdades:
Os dereitos están protexidos.
Audio
Apoio visual
Sabedes do que estades a falar?
2
Observa as letras, identifícaas e enche as palabras que faltan.