Xa se ve o final. E...aprendiches moito?
Ao longo destas sesións fixestes un percorrido por temas moi importantes para entender o mundo no que vivimos: a globalización, a interculturalidade, os movementos migratorios, o funcionamento dos estados e dos organismos internacionais, así como a organización do Estado español.
Aprendestes que vivimos nun planeta onde todo está conectado, onde as decisións dun país poden afectar a moitos outros, e onde a diversidade cultural é unha riqueza que debemos valorar e respectar. Tamén comprendestes que existen institucións que traballan para manter a paz, garantir os dereitos humanos e fomentar a cooperación entre pobos.
Co reto final, demostrastes que sodes capaces de analizar, pensar de maneira crítica e aplicar o que aprendestes. Agora sabedes un pouco mellor como funciona o mundo e, sobre todo, cal é o voso papel nel como cidadáns e cidadás comprometidos.
Seguide sendo curiosos, preguntando e aprendendo, porque entender o mundo é o primeiro paso para melloralo.
Seguidamente aparecen os esquemas-resumo dos contidos vistos anteriormente. Preme sobre cada un para velos a maior tamaño.
Lectura facilitada
Ao longo destas sesións, traballastes temas moi importantes.
Serviranvos para entender mellor o mundo.
Os temas foron:
- Globalización
- Interculturalidade
- Movementos migratorios
- Funcionamento dos estados e organismos internacionais
- Organización do Estado español
Aprendestes que vivimos nun planeta conectado,
que as decisións dun país poden afectar a moitos outros
e que a diversidade cultural é unha riqueza
que a debemos valorar e respectar.
Tamén comprendestes que existen institucións que permiten:
- Manter a paz
- Garantir os dereitos humanos
- Fomentar a cooperación entre pobos
Co reto final, demostrastes que podedes:
Analizar, pensar de maneira crítica e aplicar o aprendido.
Agora sabedes mellor como funciona o mundo.
Tamén cal é o voso papel como cidadáns e cidadás comprometidos.
Seguide sendo curiosos e curiosas,
seguide preguntando e aprendendo.
Xa que entender o mundo é o primeiro paso para melloralo.






