Saltar navegación

4.3. O que nos achegan Amadou e Nora

Todo o mundo achega algo aos demais

Os inmigrantes achegan moito á sociedade, tanto a nivel cultural como económico. Para que todos os vosos compañeiros e e todas as vosas compañeiras o teñan claro, e Amadou e Nora saiban que son importantes, explicádeo no voso pódcast ou póster. Debedes incluír:

  • Explicación do concepto de interculturalidade
  • Explicación dos beneficios que os inmigrantes achegan aos países de chegada
  • Poñer exemplos de interculturalidade na vosa vida diaria (breve alusión no caso do pódcast, colaxe fotográfico no caso do póster, con indicación do lugar de orixe). Podedes aludir a comidas, ritmos musicais, expresións cotiás, festas ou calquera outro aspecto que se vos ocorra, que proceden doutros continentes.

Podedes orientarvos con estes recursos

Aquí podedes atopar información xeral sobre a interculturalidade.

O propio Fondo Monetario Internacional informa dos efectos positivos da inmigración a nivel mundial.

Este informe para América Latina e o Caribe é aplicable a calquera rexión do mundo.

Os beneficios da inmigración son expostos con claridade pola asociación Abrazo Cultural.

Tamén podes atopar información sobre os efectos positivos da inmigración en España, e sobre o caso concreto da inmigración feminina.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)