Axudamos aos novos compañeiros e ás novas compañeiras
Agora ides elaborar (lembrade: en pódcast ou póster) información sinxela para que Amadou e Nora coñezan mellor Europa e España. Debe incluír:
- Que é a Unión Europea, que países a forman.
- O territorio español e a súa organización.
- O estado español en comparación con Sudán do Sur ou Afganistán (pódevos axudar a seguinte grella).
| España | Sudán do Sur e/ou Afganistán | |
|---|---|---|
| Xefatura do estado | ||
| Estado democrático ou ditatorial | ||
| Estado segundo a relación coa relixión | ||
| Estado de dereito: igualdade ante a lei | ||
| Estado de dereito: separación de poderes | ||
| Respecto polos dereitos humanos | ||
| Estado do benestar |