Uns pasos máis
Segue o percorrido. Chegar primeiro aquí non é importante; o importante é chegar.

Vivides nun mundo interconectado de tal xeito que, cando nun lugar sucede algo, ese feito pode ter reflexo ata no recuncho máis afastado do planeta. A este fenómeno chámaselle globalización.
Dentro deste mundo global, é moi importante coñecer os movementos migratorios e tamén o fenómeno da interculturalidade, pois manifestáronse como dous potentes transformadores da realidade social, cultural e demográfica dos países.
Tamén será transcendental coñecer que son os estados: como son, cales son as súas funcións e as súas institucións; e os organismos internacionais, principalmente a ONU, polo seu papel central na defensa dos dereitos humanos, na promoción da paz e na cooperación entre nacións, e a UE, da que España forma parte.
Por último, e para chegar ao final da senda, analizaredes o Estado español, as súas características e a súa organización institucional e territorial.
Xa sabedes: sen présa pero sen pausa.
Lectura facilitada
Segue o percorrido.
Chegar primeiro non é importante.
O importante é chegar.
Vivides nun mundo interconectado.
Cando algo pasa nun lugar, pode afectar a outros lugares do planeta.
A isto chámaselle globalización.
Dentro deste mundo global é importante coñecer:
- Os movementos migratorios
- O fenómeno da interculturalidade
Estes dous fenómenos son transformadores da realidade social,
da realidade cultural e a demográfica dos países.
Tamén é importante coñecer que son os Estados:
- Como son
- As súas funcións
- As súas institucións
E que coñezades os principais organismos internacionais,
como a ONU e a UE.
A ONU ten un papel central na:
- Defensa dos dereitos humanos
- Promoción da paz
- Cooperación entre nacións
Por último, analizaredes o Estado español:
- As súas características
- A súa organización institucional e territorial
Xa sabedes: sen présa pero sen pausa.