Organizacións internacionais
De forma voluntaria distintos países poden asociarse para crear organizacións internacionais coa finalidade de tratar diversas cuestións de interese común.
Existen organizacións internacionais de natureza ben diversa:
- De alcance mundial: como a Organización das Nacións Unidas (ONU).
- De ámbito rexional, con países dunha mesma área do mundo. Pode ser só para unha coordinación xeral, como a Organización de Estados Americanos (OEA), ou cunha integración moi fonda, como a Unión Europea (UE).
- De ámbito especializado: como a Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN), de carácter militar.
Lectura facilitada
Os países poden unirse de forma voluntaria.
Crean organizacións internacionais.
Queren tratar xuntos temas comúns
e dar solucións a problemas comúns.
Existen varios tipos de organizacións:
- De alcance mundial:
Están países de todo o mundo.
Exemplo: a Organización das Nacións Unidas (ONU).
- De ámbito rexional:
Están países dunha mesma zona do mundo.
Pode ser para unha coordinación xeral
Exemplo: Organización de Estados Americanos (OEA)
ou con moita integración
como por exemplo a Unión Europea, UE.
- De ámbito especializado:
Céntranse nun só tema.
- Exemplo: a OTAN.
A OTAN é unha organización militar.