Mestura de culturas, razas e persoas que orixinan unha combinación nova.
Exemplo:
Alguén mulato xorde da mestizaxe dunha persoa branca e dunha negra.
Xenofobia
Definición:
Medo ou rexeitamento das persoas que veñen de fóra.
Exemplo:
A xenofobia pode provocar temor ou odio aos inmigrantes.
Interculturalidade, diversidade e mestizaxe
Interculturalidade
Pódese definir interculturalidade como a maneira na que persoas con culturas diferentes conviven e se relacionan entre si, respectando e valorando as súas tradicións, costumes e ideas, e ao mesmo tempo aprendendo das dos demais sen ningún tipo de discriminación, mantendo o respecto ás normas democráticas. Constitúe un proceso de gran complexidade e dinamismo que impulsa a convivencia respectuosa entre diversas culturas. Supón ir máis alá dunha sociedade multicultural, na que as diferentes culturas conviven de maneira illada e sen interacción, para camiñar cara a unha sociedade intercultural caracterizada por relacións activas e recoñecemento mutuo.
A interculturalidade defende que a diversidade cultural é positiva para a sociedade. Grazas á mestizaxe cultural — é dicir, ao contacto entre diferentes culturas ao longo da historia — producíronse intercambios lingüísticos, artísticos e sociais que enriqueceron de maneira notable as sociedades actuais.
Diversidade e mestizaxe
É evidente que a convivencia entre culturas con crenzas, ideoloxías e normas diferentes non está totalmente libre de conflitos. Algúns exemplos claros son os enfrontamentos entre maiorías e minorías étnicas. En países como Brasil, por exemplo, as comunidades indíxenas manteñen formas propias de organizar as súas vidas, mentres que as políticas estatais intentan impoñer os seus modelos. Esta situación xera conflitos e, de maneira progresiva, desvaloriza a cultura minoritaria, neste caso a indíxena.
Tamén se producen choques de valores políticos e morais, así como discriminacións lingüísticas. Nalgúns países de América, por exemplo, as minorías indíxenas que empregan as súas linguas maternas en determinados contextos oficiais poden sufrir discriminacións. A interculturalidade intervén neste tipo de conflitos mediante o diálogo e a educación, favorecendo o entendemento e promovendo a tolerancia.
En España tense avanzado moito na integración de minorías étnicas como a xitana, e xorden diferentes retos derivados dos novos fluxos de inmigración, como en toda Europa.
Por desgraza, esta nova realidade xera nunha parte da sociedade un sentimento de rexeitamento e de medo aos cambios que acaba derivando en actitudes racistas e xenófobas.
Contribucións da interculturalidade
Enriquece a sociedade e a cultura: xera unha sociedade máis diversa grazas aos constantes intercambios de coñecementos, costumes e tradicións. Afianza a cohesión social: favorece a inclusión e o respecto mutuo entre persoas de diferentes culturas.
Incentiva a innovación e a aprendizaxe: o contacto entre persoas con distintos puntos de vista estimula a creatividade e facilita a busca de solucións desde diferentes enfoques.
Reduce os prexuízos e a discriminación: promove a tolerancia e a empatía, reducindo así actitudes xenófobas ou racistas.
Lectura facilitada
Interculturalidade
A interculturalidade fai referencia a como poden convivir
persoas con culturas diferentes.
Tamén se refire a como esas persoas se relacionan entre si.
Hai que respectar e valorar as súas tradicións, os seus costumes e as súas ideas.
Tamén se aprende das culturas dos demais, sen discriminación.
A interculturalidade é un proceso complexo e dinámico.
Impulsa a convivencia respectuosa entre diferentes culturas.
Vai máis alá dunha sociedade multicultural,
onde as culturas conviven sen interactuar.
busca unha sociedade intercultural,
con relacións activas e recoñecemento mutuo.
A interculturalidade considera que a diversidade cultural é positiva.
A mestizaxe cultural,
que é o contacto entre culturas ao longo da historia,
produciu intercambios lingüísticos, artísticos e sociais.
Estes intercambios enriqueceron a sociedade actual.
Diversidade e mestizaxe
A convivencia entre culturas diferentes non sempre é fácil.
Pódense xerar conflitos entre maiorías e minorías étnicas.
Tamén hai choques de valores políticos e morais,
e discriminacións lingüísticas.
A interculturalidade axuda a resolver estes conflitos mediante:
Diálogo
Educación
A interculturalidade favorece o entendemento
e promove a tolerancia.
En España, avanzouse na integración de minorías étnicas, como a minoría xitana.
Os novos fluxos de inmigración presentan retos similares aos de toda Europa.
Nalgúns casos, xorden sentimentos de rexeitamento,
medo aos cambios
e actitudes racistas ou xenófobas.
Contribucións da interculturalidade
Grazas a intercambios de coñecementos, costumes e tradicións
enriquécese a sociedade e a cultura,
xérase unha sociedade máis diversa,
e afianza a cohesión social
favorecendo a inclusión e o respecto mutuo.
Incentiva a innovación e a aprendizaxe: O contacto entre persoas distintas estimula a creatividade
e tamén facilita lograr solucións diferentes.
Reduce prexuízos e discriminación:
Promove a tolerancia e a empatía
axudando a reducir actitudes xenófobas ou racistas.
Audio
Apoio visual
Ler para escribir
Pódese definir interculturalidade como a maneira na que persoas con culturas diferentes conviven e se relacionan entre si, respectando e valorando as súas tradicións, costumes e ideas, e ao mesmo tempo aprendendo das dos demais sen ningún tipo de discriminación. Constitúe un proceso de gran complexidade e dinamismo que impulsa a convivencia respectuosa entre diversas culturas. Supón ir máis alá dunha sociedade multicultural, na que as diferentes culturas conviven de maneira illada e sen interacción, para camiñar cara a unha sociedade intercultural caracterizada por relacións activas e recoñecemento mutuo.
Responde ás seguintes cuestións:
Segundo o texto, que tres elementos clave definen o proceso de interculturalidade?
Cal é a principal diferenza que establece o texto entre unha sociedade multicultural e unha sociedade intercultural? (Fíxate na interacción).
Define coas túas propias palabras por que a interculturalidade é un proceso “dinámico”.
Audio
Se non é boi é vaca
Le o anunciado e logo escolle Verdadeiro ou Falso
Retroalimentación
Falso
O texto afirma o contrario: a mestizaxe cultural produciu intercambios lingüísticos, artísticos e sociais que enriqueceron de maneira notable as sociedades actuais.
Retroalimentación
Falso
O texto indica: É evidente que a convivencia entre culturas con crenzas, ideoloxías e normas diferentes non está totalmente libre de conflitos.
Retroalimentación
Verdadeiro
O texto di explicitamente: A interculturalidade intervén neste tipo de conflitos mediante o diálogo e a educación, favorecendo o entendemento e promovendo a tolerancia.
Retroalimentación
Falso
O texto indica que as políticas estatais en Brasil tentan impoñer modelos occidentais importados, o que xera conflitos e desvaloriza a cultura indíxena.
Retroalimentación
Falso
O texto afirma que o contacto entre persoas con distintos puntos de vista estimula a creatividade e facilita a busca de solucións, o que incentiva a innovación e a aprendizaxe.
Retroalimentación
Verdadeiro
O texto indica: ... esta nova realidade xera nunha parte da sociedade un sentimento de rexeitamento e medo aos cambios que acaba derivando en actitudes racistas e xenófobas.
Retroalimentación
Verdadeiro
Esta é unha das Contribucións da interculturalidade listadas: Afianza a cohesión social: favorece a inclusión e o respecto mutuo entre persoas de diferentes culturas.