Saltar navegación

1.1. Vai empezar o reto

O voso reto

Acabades de saber que ao voso centro vai chegar en 15 días un alumno procedente de Sudán do Sur, Amadou, como refuxiado, e poucos días despois, unha refuxiada afgá, Nora.

Cos coñecementos que ides adquirir deberedes elaborar un Plan de Acollida que debe incluír información para que:

- Amadou e Nora coñezan mellor España e a UE e poidan integrarse máis facilmente no centro e no país.

- Todo o alumnado do instituto coñeza a realidade que hai tras os refuxiados e como se relaciona con procesos como a globalización.

Lectura facilitada

Ao voso centro vai chegar un novo alumno.

O novo compañeiro vai chegar en 15 días,

Chámase Amadou e procede de Sudán.

Amadou é un refuxiado.

Poucos días despois de Amadou chega tamén Nora.

Nora tamén é refuxiada e é afgá. 

Cos coñecementos que ides adquirir

deberedes elaborar un Plan de Acollida.

O plan debe incluír información para que:

- Amadou e Nora coñezan mellor España e a UE

para que poidan integrarse máis facilmente no centro e no país.

- Todo o alumnado do instituto coñeza a realidade dos refuxiados

e como se relaciona con procesos como a globalización.

Que ides aprender rematando o reto?

  • Comprender os procesos de globalización e migracións internacionais.
  • Valorar o concepto de interculturalidade.
  • Reflexionar sobre as causas e as consecuencias das migracións globais.
  • Coñecer o papel da ONU e da UE no apoio a refuxiados e na defensa dos dereitos humanos.
  • Entender a organización política das sociedades e dos tipos de estado.
  • Comprender a organización territorial e política de España e da UE.
  • Desenvolver empatía e competencias comunicativas e cidadás.
  • Empregar fontes diversas e presentar a información en distintos formatos.

Lectura facilitada

  • Comprender os procesos de globalización e migracións internacionais.
  • Valorar o concepto de interculturalidade.
  • Reflexionar sobre as causas e consecuencias das migracións globais.
  • Coñecer o papel da ONU e da UE no apoio a refuxiados e na defensa dos dereitos humanos.
  • Entender a organización política das sociedades e dos tipos de estado.
  • Comprender a organización territorial e política de España e da UE.
  • Desenvolver empatía e competencias comunicativas e cidadás.
  • Empregar fontes diversas e presentar a información en distintos formatos.

Empeza o diario de aprendizaxe

Imaxe do diario de aprendizaxe no proxecto cREAgal. Amosa un lapis e un caderno co logotipo do proxecto na tapa


Antes de seguir, respondede as actividades propostas na fase 1 do diario de aprendizaxe.

É moi importante que o cubras porque con elas reflexionaredes sobre aspectos do mundo actual que vos afectan directamente, ademais de prepararvos para o reto.

Accede ao modelo a través da páxina do diario de aprendizaxe e descárgao.

Lembra:

Pregunta ao teu profesor ou profesora se o encherás en papel ou no computador.
Se o completas no computador, non te esquezas de gardalo no teu equipo cando termines!
Ánimo, que o farás xenial!

Feito con eXeLearning (Nova xanela)